"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor. De ideas republicanas, foi capitán de granadeiros en tempos de Napoleón III. Cultivou a poesía bucólica, erótica e política e deixou inacabada unha novela curta. Obtivo numerosos premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Noyon (641-659). Tamén coñecido como santo Eloi, traballou como ourive do Rei Clotario II. Na corte merovinxia chegou a ser ministro de Dagoberto I, amais de tesoureiro real. No 639, trala morte deste último rei, deixou a corte, ordenouse sacerdote e foi consagrado bispo de Noyon en maio de 641. É patrón dos ourives, douradores, ferreiros, arrieiros, etc, e a súa festividade celébrase o 1 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fonetista e matemático. Educouse en Eton e Cambridge, onde se licenciou en Matemáticas (1837). As súas investigacións centráronse sobre todo na fonética e na acústica. En 1873, con Isaac Pitman, iniciaron as investigacións para establecer en taquigrafía o alfabeto do inglés, e baseándose no alfabeto fonotípico de I. Pitman acadaron ese logro en 1847. Cómpre destacar as súas obras The Alphabet of Nature (1844-1845), The Essentials of Phonetics (1848), On the Sensations of Tone (tradución de Die Lehre von den Tonempfindungen, de H. Helmholtz, 1863), On Early English Pronunciation (5 vol, 1869-1889) e Pronunciation for singers (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista ucraíno. Estudiou en Odessa e en San Petersburgo con L. Auer. Debutou en Berlín en 1904 e tecnicamente caracterizouse pola súa expresividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santo Elixio de Noyon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 ingresou na carreira xudicial e desempeñou cargos en Galicia, Asturias, Girona, León e Madrid. Representou a España nos congresos de Dereito Penal Internacional de Bruxelas (1926) e Bucarest (1929). En 1931 foi nomeado fiscal xeral da República. Deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 en representación da provincia de Lugo, participou na discusión do proxecto da lei orgánica do Tribunal de Garantías Constitucionales. Durante a Guerra Civil mantivo a administración de xustiza ao seu cargo. Detido en Barcelona en 1939 trala ocupación da cidade polas tropas franquistas, foi xulgado nun consello de guerra e executado. Da súa obra científica destacan Memoria sobre la Fundación Aguirre: el origen y desarrollo de las fundaciones benéficas a través de la historia y del derecho, Proyecto de Ley orgánica de los Tribunales de justicia ordinaria, Bases para una novísima organización...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Licenciouse en Dereito pola Universidad de Madrid. Foi xefe do gabinete técnico do ministerio de Información e Turismo e, como membro do Partido Popular, foi deputado do Congreso por Castelló de la Plana desde a segunda á quinta lexislatura (1982-1996) e senador electo desde a sexta lexislatura (1996), encargado da presidencia da comisión de Asuntos Exteriores. Membro fundador e director da revista Familia española, escribiu, entre outras obras, Información y política (1964) e La vocación política (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politicólogo. Doutor en Ciencias Políticas e Económicas (1969) e catedrático de Historia do Pensamento Político (1982) na Universidad Complutense de Madrid, foi vicedecano da facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidad Complutense (1977-1982) e profesor invitado nas universidades de Turín, París X, Nanterre e Dijon, e na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París. Colaborador, entre outras publicacións, de Revista de Occidente, Revista de Estudios Políticos, Cuadernos Hispanoamericanos, Cuadernos de Ruedo Ibérico, Cahiers d’Histoire e Communisme, dirixiu a revista Estudios de Historia Social (1977-1992) e formou parte dos consellos científicos das revistas Passato e Presente, Idearium e Revista Internacional de Estudios Vascos. Entre os seus libros cómpre salientar La ideología liberal en la Ilustración española (1970), Ideologías del nacionalismo vasco, 1876-1937 (1978), La modernización...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como Fanny, foi discípula de Jean Aumer e, posteriormente, perfeccionou a súa arte en Italia. Actuou ata 1851 por toda Europa e nos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Coruña. De estilo románico, construíuse na segunda metade do s XII. Ten unha soa nave e unha ábsida, as dúas de planta rectangular. Cóbrese cunha bóveda de canón. A fachada consta dun arco de medio punto peraltado con tres arquivoltas tóricas, ventá rectangular e espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro antifranquista. Militante comunista, trala Guerra Civil estivo preso no campo de traballo mineiro de Casaio, nos contrafortes da serra do Eixe, de onde fuxiu. Incorporouse ás guerrillas que actuaban na zona e participou en diversas accións que se levaron a cabo na confluencia das provincias de Ourense, Lugo e León, ámbito de actuación da Iª Agrupación Guerrilleira. En 1945 foi elixido, en representación dos militantes comunistas guerrilleiros, comisario adxunto ao Estado Mayor de la Federación Nacional de Guerrillas. Foi partidario de superar as diferencias políticas existentes entre os guerrilleiros, principalmente entre comunistas, por unha banda, e socialistas, anarquistas e republicanos pola outra, e formar un bloque único. Participou no chamado Congreso de Reunificación, celebrado no val do río Bruña, preto de Casaio, en xullo de 1946, onde morreu a mans da Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de F. J. Fétis e de J. F. Lesueur, a partir de 1840 foi profesor de harmonía do conservatorio de París. Escribiu cantatas, oratorios e misas. En 1834 obtivo o Gran Premio de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo á familia Elzevier e ás súas impresións.

