"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Igualdade de peso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación de equivalencia entre conxuntos, entre os que é posible establecer unha aplicación bixectiva. Dous conxuntos equipotentes teñen a mesma potencia e denomínanse tamén conxuntos de igual potencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás liñas ou superficies nas que a función potencial ten un valor constante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coincidencia absoluta entre dous sons que o oído percibe como idénticos. Son equisonantes as oitavas simples, dobres, triples, etc, dunha nota. Tamén se inclúen os inharmónicos.
-
-
Calidade de equivalente.
-
Forma que se corresponde exacta ou aproximadamente con outra doutra lingua diferente. Non deben confundirse os termos voces sinónimas e voces equivalentes: os sinónimos pertencen a unha mesma lingua e son, na maioría dos casos, intercambiables entre si, mentres que no caso das equivalencias se refiren aos mesmos termos en dúas ou máis linguas e non son intercambiables nun contexto determinado. Así, por exemplo, a voz galega chapeo ten como equivalencias a portuguesa chapeu, a catalá capell, a castelá sombrero, a francesa chapeau, a italiana cappello, a inglesa hat e a alemana hut.
-
Confusión entre dúas ou máis realizacións fonemáticas que teñen, polo menos, un trazo distintivo común, de punto ou de modo de articulación, e que explican algunhas evolucións diacrónicas anómalas. Así, por exemplo, nas líquidas fórmanse equivalencias entre /r/ e /l/, xeralmente por disimilación, en casos como lat CALAMĔLLU > caramelo, LĪLĬU > lirio, LŎCĀLE > logal > logar > lugar ou PARABŎLA > paravra > palavra > palabra; ou tamén hai equivalencia, neste caso sincrónica, entre /b/ e /g/, en casos como VŎMĬTĀRE > vomitar > popular gomitar.
-
Relación de igualdade funcional que, segundo Bally, se dá entre dous ou máis membros oracionais que poden intercambiarse a causa da súa función común, sen que os seus valores semánticos e estilísticos sexan necesariamente idénticos, e que é sempre viable dentro dun contexto determinado. Deste xeito, hai equivalencia entre [A poboación] viguesa, de Vigo, que hai en Vigo. OBS: Tamén se denomina concorrencia.
-
Relación binaria entre os elementos dun conxunto que permite establecer unha clasificación destes elementos de tal maneira que quede cada un nunha clase, chamada de equivalencia, e estas clases non teñan ningún elemento común. Para que unha relación sexa de equivalencia ten que ser reflexiva, simétrica e transitiva. Son equivalentes dous elementos que pertencen á mesma clase. O conxunto das clases de equivalencia chámase conxunto cociente do conxunto de partida C para esta relación R, e escríbese C/R.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Santo (? - Uppsala 1160) Rei de Suecia (1156-1160). De nome Eric Jedvarsson, fundou a dinastía dos Eric. Introduciu no N de Suecia o cristianismo e iniciou en 1157 unha cruzada en Finlandia co fin de cristianizala. Considerado o fundador da Igrexa finlandesa, morreu no sitio de Uppsala a mans do rei dinamarqués Magnus Eriksson. Trala súa morte converteuse no patrón de Suecia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Victorioso (s X) Rei de Suecia (970?-995?). De nome Eric Segersäll, foi o primeiro rei de todo o territorio de Suecia. Venceu os viquingos en Fyrisvallarna (985).
-
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1208-1216), fillo do Rei Knut Eriksson. De nome Eric Knutsson, defendeu os seus dereitos dinásticos fronte a Sverken o Novo coa axuda do rei de Dinamarca Valdermar II o Victorioso. Foi o primeiro monarca sueco en ser coroado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1222-1229 e 1234-1250), fillo póstumo do Rei Eric X de Suecia. De nome Eric Eriksson, foi elixido rei en 1222, aínda que coroado o 31 de xullo de 1224. En 1229 usurpoulle o trono ao seu curmán Canuto Lange e exiliouse en Dinamarca. En 1234, trala morte de Canuto, regresou a Suecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1356-1359), fillo do Rei Magnus Eriksson. De nome Eric Magnusson, foi recoñecido como príncipe herdeiro en 1344. O 17 de outubro de 1356 enfrontouse ao seu pai e proclamouse rei de Suecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eric VII de Dinamarca.
