Formosa
Formosa
Capital da provincia homónima, Arxentina. Está situada á beira do río Paraguay, na fronteira meridional do Paraguay (148.074 h [1991]). A súa industria baséase nos derivados da agricultura e é o único centro industrial da provincia. Foi fundada o 8 de abril de 1879 por Luis Jorge Fontana como nova capital da provincia de Chaco tralo establecemento da nova fronteira co Paraguay. Do seu patrimonio cultural destacan a casa de goberno (s XIX) e as reservas naturais que existen ao redor da vila.