"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sanxenxo baixo a advocación de san Xenxo, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Padriñán (Sanxenxo). Ten planta rectangular con baixo e piso, ao que se engadiron dous anexos que conformaron un patio interior. A fachada principal, rematada na esquina cunha torre con ameas, ten dous escudos de armas e un balcón. A lateral esquerda ten dúas gárgolas e dous balcóns. Na horta hai un hórreo e un pombal de pedra.
-
-
-
Home que asiste a unha persoa que recibe algún sacramento ou que profesa unha orde.
-
Persoa que presenta o neno ás fontes bautismais e contrae a obrigación de educalo cristianamente a falta dos pais. Os avós adoitaban ser os padriños dos primoxénitos, e de aquí o nome de padriño ou madriña que lles é dado, fosen ou non os padriños de bautismo dos netos.
-
Conxunto formado pola madriña e o padriño.
-
-
Home que presenta e acompaña a alguén que recibe un honor ou un grao.
-
Home que asiste a outra persoa para asistila nos seus dereitos nun torneo, concurso ou nun acto similar.
-
Home que protexe a alguén nas súas pretensións e que facilita a obtención dos seus propósitos.
-
-
PERSOEIRO
Trobador galego descendente dunha liñaxe da pequena nobreza galega que se asentou na provincia de Pontevedra. Organizou a frota para reconquistar Sevilla en 1248, e as crónicas atribúenlle a destrución da ponte do Guadalquivir que servía como nexo para o abastecemento dos musulmáns. En 1292 foi nomeado Adiantado Maior de Galicia, e, entre 1284 e 1286, foi nomeado almirante do mar e meiriño maior (meirinho-mor) de Galicia desde 1290. A partir de 1284 converteuse nunha figura de importancia para o Rei Sancho IV, a quen acompañou a Santiago de Compostela, e desde aquela ata a súa morte permaneceu en Galicia, onde exerceu diversos cargos. Participou na axitada vida política dos reinos de León e Castela ata que foi asasinado en 1295 por Rui Perez Tenoiro -os seus restos están enterrados no convento franciscano de Pontevedra-. Casou con Maria Giraldez Maldonado e conseguiu o señorío de Rianxo. Pola súa colocación nos cancioneiros e pola súa resposta á cantiga “madeira” de Afonso Lopez...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Roma, Lacio, Italia (15.555 h [1991]). A Praeneste romana constituía o único paso a Roma polo val do río Sacco, percorrido pola vía latina. Sometida por Roma tras a Guerra Latina (338 a C), durante a Idade Media pertenceu á familia Colonna, que lla disputaron aos papas. Convertida en principado (1449), adquirírona os Barberini. Do seu patrimonio cultural destaca o palacio Colonna-Barberini (s VII).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Discípulo de Mallapert e Lebel, foi recoñecido en toda Europa como un dos mellores compositores do seu tempo, xa que levou á perfección os procedementos tradicionais da composición. É autor dun cento de misas de catro a oito voces, dun milleiro de motetes de catro a doce voces, oito ladaíñas, 66 ofertorios, 15 lamentacións, 56 madrigais espirituais e un centenar de profanos, ademais de salmos, cánticos ou himnos. Das súas misas é especialmente célebre a Missa Papae Marcelli (1567), a seis voces.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe principal dun ciclo de novelas de cabalaría, integrado por Palmerín de Oliva (1511) e Primaleón (1512), atribuídas a Francisco Vázquez, e Palmerín de Inglaterra (1547), atribuída ao portugués F. de Moraes Cabral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide que se extrae do opio, cunha estrutura que foi establecida por Goldschmidt en 1888. É altamente tóxico e emprégase en medicina como antiespasmódico musculotrópico e como vasodilatador.
-
-
Relativo ou pertencente aos paracrinoideos.
-
Equinodermo da clase dos paracrinoideos.
-
Clase de equinodermos, do subfilo dos pelmatozoos, que poden ser considerados crinoideos primitivos. Pertencen ao Ordovícico medio e téñense atopado, sobre todo, en América do Norte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Paradela, Portomarín e Guntín.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe con orixe en Betanzos. Trae como armas, en campo de ouro, unha banda de goles.
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Ordenado sacerdote (1759), foi preceptor dos fillos do duque Serbelloni (1759-1763) e do conde Imbonati (1764-1768). Considerado como un dos introdutores das ideas da Ilustración en Italia, foi director da Gazzeta di Milano, da cátedra de Belas Letras (1769) e da superintendencia superior das escolas públicas (1787). Publicou Alcune poesie di Ripano Eupiliano (1752), o poema satírico-didáctico Il giorno (1801), e as odas La vita rustica (1757-1758) e Il bosogno (1765).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte pertencente á serra do Rañadoiro, situado na parroquia de Hospital (Pedrafita do Cebreiro). O seu cumio acada os 1.275 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ana Matilde Martínez Pasarín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio fundamental da hidrostática polo que a presión exercida en calquera punto dun fluído, que enche totalmente o espazo que o limita, se transmite integralmente en todas as direccións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lavandeira.
-
-
Relativo ou pertencente á pataria.
-
Seguidor da pataria.
-
Aplícase aos cátaros e valdenses dos ss XII e XIII.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
aikinita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
principio de exclusión.