"Ada" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Conxunto de disposicións ditadas por Fernando II de Aragón desde o mosteiro de Guadalupe en 1486 para resolver o conflito entre os pagesos de remença e os seus señores. A sentenza acabou cos malos usos a cambio da concesión dunha compensación económica para os señores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Macizo montañoso (1.609 m) dos Montes de Toledo, na provincia de Cáceres, Extremadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coiro pintado ou gravado con debuxos estampados orixinario da cidade de Gadames. Exportouse a Europa a través de Córdoba. Empregouse para forrar caixas, arquetas, coxíns, poltronas e outros obxectos, para tapizar paredes e para encadernar libros. Acadou o máximo apoxeo nos ss XVI e XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado a 12 km ao SO da capital provincial e ao S do Tajo (1638 h [2001]). Ten agricultura (cereais, viñas, oliveiras), gandería (gando lanar) e industrias derivadas (produtos alimentarios, xénero de punto). Do seu patrimonio cultural destaca o castelo de Guadamur (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Comunidad Autónoma de Madrid e da provincia de Toledo, afluente do Tajo pola dereita (144 km). Nace na vertente meridional da serra homónima, preto de Cercedilla e ao pé do porto de Guadarrama. Desemboca no Tajo, preto de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama (10.546 h [2001]). Destaca a gandería (bovino e gando lanar), a apicultura e as industrias relacionadas coa construción. Do seu patrimonio cultural destacan a Plaza Mayor e os edificios das Paneras Reales (1785).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Macizo montañoso do Sistema Central, situado entre as serras de Gredos ao SO e a de Somosierra ao NL, e que atravesa a Comunidad Autónoma de Madrid e a provincia de Segovia. Culmina no pico de Peñalara a 2.469 m de altitude. Nela nacen os ríos Manzanares, Guadarrama e Eresma. Converteuse nun centro turístico e de deportes de inverno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València (5.414 h [2001]). Ten agricultura (laranxas e hortalizas), gandería bovina e industrias de preparación de froita. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Sant Vicent (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno fonético que consiste en pronunciar o fonema fricativo velar xordo /x/ como oclusivo velar sonoro /g/.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra histórica de Diego Hurtado de Mendoza, publicada en 1697, na que se relatan as campañas dos exércitos de Filipe II durante a Revolta das Alpujarras (1568-1570). Ten un importante valor histórico ao tratarse dunha obra cun grande espírito crítico que contrasta coa versión oficial dada noutras obras da época sobre o mesmo tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballo que se fai a cambio de comida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desvío da proa dun barco cara a un ou outro lado do rumbo que debe seguir por mor do vento ou dun movemento do mar.

    2. Caída da proa a un ou outro lado unha vez fondeado o barco.

    3. Feito de dirixir co temón a proa do barco cara a unha ou outra banda, con calquera obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferida producida por un guincho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado coa man en calquera parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás grandes profundidades oceánicas.

    2. Área das profundidades oceánicas que se corresponde coas fosas oceánicas ou trincheiras que sobrepasan os 6.000 m de profundidade e posúe características constantes todo o ano, augas extremadamente frías e escuras na súa totalidade. A biomasa é escasa e está constituída fundamentalmente por bacterias quimiosintéticas, peixes abisais, cefálopodos e crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Foi profesor da facultade de Ciencias de Bordeos, a Sorbona, o Collège de France e a École   Polytechnique de París. Traballou en case todos os campos das matemáticas, especialmente no de cálculo integral, onde creou as bases da teoría da análise funcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Toquio, na illa de Honshū, Xapón (166.512 h [1997]). Situada ao SO de Toquio, forma parte da súa aglomeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do Talmud de carácter popular formada por predicacións e explicacións. A súa temática é moi diversa e inclúe tradicións, lendas, ciencia popular, filosofía práctica e cuestións políticas. No s XIII converteuse no libro máis popular do xudaísmo, no que incluso se admitían ilustracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Creta que conserva os restos dun palacio destruído ao redor do 1400 a C e un mégaron da época micénica. Encontráronse restos de pinturas murais, sarcófagos e un conxunto de 150 táboas micénicas, en escritura lineal B.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano estrutural de superficie pedregosa, desenvolta a miúdo sobre unha capa de rochas calcarias de orixe continental. Forma de relevo característica do deserto, na que a erosión eólica, a deflación, arrastra a area da superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO