"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Construída en estilo románico foi reconstruída no s XIII e reformada no XVIII. Ten nave e presbiterio de planta rectangular, a este uníuselle unha sancristía de planta cadrada. No interior destaca a pía de auga bendita, erixida sobre un piar, de forma rectangular e que presenta na parte inferior unhas molduras lisas, agás na cara frontal, en que se esculpiron unhas bólas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Xusto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Lérez en San Xusto de Sacos (Cotobade). Foi construída en cantaría no s XVIII, e ten un arco de medio punto lixeiramente alombado e apoiado en rochas. Atópase no antigo camiño de Cutián a Lixó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento situado en lugares adecuados que posúe unhas condicións climáticas determinadas, onde os enfermos son sometidos a un réxime de curación especial ou de convalecencia. Utilizábase sobre todo para designar os centros antituberculosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Coñecido pola elegancia dos tipos e pola calidade do papel e das tintas que empregaba, das súas obras como editor destacan Parnaso español. Colección de poesías escogidas de los más célebres poetas castellanos (1768-1771); e como impresor Las Eróticas (1774) de Manuel de Villegas; o Quijote (1777), en catro tomos, prologado por G. Maians, con láminas de Camarón e gravados de Monfort; a Conquista de México (1783-1784), de Solís; e as obras completas (1790-1794) de Francisco de Quevedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Xefe de gabinete do Concello de de Santiago de Compostela (1983-1987) e concelleiro do PSOE desde 1987, foi membro da Deputación Provincial (1991-1999). En 1998 asumiu o cargo de alcalde de Santiago de Compostela, tras a renuncia de Xerado Estévez. Foi elixido alcalde da cidade en 1999 e reelixido en 2003. No seu mandato conseguiu que Santiago de Compostela acadase o estatuto de capitalidade e xestionou a Capitalidade Cultural Europea de 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Barítono, pai da cantante Marta Sánchez López. Coñecido como Antonio Campó, iniciou os seus estudos musicais en 1942 e formouse con Ángeles Otein. En 1945 debutou como baixo en Bilbao nas óperas La Bohème, Ben-Hur e Rigoletto. Cantou ópera con destacados intérpretes, como Bemianino Gigli, Alfredo Kraus e Victoria de los Ángeles, e asistiu á coroación da Raíña Isabel de Inglaterra. Considerado un dos máis destacados intérpretes da lírica española da segunda metade do s XX, deixou gravacións de cantigas galegas de Baldomir, Montes, Canuto Berea e Chané.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, onde foi catedrático. Colaborador do Centro de Estudios Históricos, foi subdirector (1922) e director (1960-1968) do Museo del Prado, director da Real Academia de la Historia (1956-1971) e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1966) e académico da Real Academia Española desde 1949. Dirixiu o Instituto Diego Velázquez do CSIC e foi inspector xeral de museos (1963) e vicepresidente do Consello de Educación. Patrón fundador do Museo de Pontevedra (1927), solicitou ao CSIC a creación do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (1943) que dirixiu ata a súa morte. Promoveu publicacións en galego e realizou estudos históricos, artísticos e de diversa temática. Colaborador en diversas publicacións, da súa produción destacan Fuentes literarias para la historia del arte español (1923-1941), La loza de Sargadelos: apuntes histórico-artísticos (1945), El Museo de Pontevedra (1950),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Presidente da Sociedad Cubana de Derecho Internacional, foi senador (1902-1910) e xuíz do Tribunal Permanente de Xustiza Internacional da Haia (1922-1945). En 1928 presidiu a VI Conferencia Panamericana, na cal foi aprobado o código de dereito internacional privado, coñecido como Código Bustamante. Escribiu Tratado de derecho internacional privado (1896) e Derecho internacional público (5 volumes, 1933-1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado do Partido Conservador desde 1884 e senador vitalicio (1889), foi alcalde de Madrid (1896 e 1907) e ocupou varios ministerios (1900-1904) e a presidencia do Consello de Estado (1904) e a do Senado (1913 e 1920). Xefe do goberno (1919), intentou unha política social conciliadora, pero fracasou e dimitiu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e cantautor, irmán de Rafael Sánchez Ferlosio. Coñecido como Chicho Sánchez Ferlosio, destacou polas súas cancións antifranquistas, como “Gallo rojo, gallo negro”. Colaborou con coñecidos intérpretes, como Luis E. Aute ou Javier Krahe, e protagonizou o documental Mientras el cuerpo aguante (1982), de F. Trueba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista. Coñecido como Tip, comezou a súa traxectoria artística no teatro, en 1944, e despois na radio, formando parella con Joaquín Portillo como Tip y Top e, tras a morte deste, en 1969, con José Luis Coll como Tip y Coll. Nesta segunda etapa acadaron un grande éxito no cine, na radio e, especialmente, na televisión, cun humor absurdo e dislocado con trazos semellantes aos de Groucho Marx.