"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Médico e ocultista. Coñecido co pseudónimo de Doctor Papus, doutourose en Medicina na Universidade de París (1894). Dirixiu o laboratorio de hipnoterapia do Hospital da Caridade na capital francesa. Realizou unha viaxe á India, onde estudiou os enigmas das forzas astrais e, logo de viaxar por diversos países, dedicouse ao cultivo das ciencias ocultas. Gracias aos seus coñecementos e á fama internacional que conseguiu viaxou en dúas ocasións a San Petersburgo (1900 e 1905) para atender os tsares, onde prognosticou que a revolución os derrocaría anos despois. Participou como médico na Primeira Guerra Mundial ata que caeu enfermo e morreu. Entre as máis de cincuenta obras que escribiu, cómpre salientar: Hypothéses (Hipóteses, 1884), l’Ocultisme contemporain (O ocultismo contemporáneo, 1887), Essai de physiologie synthetique (Ensaio de fisioloxía sintética, 1890) e Cabbale (Cábala, 1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan de Fermoselle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Quiroga. Orixinaria do s XVI, reconstruíuse no s XVIII. Da primitiva construción conserva a nave con cuberta de madeira a dúas vertentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que encirra ou provoca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Academia de Berlín (1860-1865). Realizou, entre outras obras, o sarcófago dos emperadores Guillerme I e Augusta en Charlottenburgo e a estatua da Raíña Luísa de Prusia no Tiegarten (Berlín, 1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático alemán. Estudiou nas universidades de Hamburgo e Gottingüer, onde foi discípulo de Gauss. En 1816 nomeárono astrónomo do Observatorio Seeberg de Gotha e máis tarde, en 1822, director. Foi director do observatorio e profesor da Universidade de Berlín. Realizou importantes estudios sobre os cometas e determinou en 1819 a órbita do cometa que leva o seu nome, descuberto por P. F. A. Mechain. Calculou con moita exactitude a distancia da Terra ao Sol, a partir dos pasos de Venus diante do Sol, e descubriu varias estrelas dobres. En 1837 observou unha descontinuidade no anel máis externo de Saturno, que recibe o nome de división de Encke.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen encomenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cerceda. Construída no s XII en estilo románico, reformouna en 1720 un mestre de Santiago de Compostela. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular que, orixinariamente, estaba cuberta por unha bóveda de canón apuntada. O arco triunfal é apuntado e apóiase en semicolumnas pegadas. Cóbrese a dúas augas. Da primitiva construción consérvanse as seteiras que se abren nos muros, os contrafortes prismáticos do exterior da ábsida e o rosetón da fachada principal. Nesta destaca tamén a espadana dun só corpo e dous vans, e a cruz que a coroa. A porta norte está formada por un arco semicircular co lintel decorado con catro bastóns e unha cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Microbiólogo norteamericano. Estudiou nas universidades de Yale e Harvard, na que se doutorou en Microbioloxía no 1930, e onde exerceu como profesor ata 1946. As súas investigacións centráronse fundamentalmente na busca de vacinas eficaces contra as enfermidades de orixe bacteriana ou vírica. En 1954 outorgóuselle, xuntamente con Frederick C. Robbins e Thomas H. Weller, cos que colaborou durante moitos anos, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía pola obtención do virus da poliomelite nun cultivo de tecidos humanos non nerviosos (epitelial e muscular), o que permitiu obter a vacina contra a mesma. A finais dos anos cincuenta produciu, xunto con outros investigadores, a primeira vacina contra o virus do sarampelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • endemoñado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico eslovaco. Director do xardín botánico de Viena, publicou Genera Plantarum (1836-1840), obra que, baseada no método natural, exerceu unha grande influencia nos botánicos de lingua alemana. Foi tamén un notable lingüista e interesouse, sobre todo, polas linguas do Extremo Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen endosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. Desenvolveu o seu labor xornalístico no Jornal do Comércio, na Gazeta do Porto e no Correio da Noite. Foi director de O País e fundou en 1887 O Dia. Como político, foi ministro de Mariña e do Ultramar e comisario real en Moçambique (1891-1896), onde realizou un labor de modernización na administración colonial. En 1896 ocupou o posto de ministro de Portugal en Brasil. Entre as súas obras destacan A Irmã de Caridade e Caminho errado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten unha conduta ou unhas ideas pouco convencionais ou controvertidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e economista. Seguidor de Saint-Simon, trala morte deste tratou de configurar o sansimonismo como doutrina relixiosa, cunha liturxia e unha xerarquía propias. En 1832 retirouse cos seus seguidores a Menilmontant (1832), onde dirixiu a redacción de Le livre nouveau. En 1833 trasladouse a Exipto onde fundou a Societé d’études du Canal de Suez, co obxectivo de abrir un canal polo istmo de Suez. Ao regresar a Francia dirixiu a construción do ferrocarril París-Lyon-Mediterráneo. Entre outras obras, foi autor de La Morale (A moral, 1832) e La vie éternelle (A vida eterna, 1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica francesa realizada en 1943. Foi dirixida por Marcel Carné e interpretada, entre outros, por Arletty, Jean Louis Barrault, Pierre Brasseur e María Casares. É unha das películas máis representativas   do chamado realismo poético francés, no que hai unha reflexión sobre a sociedade francesa durante a ocupación alemana. O filme xoga simultaneamente con recursos realistas, poéticos e propios da representación teatral. En 1979, a Académie des Arts et Thecniques du Cinéma concedeulle o galardón como a mellor película francesa de todos os tempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manchar algo.

    2. Mancharse con algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que engaiola.

    VER O DETALLE DO TERMO