"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • PERSOEIRO

    Poeta e literato italiano. Formouse nas universidades de Boloña, Pisa e Ferrara. A súa obra principal, La secchia rapita (1622), é un poema heroico-burlesco en doce cantos, escrito en oitavas, que ten como argumento a guerra entre os habitantes de Modena e Boloña pola posesión dun cubo de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa grega do Mar Exeo que pertence ao nomós de Kabala. Está separada da costa tracia polo estreito homónimo (440 km2). A súa capital é Limín. Posesión bizantina a partir do s IV, pasou a poder dos turcos en 1456 e foi recuperada por Grecia en 1912.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médica. Ideou un método de tratamento da tetraloxía de Fallot, xunto con A. Blalock, que se coñece como operación de Blalock-Taussig.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da wilāya de Tbessa, Alxeria (153.246 h [1998]). Situada ao pé dos montes de Tbessa a 850 m de altitude, está rodeada de xacementos de fostatos. Coñecida como Theveste, conserva un arco triunfal romano, erixido no s III na honra de Caracalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (14.984 km2; 549.066 h [1998]). A súa capital é Tbessa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Metereólogo. Fundou e dirixiu o observatorio de Trappes. As súas investigacións mediante globos sonda levárono ao descubrimento da estratosfera en 1899. Escribiu Les bases de la météorologie dynamique (1898-1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Myanmar (43.343 km2; 1.187.000 h [estim 1994]). A súa capital é Tavoy (101.536 h [1983]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de EE UU, afluente do Ohio, formado pola confluencia dos ríos Holston e French Broad, situado ao N de Knoxville, con 1.900 km de lonxitude. A Tennessee Valley Authority levou a cabo o aproveitamento integral do río na produción hidroeléctrica, regadío, navegación e prevención de inundacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU que toma o nome do río Tennessee (109.152 km2; 5.695.283 h [2000]). A súa capital é Nashville. Limita con Kentucky e Virginia ao N, con Georgia, Alabama e Mississippi ao S, con Carolina do Norte ao L e con Arkansas e Missouri ao O. A industria concéntrase en Memphis, Knoxville, Nashville e Chattanooga, con industrias téxtiles, químicas, metalúrxicas e da madeira. Explorado polos españois e franceses nos ss XVI e XVII, foi ocupada no s XVIII polos colonos de Virxinia e as Carolinas e admitido como estado da Unión en 1796. Durante a Guerra de Secesión formou parte da Confederación Sudista. Máis tarde, en 1886, foi creado o Ku Klux Klan. O seu desenvolvemento económico produciuse a partir da Tennessee Valley Authority.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1923 no marco do New Deal de Roosevelt, que construíu un sistema de presas reguladoras do río Tennessee que permitiu o aproveitamento da auga e posibilitou a industrialización e o crecemento económico dos estados que forman a súa conca hidrográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Solo relito cuaternario, de cor vermella, formado sobre rocha calcaria por descarbornatación e rubefacción, nun clima de tendencia tropical, cunha estación seca e outra cálida.

    2. Variedade de bauxita rica en ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (173.775 h [2001]). A actividade agraria está en proceso de desaparición a causa da urbanización e industrialización crecente. A principal actividade económica é a industria e o sector dos servizos. Na actividade industrial, o sector téxtil ten unha gran tradición, seguido do metalúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade hurrita principal. Era o deus da tempestade, do relampo, da chuvia e da fertilidade. Representábase cun vestido curto, cuberta a cabeza cun casco ou tiara e portaba nas mans o relampo e unha machada ou unha maza. A súa muller era ḫ ebat e o seu fillo Šarruma. Os seus animais sagrados eran Šerri (día) e ḫ urri (noite).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo francés. Foi pioneiro da teoloxía positiva, cunha tendencia ao platonismo agostiño. Das súas obras destaca a incompleta Vetus et nova Ecclesiae disciplina (1688) e Theologia dogmatica (1689).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Konzern siderúrxico alemán. A súa orixe atópase na fábrica metalúrxica instalada en Duisburg en 1867 por August Thyssen. En 1890 converteuse nun dos máximos representantes da industria de Ruhr. Participou na construción en 1926 do konzern Vereinigte Stahlwerke. O seu propietario financiou o acceso de Hitler ao poder, pero despois perdeu a propiedade da empresa, que a familia Thyssen non recuperou ata 1953. Converteuse no primeiro produtor de aceiro das comunidades europeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e coleccionista de arte. Ampliou e completou unha colección de arte que iniciou o seu pai Heinrich Thyssen-Bornemisza de Kaszon (1875-1947), que comprende unha extensa representación da pintura europea do s XIV ao XX, obras dos primitivos americanos, esculturas, xoias e esbozos teatrais, entre outros. Unha boa parte dela foi cedida temporalmente ao goberno español en 1988 e constituíu o Museo Thyssen-Bornemisza en Madrid. En 1993 a colección foi adquirida polo goberno español e cedida á Fundación Thyssen-Bornemisza. Casou coa española Carmen Cervera, que tamén cedeu parte da súa colección ao museo madrileño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro, de ata 3 m de lonxitude total, que presenta a pel avermellada, excepto a da parte interna das patas e as partes inferiores e frontais do corpo, que son brancas, todas atravesadas por franxas anchas e escuras. Son animais de vida solitaria, os machos e as femias só se xuntan durante a época de reprodución e cazan os dous. A femia pare unha camada de un a seis cachorros que permanecen xunto á nai ata o segundo ano de idade. Teñen unha dieta variada, comen cervos, gando vacún, ras, peixes ou prea. De orixe asiática, é un formidable depredador que ocupa hábitats moi diversos, desde Siberia ata Insulindia. É o representante máis grande da familia dos félidos. A especie divídese en cinco subespecies, o tigre indochino (P.t. corbetti), o tigre de Sumatra (P.t. sumatrae), o tigre de Java (P.t. sondaica), o tigre de Siberia ou tigre siberiano (P.t. altaica) e o tigre de Bengala ou tigre indio (P.t....

    2. Mamífero carnívoro que mide 35 cm ata a cruz e 75 cm de lonxitude, máis 40 cm de cola. É de cor café claro a un gris terroso claro e presenta manchas ovais e raias de color café escuro ou negro. Aliméntase de roedores, pequenos primates, réptiles, insectos e aves. É un animal solitario de costumes nocturnas, moi bo agatuñador e moi áxil nas árbores. Habita altiplanos de densa vexetación, desde Costa Rica ata o N de Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral persa. Sátrapa de Lidia e Caria (413), foi substituído por Ciro II de Persia (407). Durante a rebelión deste contra seu irmán, axudou a Artaxerxes II na Batalla de Cunaxa e volveu novamente a ser sátrapa de Lidia. Na guerra entre Persia e Esparta foi vencido preto de Sardes por Agesilan’ (395). Destituído por traidor, foi levado a Colosas e executado polo sátrapa Titraustes por orde de Artaxerxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Observou os dous tránsitos de Venus por diante do Sol (1874 e 1882), en Xapón e Santo Domingo, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e orientalista francés. Sacerdote (1907), ensinou linguas orientais no Apollinare de Roma (1908-1913) e foi conservador da Biblioteca Vaticana (1908), da que foi prefecto (1930). Cardeal (1936) e bispo de Ostia (1937), foi secretario da Congregazione per le Chiese Orientali (1936-1959) e desde 1951 decano do Collegio Cardinalizio. Das súas publicacións destaca a colección Specimina codicum orientalium (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO