"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
-
Indicación feita nunha partitura para obter, por parte do cantante, un efecto semellante ao da recitación nunha determinada pasaxe.
-
Indicación con que se advirte que unha pasaxe determinada debe ser interpretada cunha gran liberdade rítmica e de fraseo, análoga ao recitativo vocal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
parolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
parlando.
-
PERSOEIRO
Médico e botánico italiano. Profesor de botánica en Florencia (1842-1877), foi o autor da primeira Flora Italiana (1848-1874). Colaborou con P. B. Webb e con A. P. de Candolle na publicación do Prodromus Systematis Naturalis Regni Vegetabili (1824-1873), do que redactou o capítulo que corresponde ás coníferas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar dos cárceres e conventos de clausura destinado para falar internos e visitantes, separados uns dos outros mediante reixas ou paneis.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor alemán. Nomeado arquitecto da catedral de Praga (1353), realizou a decoración escultórica do triforio (1374-1385) e construíu a ponte principal da cidade (Karluv Most) en 1357. En Kolín, fixo o coro da catedral. Iniciou a igrexa dedicada a santa Bárbara en Kutná Hora (1388).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome das dúas leis británicas que definen os poderes da Cámara dos Lores. A primeira (1911) trazou a estrutura do sistema parlamentario británico ao abolir o seu poder de veto absoluto perante as leis aprobadas pola Cámara dos Comúns. A segunda (1949) reduciu os prazos de que dispón para aprobalas.
-
PERSOEIRO
Político irlandés. Presidente da Home Rule (1877), e do Irish Land League (1879). Loitou sen éxito contra a lei represiva de 1800 para pór fin á axitación campesiña. O asasinato do secretario para Irlanda (1882) facilitou a aplicación de novas leis represivas, e Parnell foi deposto como xefe da Home Rule (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor inglés. Discípulo de G. Elvey, realizou o seu primeiro traballo orquestral en 1878. Dirixiu o Royal College of Music (1894-1918) e foi o autor de música sobre obras de J. Milton, de cinco sinfonías, oratorios e obras corais, das que destacan Prometheus Unbound (1880) e Magnificat (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Inventou e construíu a turbina de vapor que leva o seu nome (1884). En 1889 creou en Newcastle uns talleres para a fabricación de turbinas, coas que equipou o barco Turbinia, construído en 1897.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político constituído por unha das tendencias en que se dividiu o carlismo. Formouse en Montejurra (1965), pero non se legalizou ata xullo de 1977, e supuxo unha renovación ideolóxica, cun acento marcadamente socialista. Presidido por Carlos Hugo de Borbón-Parma, estruturouse nunha federación formada por partidos carlistas de diferentes nacionalidades e rexións de España. Participou nas instancias unitarias da oposición democrática e manifestouse durante a transición. Entrou en crise no ámbito estatal en 1980 e só mantivo algunha forza en Nafarroa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político xurdido a partir do Partido Carlista. Constituído na etapa final da ditadura franquista, defendía a doutrina política do socialismo autoxestionario. Formaron parte da Junta Democrática de España, pero finalmente integráronse na opción nacionalista do Consello de Forzas Políticas Galegas (1976).
-
PERSOEIRO
Poeta. Membro da Accademia dei Trasformati de Milán, escribiu Rime giocose, satiriche e morali (1776), Favole esopiane (1779) e a súa obra máis importante, o poema Cicerone (1774).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Presbítero e músico de probable orixe galega. Cantor na Capela Real de Lisboa, puido ser o introdutor dos vilancetes galegos en Portugal. Desde 1634 foi mestre da Capela Real de Madrid, entre 1640 e 1645 mestre da Capela Real de D. João IV, e a partir de 1660 foi director de orquestra do Real Monasterio de la Encarnación. Moi eloxiado na súa época, xa que tivo unha fecunda produción destinada á aprendizaxe dos seus discípulos, das súas obras destacan Tratado de Armonía e, como complemento a esta, Explicaciones sobre las reglas de Armonía. Ademais, escribiu un vilancete cantado na Capela Real de Lisboa en 1645. Postumamente, editáronse Las obras humanas de Carlos Patiño (1987), elaborado por Danièle Becker, e Obras musicales recopiladas (1987), cun estudo de Lothar Siemens.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Estudou no Oregon State College e no California Institute of Technology, no que se doutorou en 1925 e foi profesor. Introduciu a mecánica cuántica na química atómica e elaborou unha teoría do enlace químico que expuxo en The Nature of the Chemical Bond (1939), e pola que en 1954 recibiu o Premio Nobel de Química. Contrario á guerra atómica, organizou numerosas campañas contra os experimentos atómicos e publicou No More War! (1958), polo que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1962.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa rusa. De influencia romántica, foi recuperada polos simbolistas do s XX. Escribiu Razgovor v Trianone (Conversa no Trianon), sobre a Revolución Francesa de 1848; o poema Razgovor v Kremle (Conversa no Kremlim, 1854) e a novela Dvojnaja z ǐ zn (Unha dobre vida, 1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, crítico e ensaísta. Formado en Bos Aires e París, en 1929 cofundou o Grupo Renovación. Introdutor do dodecafonismo en Hispanoamérica, tras o estudo da obra de Schönberg, en 1937 organizou os Conciertos de la Nueva Música. Da súa produción destacan, ademais de libros e varias partituras para filmes, diversas obras para piano e orquestra, como Dedalus (1950), Continuidad (1953) e Núcleos (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Impulsor da Academy of Fine Arts de Pennsylvania, destacou na representación de personaxes da historia estadounidense, como G. Washington ou B. Franklin.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ataque súbito da aviación e da frota xaponesa o 7 de decembro de 1941 sobre a base naval estadounidense homónima, situada na illa de Oahu (Hawaii). Pretendía destruír as forzas navais estadounidense no Océano Pacífico, pero só se conseguiron algunhas perdas graves, pero non decisivas. Este ataque provocou a entrada de EE UU na Segunda Guerra Mundial.
-
PERSOEIRO
Matemático, estatístico e filósofo. Interesouse pola aplicación dos métodos matemáticos e estatísticos da bioloxía e, en 1902, fundou a revista Biometrika. Está considerado como un dos fundadores da estatística moderna e, como filósofo, un precursor do neopositivismo. Escribiu The Grammar of Science (1892).
VER O DETALLE DO TERMO