emancipación

emancipación

(

  1. s f

    Acción de emancipar ou emanciparse.

  2. s f [DER]

    Estado civil dunha persoa, intermedia entre a minoría e a maioría de idade, caracterizada pola extinción da patria potestade e que lle outorga ao menor de idade a capacidade de obrar semellante á que posúe o maior de idade. No dereito español, o menor de idade pode adquirir o estado civil de emancipación por matrimonio, maioría de idade, concesión dos que exercen a patria potestade (para o que se require ter cumpridos os dezaseis anos e o consentimento paterno) e decisión xudicial. A emancipación habilita o menor para rexer a súa persoa e os seus bens coma se fose maior de idade, con certas excepcións, como tomar diñeiro a préstamo, gravar ou allear bens inmobles, establecementos mercantís ou industriais ou obxectos dun extraordinario valor, sen consentimento do seu pai ou titor.

  3. s f [HIST]

    Proceso histórico-político de toma de conciencia dunha colonia que tende a reclamar a a súa independencia. Este concepto utilizouse a miúdo para designar o proceso de independencia das colonias americanas que xurdiu no s XVIII polo dobre xogo das forzas locais e o influxo da ideoloxía ilustrada europea e norteamericana.

Palabras veciñas

emanantismo | emanantista | emanar | emancipación | Emancipación | Emancipación, La | Emancipación, La