"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coágulo sanguíneo, endurecido e pouco elástico, que se forma na pel logo dunha lesión e que impide a perda de sangue, á vez que dificulta a penetración de axentes patóxenos.
-
-
Especie de gorro rematado en punta, unido a unha peza de vestir, co que se cobre a cabeza.
-
Pequena capa de xuncos que cobre a cabeza e cae sobre os ombros ata a cabeza.
-
-
Calquera peza ou cousa que cobre a punta ou a parte superior dalgunha cousa.
-
Parte superior da meda.
-
-
Monllo de plumas que teñen algunhas aves e mamíferos na parte superior da cabeza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave da familia dos aláudidos que presenta unha pequena curupela eréctil, como a cotovía cristada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe feminina infantil protagonista do conto popular do mesmo título. Na versión Le petit chaperon rouge de Perrault, incluída en Contes de ma mère l’Oye (1697), a nena, chamada así pola súa vestimenta, leva nun cestiño agasallos para a avoa; polo camiño atopa o lobo, que a engana co fin de chegar antes á casa da avoa e, así, comelas ás dúas. Na versión dos irmáns Grimm a meniña e a avoa son rescatadas por un cazador.
-
-
carapucha.
-
Sombreiro que teñen os fungos con forma de paraugas aberto.
-
Saco que se coloca na cabeza para transportar mellor algunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos carápidos ao que pertence a rubioca.
-
PERSOEIRO
Diplomático. Foi embaixador de Filipe III en Venecia e mais en París (1609), onde gañou a confianza de Maria de Medici. Opúxose á política contraria aos Habsburgo de Enrique IV de Francia. Negociou os matrimonios de Filipe IV con Isabel de Borbón e de Luís XIII con Ana de Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sicilia (1266-1282) e de Nápoles (1266-1285), conde de Anjou e de Maine (1264-1285), e conde de Provenza e de Forcalquier polo seu matrimonio no 1246 coa condesa Beatriz. Fillo de Luís VIII de Francia e de Branca de Castela. En 1250 e 1261 as cidades de Marsella, Arles e Aviñón rebeláronse contra o seu dominio, e Carlos anulou as súas liberdades municipais. Iniciou a expansión cara a Italia co señorío sobre o condado de Ventimiglia (1258) e parte do Piemonte meridional (1259-1261). Proposto polos papas para opoñelo aos descendentes de Federico II en Sicilia, recibiu en 1265 en Roma a investidura do reino. Iniciou a campaña militar de conquista axudado polas finanzas papais e polos güelfos; neste sentido, foi decisiva a Batalla de Benevento (1266). Executou o neto de Federico II, Conradino, despois de derrotalo en Tagliacozzo (1268). Dominou entón a política italiana e obtivo (1269-1270) o señorío de Milán e outras cidades da Lombardía e da Romaña. Xénova e Guillerme VII, marqués...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (1285-1309) e Sicilia (1289-1302), conde de Provenza (1285-1309), conde de Anjou e de Maine (1285-1309) e príncipe de Acaia, tamén coñecido como Carlos de Salerno. Fillo e sucesor de Carlos I de Nápoles e de Beatriz de Provenza. Príncipe de Salerno, vicario do reino dende 1283 por ausencia de Carlos I, loitou contra as forzas de Pedro II de Aragón que o derrotaron en varias ocasións e o fixeron prisioneiro en Messina (1284). Cando sucedeu ao seu pai (1285), foi trasladado a Catalunya; recobrou a liberdade mediante o Pacto de Canfranc (1288), polo que renunciaba a Sicilia. Foi coroado rei en 1289 e retomou a loita ata a Tregua de Gaeta (1289), disputa que rematou co Tratado de Anagui (1295), polo que Xaime II de Aragón renunciaba a Sicilia e casaba con Branca, filla de Carlos II, que o acompañou a Catalunya. Sicilia, sen embargo, elixiu como rei a Federico II (1296), contra o que loitaron unidos Carlos II e Xaime II. Esta guerra chegou á súa fin coa Paz de Caltabellotta...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (1381-1386) e de Hungría (Carlos II, 1385-1386), fillo de Luís de Anjou Durazzo, conde de Gravina. Coñecido co nome de Carlos de Durazzo, as súas aspiracións ao trono de Nápoles, despois de casar con Margarida, irmá de Xoana I, frustráronse cando a raíña adoptou a Luís I, duque de Anjou. Coa protección de Luís de Hungría e do Papa Urbano VI, invadiu Nápoles e derrotou e encarcerou a Xoana I en 1381. Unha embaixada de Hungría ofreceulle a coroa en 1385, pero un ano despois foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos I.
-
PERSOEIRO
Rei titular de Hungría (1292 - 1295), fillo de Carlos II de Nápoles e de María, irmá de Ladislao IV de Hungría. Gobernou Nápoles durante as ausencias do seu pai, que o nomeou vicario de Nápoles entre o 1289 e o 1294, e novamente no 1295. Morto Ladislao IV, loitou contra Andrés III polo trono de Hungría e foi investido rei de Hungría en Aix-en-Provence (1292). A pesar da alianza con Serbia e Venecia o seu título non tivo efectividade ata 1308, cando foi elixido o seu fillo Carlos Roberto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos II de España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos VI.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Profesor en Viena, Praga, Chicago, Princeton e Los Angeles. As orixes do seu pensamento están nalgúns dos postulados expostos polo Círculo de Viena: a constitución lóxica do mundo, o rexeitamento da metafísica, a sintaxe lóxica da linguaxe, a semántica e o exame da indución, que teñen como tema central o coñecemento científico e os problemas dunha filosofía metodolóxica dominada pola idea de exactitude e de corrección lóxico-formal. Intentou crear unha linguaxe xeral das ciencias. As súas teses iniciais baseáronse na afirmación de que os enunciados científicos eran analíticos ou empíricos e que eran significativos se podían ser verificables. Posteriormente, afirmou que o significado dun enunciado podía ser gradualmente confirmable e non verificable. Estudiou a semántica lóxica e concibiu a filosofía como o estudo da natureza da linguaxe da ciencia, entendendo que tiña que ter unha linguaxe rigorosa. As súas principais obras son Der logische Aufbau der Welt (A estrutura...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-France 1875) Escultor, pintor e debuxante francés. Aprendeu no taller de François Rude e na École des Beaux Arts de París. A súa obra achegou un ton grácil a algúns elementos do naturalismo. Destacan os grupos Danse (Danza, 1868), creado para a decoración da Opéra de París, e Les quatre parties du monde (As catro partes do mundo, 1872).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coas pernas separadas ou moi abertas, unha para un lado e a outra para outro lado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
carracha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
carracha.
-
-
Persoa de pequena estatura.
-
Cousa que non acadou o seu desenvovemento completo, particularmente algunhas froitas.
-
Rocada pequena de la, liño ou estopa.
-