San Sebastián, romaría de

San Sebastián, romaría de

Romaría que se celebra o 20 de xaneiro en Castro Caldelas. A súa orixe atópase nos romeiros que acudían para pedir a intercesión do santo ante a peste. A festa iníciase a noite anterior coa celebración dunha procesión de fachóns cos que se fai unha fogueira ao redor da que se baila e salta. Ao día seguinte celébrase a misa e novos bailes pero sen fachóns.