Hindenburg, Paul von
Militar e estadista alemán. Alistouse no exército prusiano e participou nas guerras Austro--prusiana (1866) e Franco-prusiana (1870-1871). Na Primeira Guerra Mundial dirixiu o VIII exército alemán na fronteira con Rusia e acadou a vitoria en Tannenberg (1914). Ascendeu a mariscal de campo e xefe do Estado Maior (1916) e a partir de 1917 espallou as tropas na fronte do N de Francia nun sistema de trincheiras denominado liña Hindenburg. Trala derrota e a proclamación da República de Weimar abandonou o exército (1919). Elixido presidente en 1925 defendeu a unidade de Alemaña e favoreceu os intereses da aristocracia terratenente prusiana. Venceu nas eleccións de 1932 pero o progreso do nacionalsocialismo levouno a nomear a A. Hitler chanceler o 30 de xaneiro de 1933.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pozna&# -
Deceso
Lugar : Berlín