Parliament Acts
Parliament Acts
Nome das dúas leis británicas que definen os poderes da Cámara dos Lores. A primeira (1911) trazou a estrutura do sistema parlamentario británico ao abolir o seu poder de veto absoluto perante as leis aprobadas pola Cámara dos Comúns. A segunda (1949) reduciu os prazos de que dispón para aprobalas.