Emancipación

Emancipación
[PUBLIC]

Periódico quincenal, voceiro da Federación Local de Trabajadores y Sociedades Agrícolas de Pontevedra e a súa bisbarra, de influencia socialista. Imprentouse na capital pontevedresa entre setembro de 1902 e, cando menos, febreiro do ano seguinte. Nas súas páxinas recolle o devir daquela pioneira experiencia de actuación unitaria do obreirismo da cidade pontevedresa e o agrarismo da bisbarra circundante.