"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado á beira do río Tinto (5.995 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, onde destacan os cultivos de cereais, oliveiras e vide, e a gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado preto de Astorga e regado polo río Tuerto (2.234 h [2001]). A economía baséase na agricultura, a gandaría e a industria téxtil. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de San Luis Potosí, México, situada no fértil val de San Luis, en pleno altiplano meridional (670.532 h [2000]). É un importante centro mineiro e agropecuario. Do seu patrimonio cultural destacan o convento de San Francisco (s XVII), a catedral (s XVIII) e a capela do convento de Nuestra Señora de Aránzazu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do N de México (63.068 km2; 2.299.360 h [2000]). A súa capital é San Luis Potosí. Ocupa os altiplanos setentrional e meridional, lixeiramente inclinados cara ao L, onde se atopa a Sierra Madre Oriental. Os ríos son escasos e de pouca importancia, o máis caudaloso é o Pánuco. O clima é árido. Ten minas moi importantes de ouro, prata, cobre, chumbo e mercurio. Habitado por tribos chichimecas e huaxtecas, o territorio foi ocupado polos casteláns en 1519-1520. A colonización foi rápida, especialmente desde que en 1590 se descubriron unhas grandes minas de ouro e prata, que se esgotaron cara a mediados do s XVII, aínda que máis tarde foron descubertas novas vetas. En 1810 uniuse aos independentistas e en 1824 creouse o estado de San Luis Potosí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Samos baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Dedicado especialmente á novela por entregas, das súas obras   teatrais destacan La Paloma e Tres cofrades de San Marcos, o poemario Lamentos del corazón (1861) e novelas como La corte del rey bandido (1873), Vírgenes y mártires (1876), La Reina impura y el paje maldito (1877), El suicidio de Perico (1883) e Las traviatas de Madrid (1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cabanas baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Liberal, foi ministro de Estado (1822) e, ao producirse a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, foi xefe de estado maior de F. Espoz y Mina. Foi ministro da Mariña e da Guerra (1837). Despois de La Vicalvarada foi xefe da Xunta de Salvación (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Panamá, situada ao NL da área urbana de Panamá (291.769 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Pisa, Toscana, Italia, situada nun outeiro que domina a chaira de Arno (25.018 h [1991]). Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de San Domenico (1330) e a catedral (s XII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado ao O da illa (7.668 h [2001]). Ten importancia a agricultura, especialmente a produción de plátanos. Tamén destaca a pesca, a industria alimentaria e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Padrenda baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Padrenda. A súa orixe atópase na ermida dun hospital da Baixa Idade Media. Ten planta de nave única, capela maior e sancristía cubertas con distintos tipos de bóveda en diferentes etapas construtivas: a capela maior ten bóveda de aresta (1674) e a nave ten bóveda de canón (1690), e nun tramo bóveda de oxivas (s XVIII). A fachada e a torre lateral construíronse a finais do s XVIII e a sancristía, cuberta con bóveda de aresta, en 1886.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena enseada da costa atlántica, situada entre as puntas de Penaboa e O Burro, na parroquia de Visma (A Coruña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cedeira baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Guntín. baixo a advocación de San romao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cambados. Antigo faro romano reparado polo bispo Sisnando II no s X como defensa marítima. Destruída durante as Guerras Irmandiñas, reconstruíuse no s XIV e abandonouse no s XVIII. Os restos conservados mostran tres corpos de cantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio político entre os dirixentes da oposición antimonárquica española, formalizado en Donostia o 17 de agosto de 1930 co obxectivo de coordinar a acción común para o derrocamento do réxime e a instauración da república. Participaron representantes de Acció Republicana de Catalunya,   Acció Catalana, Estat Català,   Alianza Republicana, Partido Radical Socialista, Acción Republicana, Organización Republicana Galega Autónoma, Derecha Liberal Republicana e dos socialistas. A asemblea acordou a creación dun comité revolucionario e a busca de colaboración do PSOE e a CNT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mabegondo (Abegondo). Construída no s XVII por Diego de Quiroga Reimóndez, está composta por un corpo principal flanqueado por dúas torres cadradas. Está realizada en cachotaría de granito, con cantaría nas esquinas. Na fachada principal atópase, sobre o balcón central, o escudo dos Quiroga e dos Reimóndez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Farnadeiros (Muíños). O seu cumio acada os 1.071 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO