"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Deter un curso de auga nun lugar para converter un terreo en pantano.
-
Impedir o avance ou progreso dunha negociación, debate ou de calquera asunto.
-
Quedar atoado nun lugar lamacento ou pantanoso.
-
Quedar inactivo por incapacidade para seguir avanzando no desenvolvemento dunha acción ou situación.
-
-
PERSOEIRO
Mariño e administrador. Enviado a América, foi gobernador e comandante xeral de Cumaná (1792-1804) e Xosé I Bonaparte nomeouno capitán xeneral de Venezuela (1809). A Junta Central Suprema confirmouno no cargo e trala proclamación de independencia venezolana (1810), expulsárono do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
empinado.
-
-
Relativo ou pertencente ao Empordá ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de l’Empordá.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa constituída en 1973, con capital maioritario do antigo Instituto Nacional de Industria (INI). Fusionouse con Ercros en 1989, polo que se creou a filial Fesa-Enfersa, que en 1992 declarou suspensión de pagos por problemas de liquidez. En marzo de 1995 Villar Mir, a través de empresa inmobiliaria Espacio, comprou Fesa, co que naceu a continuación Fertiberia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘enganar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terceiro estado (ou idade) do Devónico inferior, logo do Coblenziano, hai 390,4 millóns de anos, caracterizado por comunidades de bivalvos como Pholadella, Pleurodopis e Nuculites e trilobite como Sanguinolites.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Emsiano.
-
REXIÓNS
Rexión pantanosa da Baixa Saxonia, Alemaña, situada entre o curso baixo do río Ems e a fronteira cos Países Baixos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que permite obter unha emulsión estable. As substancias emulsionantes teñen un dobre efecto, por unha banda, rebaixan a tensión interficial entre os líquidos, feito que diminúe considerablemente o traballo necesario para poder formar a emulsión; pola outra, estabilizan a emulsión, é dicir, evitan a coalescencia entre as pingas da fase dispersa ao deixar entre elas unha película da fase dispersante que impide o contacto. Empréganse como aditivos alimentarios co fin de homoxeneizar e estabilizar produtos polifásicos (a base de auga e graxa ou outras substancias) e de contribuír a alcanzar e manter o aspecto, a textura ou a consistencia axeitados. A función destes aditivos nos alimentos, igual que a súa tecnoloxía, é moi diversa e polivalente, e non soamente emulsionante, senón tamén dispersante, solubilizante, humectante, estabilizadora, antiescumosa, endurecedora, incorporadora e fixadora de aromas, de deterxentes, de lubricantes e doutras substancias. Como aditivos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Erupción na superficie interna ou mucosa dunha cavidade natural como pode ser a boca ou o estómago.
-
-
Relativo ou pertencente ao enantema.
-
Que padece enantema.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefixo de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘contrario’, ‘oposto’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de enantiómero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a cada un dos dous estereoisómeros ópticos que son mutuamente imaxe especular un do outro. As propiedades físicas e químicas dos dous compostos son iguais, coa excepción da súa interacción coa luz polarizada e do seu comportamento fronte a outras moléculas opticamente activas. Tamén se coñece como antípoda óptico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de enantiomorfo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a unha substancia que se presenta en dúas formas cristalinas, de xeito que cada unha delas é mutuamente a imaxe da outra nun espello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de enantiótropo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a cada unha das dúas formas cristalinas dunha mesma substancia que é estable nun intervalo de temperatura definido e distinto do da outra; o cambio dunha forma á outra dáse a unha temperatura concreta. Esta temperatura é a única na que as dúas formas cristalinas poden coexistir en equilibrio a unha presión determinada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar de paso situado entre dous montes.