schola cantorum*

schola cantorum*
  1. [ARQUIT]

    Estrado de planta rectangular, relacionado co bema siríaco, situado no centro da nave das basílicas cristiás, diante do altar, que se reservaba para os cantores.

  2. [MÚS/RELIX]

    Institución romana dos s VI-VII ao servizo do canto para a liturxia cristiá. Na Alta Idade Media atopábase en moitas catedrais e mosteiros de Europa. Modernamente, refírese aos grupos dedicados ao gregoriano para a liturxia.