Schola Cantorum

Schola Cantorum

Centro musical fundado en París en 1894 por C. Bordes, A. Guilmant e V. d’Indy, que foi o seu director desde 1909. Destinado ao ensino do canto litúrxico e da música relixiosa, incorporou a música profana no seu programa converténdose así nunha escola superior de música.