    2. Aplícase ao carácter de imprenta introducido polos Elzevier, que está incluído na familia estilística denominada romana antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de emanar.

    2. Cousa que emana de algo.

    3. Proceso polo que un ser produce outro ser inferior como froito da propia abundancia e sen perder nada da súa perfección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que emana dun lugar determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina panteísta que afirma que todo procede de Deus por emanación. Na psicoloxía metafísica clásica oponse ao creacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao emanantismo.

    2. Que ou quen é partidario do emanantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceder ou ter unha cousa a súa orixe noutra. OBS: Úsase coa preposición de.

    2. Desprenderse algo dun corpo, especialmente unha substancia volátil, un olor, unha radiación ou unha cousa inmaterial. OBS: Úsase coa preposición de.

    3. Desprender ou producir algo, especialmente unha substancia volátil, un olor, unha radiación ou unha cousa inmaterial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de emancipar ou emanciparse.

    2. Estado civil dunha persoa, intermedia entre a minoría e a maioría de idade, caracterizada pola extinción da patria potestade e que lle outorga ao menor de idade a capacidade de obrar semellante á que posúe o maior de idade. No dereito español, o menor de idade pode adquirir o estado civil de emancipación por matrimonio, maioría de idade, concesión dos que exercen a patria potestade (para o que se require ter cumpridos os dezaseis anos e o consentimento paterno) e decisión xudicial. A emancipación habilita o menor para rexer a súa persoa e os seus bens coma se fose maior de idade, con certas excepcións, como tomar diñeiro a préstamo, gravar ou allear bens inmobles, establecementos mercantís ou industriais ou obxectos dun extraordinario valor, sen consentimento do seu pai ou titor.

    3. Proceso histórico-político de toma de conciencia dunha colonia que tende a reclamar a a súa independencia. Este concepto utilizouse a miúdo para designar o proceso de independencia das colonias americanas que xurdiu no s XVIII polo dobre xogo das forzas locais e o influxo da ideoloxía ilustrada europea e norteamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico quincenal, voceiro da Federación Local de Trabajadores y Sociedades Agrícolas de Pontevedra e a súa bisbarra, de influencia socialista. Imprentouse na capital pontevedresa entre setembro de 1902 e, cando menos, febreiro do ano seguinte. Nas súas páxinas recolle o devir daquela pioneira experiencia de actuación unitaria do obreirismo da cidade pontevedresa e o agrarismo da bisbarra circundante.

    VER O DETALLE DO TERMO