San Sebastián, Pacto de

San Sebastián, Pacto de

Convenio político entre os dirixentes da oposición antimonárquica española, formalizado en Donostia o 17 de agosto de 1930 co obxectivo de coordinar a acción común para o derrocamento do réxime e a instauración da república. Participaron representantes de Acció Republicana de Catalunya,   Acció Catalana, Estat Català,   Alianza Republicana, Partido Radical Socialista, Acción Republicana, Organización Republicana Galega Autónoma, Derecha Liberal Republicana e dos socialistas. A asemblea acordou a creación dun comité revolucionario e a busca de colaboración do PSOE e a CNT.