Enfantin, Barthélemy Prosper

Enfantin, Barthélemy Prosper

Enxeñeiro e economista. Seguidor de Saint-Simon, trala morte deste tratou de configurar o sansimonismo como doutrina relixiosa, cunha liturxia e unha xerarquía propias. En 1832 retirouse cos seus seguidores a Menilmontant (1832), onde dirixiu a redacción de Le livre nouveau. En 1833 trasladouse a Exipto onde fundou a Societé d’études du Canal de Suez, co obxectivo de abrir un canal polo istmo de Suez. Ao regresar a Francia dirixiu a construción do ferrocarril París-Lyon-Mediterráneo. Entre outras obras, foi autor de La Morale (A moral, 1832) e La vie éternelle (A vida eterna, 1863).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso