"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Peza honrosa composta que resulta da unión da banda e a barra. OBS: Tamén se denomina aspa, cruz de santa Eulalia, cruz de san Vicente ou cruz de santo Andrés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entrou en contacto coas vangardas. Foi influído por diversas fontes, entre elas o seu propio irmán, o pintor Giorgio de Chirico. Influíu en André Breton e o surrealismo. Foi autor da peza teatral Chants de la Mi-Mort (1914), das novelas Infanzia di Nivasio Dolvemare (1941), Narrate, uomini, la vostra storia (1942) e Casa “La Vita” (1943), da ópera Orfeo Vedovo (1950) e do ballet Vita dell’uomo (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Construtor de instrumentos belga. Coñecido como Adolphe Sax, perfeccionou co seu pai, Charles-Joseph Sax (1791-1865), diversos instrumentos de vento. Inventou o saxofón (1840) e os diversos instrumentos da familia dos saxhorns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista italiano. Perfeccionou o coñecemento morfolóxico do sistema nervioso, do peritoneo, do aparato xenital e de zonas anatómicas completas, como o triángulo de Scarpa. Fixo achegas á fisioloxía da visión e da audición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico polaco naturalizado estadounidense en 1962. En 1939 trasladouse a Escocia, onde se doutorou en 1955. En 1977 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, compartido con R. Guillemin e R.Yalow, polos seus importantes traballos sobre a produción de hormonas hipotalámicas que controlan a actividade hormonal periférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. Xesuíta, estudou matemáticas en Ingolstadt e despois iniciouse en astronomía. En 1616 trasladouse a Innsbruck e en 1626 a Neisse. Observou as manchas solares e inventou o telescopio de refracción. Estudou a fisioloxía da visión e o papel da retina e do cristalino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. A influencia de Rousseau e dos poetas do movemento Sturm und Drang, fixeron crecer a súa ideoloxía revolucionaria contra a tirania dos gobernos, que reflectiu en Die Räuber (Os bandidos, 1781). Desertou do exército e tivo que fuxir a Mannheim (1782), onde presentou pezas teatrais republicanas, e fundou a revista Rheinische Thalia. Despois, dedicouse á investigación histórica e en 1789 obtivo unha cátedra na Universidade de Jena. A pesar de ser cidadán de honra da nova República Francesa (1792), distanciouse das consecuencias reais da revolución que defendera teoricamente, e interesouse pola filosofía idealista de Kant. Coa edición das revistas Die Horen (1794) e Musenalmanach (1796-1800), iniciou unha constante colaboración con Goethe. Da súa obra dramática, dogmaticamente idealista, destacan Luise Millerin, titulada posteriormente Kabale und Liebe (Cábalas e amor, 1784), Don Carlos, Infant von Spanien (1787),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de platihelmintos da clase dos nemátodos, duns 10 a 20 mm de lonxitude, de sexos separados, parásitos do sangue da especie humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Coñecido como Otto Ernst, das súas obras destaca a comedia Flaschmann als Erzieher (Flaschmann como educador, 1901) e a novela Hermannsland (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Italo Svevo, foi o pioneiro da novela psicolóxica e un dos primeiros en utilizar as teorías de S. Freud. Destacan Una vita (1892), Senitilità (1898), La conscienza di Zeno (1923), La novella del buon vecchio e della bella fanciulla (1929) e Corto viaggio sentimentale (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro musical fundado en París en 1894 por C. Bordes, A. Guilmant e V. d’Indy, que foi o seu director desde 1909. Destinado ao ensino do canto litúrxico e da música relixiosa, incorporou a música profana no seu programa converténdose así nunha escola superior de música.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrado de planta rectangular, relacionado co bema siríaco, situado no centro da nave das basílicas cristiás, diante do altar, que se reservaba para os cantores.

    2. Institución romana dos s VI-VII ao servizo do canto para a liturxia cristiá. Na Alta Idade Media atopábase en moitas catedrais e mosteiros de Europa. Modernamente, refírese aos grupos dedicados ao gregoriano para a liturxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Recoñecido polos seus retratos psicolóxicos de persoeiros para o ABC (1972), foi o creador das cascografías, coas que obtiña formas volumétricas e texturas a partir da manipulación do papel fotográfico. Fotógrafo oficial dos reis de España e membro numerario da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1996), publicou Álava abierta (1978), Fascinación (1991), Dios (1992), Espacios (1997), Itasoa (1999), Paisajes ordenados (2002) ou La belleza oculta: Libia (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste nun aumento da corrente de saturación dentro dun tubo termoelectrónico, por efecto dos campos eléctricos próximos ao cátodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para determinar o índice de refracción de partículas cristalinas, coa axuda do microscopio. Utiliza a iluminación oblicua, e a determinación realízase sempre respecto a líquidos de índice de refracción coñecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo derivado da aplicación da ecuación de Schrödinger para o estudo da estrutura atómica. Para un sistema determinado, as diferentes funcións propias, solucións da ecuación, son coñecidas como orbitais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico italiano. Cultivou a comedia. Dos seus filmes destacan C’eravamo tanto amati (1974), La nuit de Varemes (1982), La famiglia (1987), Che ora è? (1989), Il Viaggio di Cappitan Fracassa (1990), Romanzo di un giovane (1995), Concorrenza sleale (2001) e Genti di Roma (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación do Escultor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización do Tratado do Sueste Asiático

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster de ácido sebácico. Os sebacatos de alcohois de cadea curta teñen aplicación como plastificantes.

    VER O DETALLE DO TERMO