"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Técnica que consiste na aplicación de electricidade á mecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á electromecánica.

    2. Aplícase aos aparellos ou dispositivos de manobra ou de regulación, constituídos por un conxunto de pezas mecánicas que funcionan por medio de elementos eléctricos.

    3. Persoa que se dedica profesionalmente á electromecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que lle deron os autores clásicos á illa situada en fronte de Bombai, na India. Conserva templos escavados na rocha, construídos no s VIII e dedicados a deuses hindúes. Destaca a gran cova coa escultura con tres cabezas que representan a Shiva, Brahma e Visnu. A UNESCO declarounos Patrimonio da Humanidade en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero, da familia dos elefántidos, de ata 4 m de altura, que constitúe o maior animal terrestre do Cuaternario. Ten cabeza grande, pescozo curto, orellas grandes, ollos proporcionalmente pequenos e extremidades grosas. As súas patas musculosas rematan nunha almofadiña de tecido adiposo que engloba as dedas, e que presenta certa mobilidade e permite a adaptación do pé ao substrato. A velocidade de desprazamento normal é de entre 6 e 7 km/h, pero en situacións de fuxida ou ataque pode acadar os 40 km/h. Os elefantes son incapaces de galopar ou de saltar, pero nadan perfectamente. A característica máis salientable é o apéndice nasolabial alongado, denominado trompa, que cumpre, ademais das funcións respiratorias e sensitivas de olores e sabores normais, funcións de absorción e de prensión. Con ela os elefantes recollen con precisión follas e outros alimentos que levan ata a boca, pero tamén poden golpear e defenderse con ela, xa que é un órgano de gran forza. Tamén poden...

    2. elefante antigo [Elephas antiquus, Fam dos elefántidos]

      Elefante de ata 3,7 m de altura, de patas longas e cabeiros moi longos e rectos. Especie propia das selvas subtropicais presentes en Europa e zonas do hemisferio norte durante o Pleistoceno, que ampliaba a súa distribución nos períodos interglaciares.

    3. elefante asiático [Elephas maximus, Fam dos elefántidos]

      Elefante de ata 3 m de altura na cruz e 5.000 kg de peso, coa fronte abombada, lombo arqueado, orellas pequenas en comparación coa cabeza e cabeiros só no macho. Tamén se caracterizan por presentar no extremo da trompa unha soa dixitación, fronte ás dúas que presentan as especies africanas actuais. Distribúese pola India e o sueste asiático.

    4. elefante de bosque [Loxodonta cyclotis, Fam dos elefántidos]

      Elefante de ata 2,5 m de altura, con 5 uñas nas patas dianteiras e 4 nas patas traseiras, mandíbula longa e estreita e orellas redondeadas. Os cabeiros, presentes nos dous sexos, son máis rectos e longos ca os do elefante de sabana e o marfil ten unha lixeira coloración rosa. A especie foi descrita a finais do s XIX polo zoólogo alemán Paul Matschie, pero a súa validez non foi confirmada ata a aplicación de análises xenéticas a principios do s XXI. Constitúe unha especie forestal da que subsisten uns 150.000 exemplares.

    5. elefante de estepa [Mammuthus trogontherii, Fam dos elefántidos]

      Elefante, de ata 4,5 m de altura, co pelo longo e orellas e cola máis pequenas ca o elefante euroasiático. Viviu na estepa dende Siberia ata Europa hai entre 1 millón e 750.000 anos, e cedeu o seu niño ecolóxico ao elefante laúdo. Alimentábase principalmente de herbáceas.

    6. elefante de pampa [Cuvieronius hyodon, Fam dos gonfotéridos]

      Elefante de ata 2,7 m de altura, con cabeiros en forma de espiral e orellas pequenas. Propio da Pampa arxentina e dos cumios dos Andes, apareceron no Plioceno e viviron ata o s V, cando se extinguiron, probablemente, por mor da caza indiscriminada por parte do home.

    7. elefante de sabana [Loxodonta africana, Fam dos elefántidos]

      Elefante de ata 4 m de altura que pode chegar a alcanzar os 7.000 kg de peso, con 4 uñas nas patas dianteiras e 3 nas patas traseiras, mandíbula pequena e ancha e orellas apuntadas de ata 1,5 m de lonxitude. Vive en extensas áreas orientais, centrais e meridionais de África, onde sofre a presión da caza para conseguir o seu marfil, ao mesmo tempo que a perda do seu hábitat natural. Algunhas poboacións están restrinxidas a parques e reservas onde, ás veces, as altas concentracións poñen en perigo a estrutura e dinámica vexetal e, polo tanto, a supervivencia dos propios elefantes. Subsisten uns 350.000 exemplares.

    8. elefante euroasiático [Mammuthus meridionalis, Fam dos elefántidos]

      Elefante de ata 4 m de lonxitude, de cabeiros longos, curvos e revirados, coa pel sen pelos, patas traseiras máis curtas ca as dianteiras e lombo en costa. Especie propia das fragas e bosques mixtos, alimentábase principalmente das follas e cortiza de carballos, bidueiros e freixos. Apareceu en Europa hai 3 millóns de anos e estendeuse por todo o continente ata Siberia, e pasou hai 1,7 millóns de anos a Norteamérica. O arrefriamento xeral que sufriu o planeta hai un millón de anos provocou o cambio do seu hábitat, a fraga, por extensas praderías onde foi substituído polo elefante de estepa. Desapareceu hai uns 750.000 anos.

    9. elefante insular [Mammuthus exilis, Fam dos elefántidos]

      Elefante de ata 1,6 m de lonxitude e 1.000 kg de peso, que viviu hai uns 30.000 anos nas illas situadas a 8 km da costa de California, como a illa de Santa Rosa.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade que se caracteriza por un engrosamento, inicialmente edematoso e despois fibroso, da pel e dos tecidos subcutáneos, que presentan unha consistencia dura e espesa que recorda a pel do elefante, de onde lle vén o nome. Prodúcese por unha inflamación e obstrución dos vasos linfáticos que non poden drenar os líquidos das zonas afectadas, o que produce un encharcamento tisular e a dilatación dos vasos. Por orde de frecuencia afecta ás extremidades inferiores, ao escroto, aos brazos e ao peito. Pode ser conxénita ou adquirida por mor de lesións dos ganglios linfáticos a consecuencia de tumores ou infeccións; neste último caso é característica a infección por parasitos como as filarias, especialmente Wuchereria brancrofti, moi común nos trópicos preto da costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á elefantíase.

    2. Que ou quen padece elefantíase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos elefántidos.

    2. Mamífero da familia dos elefántidos.

    3. Familia, da orde dos proboscídeos, á que pertencen os elefantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa situada no curso do río Nilo, fronte a ‘Aswān, e que constitúe unha barreira natural ao S da primeira fervenza. Foi a capital de To-Jentit, primeiro nomo do Alto Exipto e nela sitúase a cidade de Abu. Habitada dende o primeiro período dinástico, acadou un grande esplendor durante a época faraónica. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dos templos de Jnum e Satis, que xunto con Anukis formaban a tríade que se veneraba na cidade, e o Nilómetro, escaleira con marcas nos muros para medir a altura do río e que describiu Estrabón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao elefante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de elegante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten graza e harmonía.

