Carlos II de Nápoles o Coxo

Carlos II de Nápoles o Coxo

Rei de Nápoles (1285-1309) e Sicilia (1289-1302), conde de Provenza (1285-1309), conde de Anjou e de Maine (1285-1309) e príncipe de Acaia, tamén coñecido como Carlos de Salerno. Fillo e sucesor de Carlos I de Nápoles e de Beatriz de Provenza. Príncipe de Salerno, vicario do reino dende 1283 por ausencia de Carlos I, loitou contra as forzas de Pedro II de Aragón que o derrotaron en varias ocasións e o fixeron prisioneiro en Messina (1284). Cando sucedeu ao seu pai (1285), foi trasladado a Catalunya; recobrou a liberdade mediante o Pacto de Canfranc (1288), polo que renunciaba a Sicilia. Foi coroado rei en 1289 e retomou a loita ata a Tregua de Gaeta (1289), disputa que rematou co Tratado de Anagui (1295), polo que Xaime II de Aragón renunciaba a Sicilia e casaba con Branca, filla de Carlos II, que o acompañou a Catalunya. Sicilia, sen embargo, elixiu como rei a Federico II (1296), contra o que loitaron unidos Carlos II e Xaime II. Esta guerra chegou á súa fin coa Paz de Caltabellotta (1302), que recoñecía a Federico II como rei vitalicio de Sicilia e pactaba o seu matrimonio con Leonor, filla de Carlos II. Casado con María, irmá de Ladislau IV de Hungría, conseguiu que o seu neto Carlos Roberto fose recoñecido rei de Hungría.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Casanova, Nápoles