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e diplomado en audiovisuais, traballou en El Progreso, onde foi redactor xefe e director adxunto. Correspondente de El País en Lugo (1979-1985), cargo que compatibilizou co seu labor en Radio Lugo e Radio Voz, onde foi xefe de informativos (1998), co tempo incorporouse ao Grupo Voz. Director de La Voz de Galicia (1999-2000), director de Proxectos Editoriais (2000) e director de Opinión (2001), publicou en colaboración, La memoria ajena (1993) e Rumbo variable: diálogos en torno al ‘Prestige’ (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Licenciado en Dereito, desde 2002 é profesor colaborador do MBA da Universidade da Coruña. Militou no PSOE desde 1977, foi alcalde de Betanzos (1983-1985), secretario xeral do PSdG-PSOE (1985-1994) e membro do seu comité federal (1982-1994). Deputado no Parlamento galego (1981-1983, 1985-1997), foi conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas (1987-1990) e presidente do Instituto Galego de Vivenda e Solo (1988-1990). Desde 2004 é deputado no Parlamento europeo. Foi socio fundador da fundación Celso Emilio Ferreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e escritor. Foi catedrático de Retórica e Institucións Teolóxicas en Santiago de Compostela, fiscal e xuíz eclesiástico e cóengo da catedral. Foi un dos fundadores da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, que presidiu en 1789, e colaborou na fundación da biblioteca pública no Consulado da Coruña. Defendeu a importancia das artes mecánicas fronte ás liberais ou do pensamento para acadar o desenvolvemento económico, pero defendeu o réxime feudal tradicional e propugnou o mantemento de diferenzas educacionais entre os estamentos privilexiados e a clase popular. Dos seus escritos destaca Memoria sobre los ganados de Galicia (1802).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e contista colombiano. É autor de Cada vida en su ojo (1967), Las causas supremas (1969, Premio Nacional de Novela de Colombia), Las maniobras (1969), La orilla ausente (1972), recompilación de contos; Los desheredados (1973), Sin nada entre las manos (1976), Se acabó la casa (1978), Tejemaneje (1979) e Entre ruinas (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Formouse na Universidad de Alcalá, en Sigüenza e Valladolid. Foi bispo de Ourense (1578-1587) e arcebispo de Santiago de Compostela (1587-1602). Na sé compostelá fundou a residencia das Orfas, escolas de ensino primario, unha cátedra de teoloxía moral no colexio dos xesuítas e un colexio de teoloxía. Realizou diversas obras na cidade como a urbanización da praza do Paraíso (hoxe praza da Acibechería). Ao redor de 1600 reorganizou o Tribunal da Inquisición. Por mor da invasión de F. Drake, escondeu as reliquias da catedral compostelá nun lugar que non foi atopado ata 1879.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte máis interna e sagrada do tabernáculo e do templo de Xerusalén. De forma cúbica, correspondía á cela dos templos exipcios e babilónicos. Alí gardábase a arca da alianza e só podía entrar nela o gran sacerdote unha vez ao ano, o día da expiación. OBS: Tamén se denomina santuario ou santo dos santos.

    2. Capela privada dos papas no antigo palacio de Letrán, á cal se subía, desde a reforma de D. Fontana, pola chamada scala santa, identificada pola tradición como a escalinata do pretorio de Pilatos.

    3. Lugar secreto e reservado ao que só teñen acceso uns cantos iniciados ou privilexiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo convento franciscano situado en Melide. Consérvase a igrexa, construída no s XIV en estilo oxival e con reformas posteriores. Ten planta de cruz latina cunha soa nave cuberta con bóveda de canón e capelas laterais, e ábsida cadrada. O arco triunfal é apuntado. No exterior destaca a torre, formada por un corpo de campás e unha cúpula. A portada principal é arquitrabada, sobre ela sitúase unha fornela coa imaxe de san Francisco e sobre esta unha ventá, o conxunto remata nun frontón circular partido. No muro norte consévase unha portada de arquivoltas tóricas apoiadas sobre columnas acobadeladas e que carece de tímpano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias da Arnoia, no concello homónimo, e Sande (Cartelle). O seu cumio acada os 607 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO