"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Militante anarcosindicalista. Participou na Revolución de Asturias (1934) e fuxiu a Francia. Instalouse na Coruña (1935) e colaborou na CNT local. En 1936 fuxiu ata Gijón co sindicato El Despertar Marítimo, enrolouse no Batallón 219 Galicia e militou na Agrupación Confederal Galaica. Despois da Guerra Civil Española traballou pola reorganización da CNT en Galicia. Na década de 1940 foi detido e encarcerado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Dereito pola Universidad de Navarra, iniciouse na radio en 1968 como xefe de programación de Radio Pontevedra. En 1978 foi nomeado director do Grupo de Emisoras de Pontevedra, asociadas á Cadena SER. Director de Localia Pontevedra, recibiu o Premio Ondas, a Antena de Oro e o Premio Galicia de Xornalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Profesor titular de Xeografía Humana na Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa actividade investigadora nos estudios demográficos e, posteriormente, na xeografía do turismo. Da súa produción bibliográfica, que o converteu en referencia fundamental da demografía galega, destacan Dinamismo y estrutura de la población en la provincia de Pontevedra. 1900-1970 (1974) e Tres millóns de galegos (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela-León, situado á beira do río Pisuerga (2.505 h [2001]). O canal de Castela, que atravesa o municipio, facilita a agricultura de regadío (hortalizas, patacas, remolacha), pero tamén se manteñen cultivos de secaño (leguminosas e vides). A gandería dedícase maioritariamente á produción de la. A industria predominante é a alimentaria e a téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudiou a espectroscopia atómica e molecular. Recibiu o Premio Nobel de Química en 1971 polos seus traballos sobre a determinación da estrutura electrónica e a disposición espacial das moléculas, especialmente, dos radicais libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Estudiou nas universidades de Budapest, Berlín e Friburgo. Traballou nas universidades de Manchester, onde colaborou con Ernest Rutherford, Viena e Copenhaguen, onde colaborou con Niels Bohr, e logo traballou no Instituto Bohr de Física Teórica. En 1923 descubriu, xunto con D. Coster, o hafnio en minerais de circonio, onde as teorías de Bohr predecían a súa existencia. A partir de 1934, Hevesy comenzou a estudar a utilización dos isótopos radioactivos, especialmente o fósforo, como indicadores de fenómenos químicos e biolóxicos, polo que se lle outorgou o Premio Nobel de Química en 1943. Das súas obras destacan Element Hafnium (1925), A manual of radioactivity (1939), Indicadores radioactivos (1948), e Adventures in radioisotope research (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, drenado polo río Alcarrache, afluente do Guadiana (2.118 h [2001]). A súa economía baséase nas actividades agropecuarias, especialmente no cultivo da oliveira e na gandería ovina e porcina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e estadista alemán. Alistouse no exército prusiano e participou nas guerras Austro--prusiana (1866) e Franco-prusiana (1870-1871). Na Primeira Guerra Mundial dirixiu o VIII exército alemán na fronteira con Rusia e acadou a vitoria en Tannenberg (1914). Ascendeu a mariscal de campo e xefe do Estado Maior (1916) e a partir de 1917 espallou as tropas na fronte do N de Francia nun sistema de trincheiras denominado liña Hindenburg. Trala derrota e a proclamación da República de Weimar abandonou o exército (1919). Elixido presidente en 1925 defendeu a unidade de Alemaña e favoreceu os intereses da aristocracia terratenente prusiana. Venceu nas eleccións de 1932 pero o progreso do nacionalsocialismo levouno a nomear a A. Hitler chanceler o 30 de xaneiro de 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude física dos barións, igual á suma do número bariónico e a estrañeza: Y=B+S. É unha carga que se conserva, exclusivamente, nas interaccións fortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hiperenxebrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da concentración normal de glicosa no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • poliglobulia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de propergol para foguetes, de combustión espontánea ao poñerse en contacto os dous compoñentes, o oxidante e o redutor, o que fai innecesario o sistema auxiliar de acendido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Formado en Dinamarca, abriu a literatura danesa ás correntes ideolóxicas e estéticas europeas. Historiador e escritor satírico, tivo unha sólida produción dramática, influída pola commedia dell’arte, Molière e os clásicos. Destacan as súas Moralske Tanker (Reflexións morais) e Epistler (Epístolas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico que en 1502 pasou aos landgraves de Hessen-Homburg e que se incorporou a Prusia en 1866.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina inglesa. Coñecida como Dame Margot Fonteyn, en 1934 debutou por primeira vez e converteuse na principal bailarina do Sadler’s Wells e do Royal Ballet. Foi presidenta da Real Academy of Dancing desde 1954. Está considerada como unha das mellores bailarinas do s XX e en 1979 outorgáronlle o título de primeira bailarina absoluta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou en Francia co pintor Andre Lothe. En 1925 comezou a traballar como ilustrador da revista Vogue en París. En 1935 marchou a Nova York para colaborar en Vogue e Harper’s Bazaar e, logo, en Hollywood, participou en diversas producións cinematográficas. Publicou Hellas (1943) e Mexican Heritage (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 15 de febreiro de 1763 que xunto co de París puxo fin á Guerra dos Sete Anos, e polo que María Tareixa I de Austria cedeu definitivamente Silesia a Prusia a cambio do Condado de Glatz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ecuatoriano. Describiu nas súas novelas a explotación dos indios sudamericanos e os problemas agrarios que existían. É autor de Huasipungo (1934), En las calles (1935), Huairapamushcas (1948), El chulla Romero y Flores (1958) e a triloxía Atrapados (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bloque de xeo que flota no océano despois de desprenderse dos inlandsis como consecuencia da acción erosiva mecánica e térmica das mareas e as ondas mariñas. A proporción do iceberg que permanece mergullada fronte á que sobrepasa a superficie do mar oscila entre 4/5 e 7/8 do seu volume total.

    VER O DETALLE DO TERMO