"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
CAPITAIS
Capital do ostān de Hamadān, Irán (401.281 h [1996]). Situada no centro-oeste do país, é o centro comercial máis importante de Irán (tecidos, peles e produtos agrícolas). Correspóndese coa antiga cidade de Ecbatana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (19.445 km2; 1.710.412 h [2001]). A capital é Hamadān.
-
PERSOEIRO
Escritor árabe de familia persa. Estivo vinculado á corte buwaihida. É autor de diversas epístolas moi detallistas e foi o creador do xénero maqāma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1015 - Stamford Bridge 25.9.1066) Rei de Noruega (1046-1066). De nome Harald Sigurdarson ou Harald Hardrada, marchou a Oriente trala morte do seu medio irmán o Rei Olavo II (1030), onde visitou varias cidades rusas e se puxo ao servizo da emperatriz de Bizancio. De volta en Noruega e despois de enfrontarse ao seu sobriño Magnus I (1046), este entregoulle a metade do reino. Á morte de Magnus I (1047), reunificou Noruega e iniciou unha serie de campañas militares nas que atacou Dinamarca e Inglaterra. En 1066, enfrontouse xunto co conde de Northumbria á Harold II de Wessex.
-
-
Espacio de sete anos.
-
Espacio de sete días.
-
-
-
Aplícase ao que ocorre ou sae cada semana, especialmente referido a publicacións.
-
Persoa destinada a oficiar semanalmente no coro ou no altar.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Parada de Sil baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben os sete fillos de Helios e da ninfa Rodo. Eran expertos astrólogos e atribuíaselles a división do ano en estacións e do tempo en días e horas.
-
GALICIA
Médico. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1931 e doutorouse en Madrid en 1934. De gran prestixio na especialidade de cardioloxía e medicina xeral, ingresou na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e Asturias en 1963. Publicou numerosos traballos e libros, como Radiodiagnostico de la tuberculosis pulmonar (1934), Pleuritis tuberculosa (1940), Contribución al estudo médico--legal de la silicosis (1946), El pronóstico de la tuberculosis pulmonar (1953) e Emoción, angustia e infarto de miocardio (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cúmulo aberto da constelación de Tauro. Contén 132 estrelas coñecidas, que se arredan do centro do cúmulo. As estrelas máis brillantes adoptan a forma de V e pertencen á clase espectral K.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aspersión feita cun hisopo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción na que os hidróxidos de amonio cuaternarios, nos que un dos substituíntes do nitróxeno ten polo menos un átomo de hidróxeno na posición β, se descompoñen, ao quentalos, e dan unha olefina e unha amina terciaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción propia dun home forte e de carácter.
-
MONTES
Monte que constitúe a máxima altitude de Islandia. O seu cumio acada os 2.119 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital situada no estado de Oyo, Nixeria (1.432.000 h [1996]). É un centro comercial e de transformación de produtos agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización non gobernamental fundada en Londres en 1963 coa finalidade de velar polos intereses dos profesionais do deseño gráfico, promulgar os seus dereitos e deberes e coordinar as accións das diversas asociacións ao redor do mundo. En 1999 creou a Fundación ICOGRADA.
-
IGREXAS
Igrexa española fundada en 1880 por cristiáns disidentes da Igrexa de Roma, dirixidos por Joan Baptista Cabrera i Ibarz. Forma parte da Comuñón Anglicana, coa que comparte tradicións, orde e plena comuñón, aínda que ten características propias pola súa condición de española. Rexeita as doutrinas e prácticas alleas á Biblia, mantén a tripla orde do ministerio (bispos, presbíteros, diáconos), segue a liturxia hispánica, administra o Bautismo e a Cea do Señor como sacramentos, e celebra sínodos cada dous anos, formados polos ministros e polos membros das igrexas locais, elixidos nas súas congregacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabra que ten un ano de idade.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na comarca de Anoia (33.049 h [2001]). Situado á beira da estrada de Barcelona a Lleida, é un centro industrial moi vinculado á actividade barcelonesa. Do seu patrimonio cultural destaca a basílica de Santa María, declarada Ben de Interese Cultural en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico atribuído a Homero. Consta de máis de quince mil hexámetros, divididos en 24 cantos, e ten por tema a ira (μ ῆ νις) e posterior vinganza do heroe grego Aquiles. Baseado nun feito histórico comprobado polos arqueólogos (Schliemann, Dörpfeld), que supostamente aconteceu moitos séculos antes da época en que foi escrito, a historia narrada desenvólvese nunha atmosfera heroica de fantasía. Outra das súas características é a descrición de cousas inanimadas como o mar, que se converte nun protagonista indiscutible e é nomeado constantemente en toda a súa beleza e detallando cada un dos seus estados: bravo, calmado, purpúreo e esplendoroso, en consonancia co estado anímico do lector. Cronoloxicamente sitúase no último ano da Guerra de Troia, que constitúe o fondo da trama. Aquiles, insultado e desposuído dunha cativa polo seu comandante en xefe, Agamemnon, cabeza do exército grego que bloqueou a cidade de Troia para rescatar a Helena, retirouse da batalla,...