"Ada" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • CAPITAIS

    Capital do ostān de Hamadān, Irán (401.281 h [1996]). Situada no centro-oeste do país, é o centro comercial máis importante de Irán (tecidos, peles e produtos agrícolas). Correspóndese coa antiga cidade de Ecbatana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (19.445 km2; 1.710.412 h [2001]). A capital é Hamadān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor árabe de familia persa. Estivo vinculado á corte buwaihida. É autor de diversas epístolas moi detallistas e foi o creador do xénero maqāma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1015 - Stamford Bridge 25.9.1066) Rei de Noruega (1046-1066). De nome Harald Sigurdarson ou Harald Hardrada, marchou a Oriente trala morte do seu medio irmán o Rei Olavo II (1030), onde visitou varias cidades rusas e se puxo ao servizo da emperatriz de Bizancio. De volta en Noruega e despois de enfrontarse ao seu sobriño Magnus I (1046), este entregoulle a metade do reino. Á morte de Magnus I (1047), reunificou Noruega e iniciou unha serie de campañas militares nas que atacou Dinamarca e Inglaterra. En 1066, enfrontouse xunto co conde de Northumbria á Harold II de Wessex.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espacio de sete anos.

    2. Espacio de sete días.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao que ocorre ou sae cada semana, especialmente referido a publicacións.

    2. Persoa destinada a oficiar semanalmente no coro ou no altar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Parada de Sil baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os sete fillos de Helios e da ninfa Rodo. Eran expertos astrólogos e atribuíaselles a división do ano en estacións e do tempo en días e horas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1931 e doutorouse en Madrid en 1934. De gran prestixio na especialidade de cardioloxía e medicina xeral, ingresou na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e Asturias en 1963. Publicou numerosos traballos e libros, como Radiodiagnostico de la tuberculosis pulmonar (1934), Pleuritis tuberculosa (1940), Contribución al estudo médico--legal de la silicosis (1946), El pronóstico de la tuberculosis pulmonar (1953) e Emoción, angustia e infarto de miocardio (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cúmulo aberto da constelación de Tauro. Contén 132 estrelas coñecidas, que se arredan do centro do cúmulo. As estrelas máis brillantes adoptan a forma de V e pertencen á clase espectral K.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aspersión feita cun hisopo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción na que os hidróxidos de amonio cuaternarios, nos que un dos substituíntes do nitróxeno ten polo menos un átomo de hidróxeno na posición β, se descompoñen, ao quentalos, e dan unha olefina e unha amina terciaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción propia dun home forte e de carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que constitúe a máxima altitude de Islandia. O seu cumio acada os 2.119 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital situada no estado de Oyo, Nixeria (1.432.000 h [1996]). É un centro comercial e de transformación de produtos agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización non gobernamental fundada en Londres en 1963 coa finalidade de velar polos intereses dos profesionais do deseño gráfico, promulgar os seus dereitos e deberes e coordinar as accións das diversas asociacións ao redor do mundo. En 1999 creou a Fundación ICOGRADA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa española fundada en 1880 por cristiáns disidentes da Igrexa de Roma, dirixidos por Joan Baptista Cabrera i Ibarz. Forma parte da Comuñón Anglicana, coa que comparte tradicións, orde e plena comuñón, aínda que ten características propias pola súa condición de española. Rexeita as doutrinas e prácticas alleas á Biblia, mantén a tripla orde do ministerio (bispos, presbíteros, diáconos), segue a liturxia hispánica, administra o Bautismo e a Cea do Señor como sacramentos, e celebra sínodos cada dous anos, formados polos ministros e polos membros das igrexas locais, elixidos nas súas congregacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabra que ten un ano de idade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na comarca de Anoia (33.049 h [2001]). Situado á beira da estrada de Barcelona a Lleida, é un centro industrial moi vinculado á actividade barcelonesa. Do seu patrimonio cultural destaca a basílica de Santa María, declarada Ben de Interese Cultural en 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico atribuído a Homero. Consta de máis de quince mil hexámetros, divididos en 24 cantos, e ten por tema a ira (μ ῆ νις) e posterior vinganza do heroe grego Aquiles. Baseado nun feito histórico comprobado polos arqueólogos (Schliemann, Dörpfeld), que supostamente aconteceu moitos séculos antes da época en que foi escrito, a historia narrada desenvólvese nunha atmosfera heroica de fantasía. Outra das súas características é a descrición de cousas inanimadas como o mar, que se converte nun protagonista indiscutible e é nomeado constantemente en toda a súa beleza e detallando cada un dos seus estados: bravo, calmado, purpúreo e esplendoroso, en consonancia co estado anímico do lector. Cronoloxicamente sitúase no último ano da Guerra de Troia, que constitúe o fondo da trama. Aquiles, insultado e desposuído dunha cativa polo seu comandante en xefe, Agamemnon, cabeza do exército grego que bloqueou a cidade de Troia para rescatar a Helena, retirouse da batalla,...

    VER O DETALLE DO TERMO