"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • REXIÓNS

    Rexión de Italia setentrional que comprende as provincias de Boloña, Ferrara, Forlì-Cesana, Modena, Parma, Piacenza, Ravenna, Rimini e a rexión da Emilia (22.124 km2; 3.902.411 h [estim 2000]). É a fusión das antigas rexións da Emilia e a Romaña. A capital é Boloña. Sitúase ao S do río Po e limita ao N con Lombardia e Veneto, co Piemonte ao O, coa Toscana e as Marcas ao S e co Mar Adriático ao L. Morfoloxicamente, o territorio está constituído pola vertente oriental dos Apeninos toscanos; ao seu pé está a chaira aluvial do Po. O poboamento é disperso e acumúlase ao longo da antiga Via Aemilia. Máis da metade da poboación dedícase á agricultura e á gandería, base da súa economía. Os principais recursos minerais son o petróleo, o xofre, a turba e o cemento. Na industria destaca a produción de electricidade, a mecánica de precisión e o sector conserveiro. O turismo e a pesca son tamén importantes fontes económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Emilia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Emilia.

    3. Dialecto italiano setentrional, galoitaliano, que se fala na rexión de Emilia, Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Armenia s III -?) Bispo. Condenárono a morrer no circo, pero conseguiu saír indemne do encerro porque as feras non quixeron ferilo; finalmente, morreu decapitado. Na iconografía leva vestiduras episcopais, a palma do martirio e un león aos seus pés, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (252-254). Gobernador de Mesia, despois de vencer os godos, as súas lexións nomeárono emperador a cambio dunha indemnización (252). En febreiro de 254 derrotou a Treboniano Galo en Terni e o Senado recoñeceuno, pero os seus soldados asasinárono ao non cumprir o acordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do latín clásico Aemilianus ‘da familia de Emilio’. Trátase dunha forma culta que convive coa variante Millán, resultado patrimonial da anterior con aférese inicial. Levaron este sobrenome o emperador romano Marco Emilio Emiliano (Marcus Aemilius Aemilianus) e Publio Cornelio Escipión Emiliano Africano Numantino (Publius Cornelius Scipio Aemilianus Africanus Numantinus), fillo de Lucio Emilio Paulo (Lucius Aemilius Paullus). Entre os numerosos santos con este nome destaca santo Emiliano de Trevi que se celebra o 28 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi martirizado xunto con Casto baixo o goberno de Septimio Severo, segundo san Cipriano, foron queimados vivos. A súa festividade celébrase o 22 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Predicou contra o Islam; foi encarcerado e decapitado por orde de ‘Abd al-Ra ḥ mān II. A súa festividade celébrase o 15 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo francés. Estudiou no Conservatorio de París, no que posteriormente exerceu a docencia, e foi discípulo de E. Guiraud. Foi autor de obras dramáticas como Prométhée enchaîné (1918), Salamine (1928) e Amphitryon (1936), música sinfónica e sonatas. Así mesmo, escribiu Histoire de la langue musicale (Historia da linguaxe musical, 1911) e biografías de músicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Noël Matthieu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • An-tropónimo procedente da expresión hebrea Immanu’el ‘Deus está connosco’, coa que o profeta Isaías designa o Mesías nas Sagradas Escrituras. No paso ao latín e grego conservou a súa forma integral, pero na Península Ibérica sufriu a aférese da sílaba inicial (Manuel). A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que emociona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade culinaria galega que se elabora introducindo un recheo feito con cebola, pemento, aceite, azafrán ou pemento en po, en masa de pan ou de follado, que se cociña despois no forno. A masa pode ser de fariña milla, de centeo ou de trigo (ou combinacións das tres), e pode facerse con caldo en lugar de auga. Existen gran cantidade de variedades, como as de carne, zamburiñas, bonito, congro, xoubas, raia, polbo, bacallao, etc. A parte superior adoita adornarse con motivos feitos coa mesma masa. Na vila de Cedeira elaboran dúas variantes que presentan certas particularidades. Unha é a empanada aberta de raia, que ten forma oval, os bordos anchos e non ten cuberta superior. Elabórase principalmente con raia, aínda que admite outros ingredientes. Outra das variedades é o pastelón que presenta unha masa moi compacta que se elabora con fariña, aceite e viño branco. Tamén se fan empanadas en Asturias e na comarca do Bierzo, onde se lles bota pemento. Existe nas Illes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio da serra del Pozo, ao L das serras Subbéticas, cunha altitude de 2.107 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente ou molde en que se fan as empanadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empanada pequena de forma semicircular cun recheo que pode ser doce, de carne picada ou doutra vianda. Elabórase dobrando a masa sobre si mesma e fritíndoa en abundante aceite ben quente. Destacan entre as diversas variantes deste modelo as casadielles e bollinas asturianas, de masa de follado; os cocots valencianos, cun recheo de peixe, pemento e piñóns; e os pirogui rusos, de carne picada, cebola, outras hortalizas e queixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrir de pan relado ou fariña un alimento para fritilo. O máis habitual é pasar o alimento por fariña, logo ovo batido e por último pan relado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Envolver algo con panos.

    2. Unir os panos da rede co liñó.

    3. Cubrir de bafo.

    4. Encherse algo con bafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de táboas con que se cobre o fondo dunha embarcación menor.

    2. Última división da popa dun barco pequeno, onde se garda a rede despois do último lance.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Envolver con panos.

    2. Preparar un morto para o enterro.

    VER O DETALLE DO TERMO