    2. Que presenta distinción ou bo gusto no vestir, nas maneiras ou no comportamento.

    3. Que mostra refinamento e bo gusto.

    4. Aplícase ao viño equilibrado e ben acabado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de minas. Exerceu como inspector xeral de minas e como vogal do Consejo de Minería. Escribiu El materialismo ante la ciencia (1875), obra na que critica o evolucionismo; El distrito minero de La Coruña y Lugo en la Exposición de Santiago (1909); e a composición poética “A una pastora”, recollida no Álbum de la Caridad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na de Madrid en 1896. En 1898 obtivo a cátedra de Materia Farmacéutica Vexetal na Universitat de Barcelona; trasladouse en 1900 á Universidade de Santiago de Compostela, onde ocupou a mesma cátedra e o decanato da facultade de Farmacia dende 1918 ata a súa xubilación en 1941. Inventou un microscopio panorámico que posteriormente fabricou a casa Reichert. Foi membro da Reial Acadèmia de Medicina de Barcelona, cofundador do Laboratorio Farmacéutico Militar e fundador da Revista de farmacia, que dirixiu ata 1936. Publicou traballos sobre microbioloxía e botánica aplicadas á farmacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1980. Foi dirixida por David Lynch e interpretada por Anthony Hopkins, John Hurt, Anne Bancroft e John Gielgud, entre outros. A película conta as desventuras dun home deforme na complicada sociedade vitoriana. Destaca pola súa fotografía en branco e negro, o traballo de maquillaxe e a banda sonora. Conseguiu oito nominacións aos Oscar, pero, finalmente, non obtivo ningún dos galardóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Iniciou os seus estudios de belas artes no Finch College e de investigación social no New York School of Social Research, ambos en Nova York. Posteriormente, estudiou fotografía no The International Center of Photography (ICP), tamén en Nova York. Publicou Nostalgia del futuro (1981), El Imperio nos visita nuevamente (1990) e Por los caminos del Chagres: Emberás, los hijos del Río (1998). Expuxo a súa obra no Center for Inter-American Relations de Nova York (1975), no Museo de Bellas Artes de México (1981), na Academie Kunste de Berlín (1982), no Centre Georges Pompidou de París (1982), no Museo Nacional de La Habana (1984), na V Fotobienal celebrada en Vigo (1992), na XXIV Bienal de São Paulo (1998) e na II Bienal Iberoamericana de Lima (1999). Obtivo o premio Crystal Apple no New York Film Festival en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Licenciouse en Dereito na Universidad de Madrid en 1936 e doutorouse en 1938. En 1941 obtivo a cátedra de Dereito Natural e Filosofía do Dereito na Universidad de Salamanca, que en 1945 permutou pola da Universidad de Sevilla, onde exerceu ata 1977, data na que ingresou na Universidad Complutense. Da súa produción científica sobresae Tratado de Filosofía del Derecho. No terreo do pensamento filosófico das diversas culturas, analizou as da Península Ibérica, as europeas, a sefardí, a árabe, as asiáticas orientais e as africanas. Mantivo un achegamento á cultura galega, no que destacan os estudios plasmados en La tradición gallega (1944), La saudade. Ensayos (1953), Ramón Otero Pedrayo en el tradicionalismo gallego (1958) e El Reino de Galicia hasta 1700 (1966). O seu concepto de galeguidade fundamentouse nos referentes culturais tradicionais galegos unidos á defensa da cristiandade e da unidade de España. Foi doutor honoris causa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director e produtor de cine. Realizou a súa formación nos estudios Gaumont, en París. Traballou nos EE UU, onde foi axudante de D. W. Griffith, e en México, onde realizou Epopeya, película que protagonizou Pancho Villa. En Catalunya realizou Fabricante de suicidios (1928) e en Madrid El misterio de la Puerta del Sol (1928), que foi a primeira película sonora española. Pouco antes da Guerra Civil española (1936-1939) rodou María de la O. Durante a guerra, a Generalitat encargoulle Bohemios, que trataba sobre a zarzuela de Vives. A finais de 1937, convertido en falanxista, o Sindicat Únic de l´Espectacle encargoulle a reorganización da actividade cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Discípulo de Juan Adán, formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Foi primeiro escultor de cámara dende 1836 e director xeral da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1840-1843, 1850-1853). As súas obras mostran o carácter clasicista. Traballou na restauración escultórica do palacio de Aranjuez. Da súa produción destaca o grupo El reto de don Rodrigo Téllez Girón al moro Albayaldos delante de sus padrinos e os retratos de Jovellanos e Argüelles. Realizou a figura da Constancia do Obelisco do 2 de Maio de Madrid (1840) e, no terreo da obra efémera, participou nos cenotafios das raíñas Isabel de Braganza (1919) e María Xosefa Amalia de Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Como comandante xeneral de Montevideo (1807) fixo fronte á invasión dos ingleses e aos primeiros conatos revolucionarios en Río de la Plata. Regresou a España, foi nomeado capitán xeneral de València e Murcia, e converteuse nun dos homes de confianza do Rei Fernando VII. Destituído durante o Trienio Liberal, condenárono a morte e executárono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Toledo (754?-800). Educouse na escola monástica e ingresou na vida monacal ao redor do 737. Destacou no estudo da filosofía grecolatina e, como arcebispo de Toledo, defendeu unha tese sobre Cristo vinculada ao adopcionismo, ao tempo que defendeu a Igrexa visigoda das intromisións francas. Contou co apoio de Félix, bispo de Urgell, pero os relixiosos asturianos aproveitaron para abandonar a influencia de Toledo e achegarse aos francos. Sufriu os ataques do Beato de Liébana e as súas ideas foron condenadas como heréticas polo Papa Adrián I nos concilios de Ratisbona (792) e Frankfurt (794).

    VER O DETALLE DO TERMO