Parini, Giuseppe

Parini, Giuseppe

Poeta italiano. Ordenado sacerdote (1759), foi preceptor dos fillos do duque Serbelloni (1759-1763) e do conde Imbonati (1764-1768). Considerado como un dos introdutores das ideas da Ilustración en Italia, foi director da Gazzeta di Milano, da cátedra de Belas Letras (1769) e da superintendencia superior das escolas públicas (1787). Publicou Alcune poesie di Ripano Eupiliano (1752), o poema satírico-didáctico Il giorno (1801), e as odas La vita rustica (1757-1758) e Il bosogno (1765).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bosisio, Lombardia

  • Deceso

    Lugar : Milán