Emiliano de Trevi, santo
Emiliano de Trevi, santo
(Armenia s III -?) Bispo. Condenárono a morrer no circo, pero conseguiu saír indemne do encerro porque as feras non quixeron ferilo; finalmente, morreu decapitado. Na iconografía leva vestiduras episcopais, a palma do martirio e un león aos seus pés, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.