formio
formio
(< lat científico Phormium)
-
s
m
[PLANTA]
Planta herbácea de rizoma carnoso, de follas basais ensiformes e cunha lonxitude de entre 10 e 20 cm, de flores carmesís ou amarelas, sostidas por un escapo máis longo ca as follas, e de froitos en cápsula. Natural de Nova Zelanda, cultívase para obter a fibra das súas follas e como planta ornamental. Tamén se coñece como liño de Nova Zelanda.
-
s
m
[TÉXT]
Fibra que se extrae en forma de fascículos, de 60 a 100 cm de lonxitude, das follas do formio mediante a batedura e a torsión a man ou a máquina. Emprégase para fabricar tecidos, papel e, sobre todo, cordas. Tamén se coñece como liño de Nova Zelanda.