-
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1560-1568), fillo do Rei Gustavo I de Suecia e de Catarina de Saxonia-Lauenburgo. Introdutor do calvinismo en Suecia, reforzou o poder real e ocupou Tallinn (1561). Na Guerra dos Sete Anos (1653-1670) loitou polo control dos estados bálticos contra Dinamarca, Polonia e Lübec. Enfrontouse ao seu irmán Xoán III, casado cunha católica, aínda que acabou renunciando á coroa no seu favor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cor vermella que colle o rostro, especialmente as meixelas, debido á súbita afluencia de sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botar unha bebida nun vaso, especialmente o viño ou a sidra. OBS: En particular, refírese a botar con mestría a sidra nun vaso desde certa altura para formar escuma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moldura cóncava que se empregaba para decorar as bases das columnas, situada entre dous toros. Foi habitual na orde xónica.
-
ENTRADA LARGA
País do Reino Unido que comprende a parte setentrional da illa de Gran Bretaña e as Illas Hébridas, as Illas Orcadas e as Illas Shetland (78.133 km2; 5.120.300 h [estim 1998]). Limita ao S con Inglaterra pola liña da crista das Cheviot Hills, que vai dende o firth Solway, no O, ao val do Tweed, no L. A súa capital é Edimburgo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Xeoloxicamente, Escocia está formada por unha serie de bloques paralelos alongados de SO a NL, separados por depresións, e que de N a S son: as Highlands ou terras altas do N, a greta do Glen More, os Grampians, a depresión das Lowlands e as Uplands. O arco das Illas Hébridas permanece separado das Highlands pola canle de Minch. As Highlands ocupan case que a metade do territorio escocés e prolónganse cara ao L polas Orcadas e as Shetland. Están constituídas principalmente por un zócolo de rochas metamórficas, aínda que tamén hai áreas volcánicas no O, como o altiplano basáltico da Illa de Mull. Este zócolo,... -
IGREXAS
Igrexa presbiteriana establecida en Escocia por John Knox en 1550. O Parlamento de Edimburgo declarouna relixión do Estado en 1560. Doutrinalmente é calvinista e ten como textos fundamentais o Book of Common Order (Libro da orde común) e os dous Books of Discipline (Libros de disciplina, 1560 e 1578). En 1929 uníronse a ela diversas pequenas igrexas, que constituíron a Church of Scotland, que designou como cabeza espiritual ao titular do trono escocés, o soberano do Reino Unido, aínda que conservaba a súa independencia no terreo civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Emblema propio da Comunidade Autónoma de Galicia que simboliza a súa identidade como nacionalidade histórica.
VER O DETALLE DO TERMO
Lexislación
O Estatuto de Autonomía de Galicia (Lei Orgánica 1/1981 de 6 de abril) recolle no seu Artigo 6.2 que “Galicia ten himno e escudo de seu”. Esta afirmación estatutaria desenvolveuna o Parlamento de Galicia ao aprobar a Lei de Símbolos de Galicia 5/1984 de 29 de maio (LSG), que no seu Artigo 1 proclama: “A bandeira, o escudo e o himno de Galicia simbolizan a súa identidade como nacionalidade histórica”. A composición do escudo indícase no Artigo 3: “O escudo de Galicia trae, en campo de azur ou azul, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. O timbre, coroa real, cerrada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de perlas, e de cada un dos floróns sae un diadema... -
-
Conxunto de características fundamentais que constitúen a natureza propia dunha persoa, animal ou cousa. Contraponse ao concepto de existencia. Na historia da filosofía tivo tres acepcións fundamentais. Aristóteles opúxoa ao concepto de accidente: a esencia sería o propio do ser, e o accidente o que lle acontece ao ser pero que non o altera. San Tomé de Aquino opúxoa á existencia para clasificar así ontoloxicamente a realidade, e afirmou que Deus é o único ser en que a esencia e a existencia son unha, posto que é o único ser necesario, e no resto das criaturas a esencia é distinta da existencia, posto que poderían non existir e reciben a existencia de Deus. Para a filosofía existencialista, a esencia, que é posterior á existencia, é a idea que se ten do home, mentres a existencia é o home concreto que é agora no tempo. Jean-Paul Sarte afirmou que a existencia do home precede á súa esencia, con que subliñou a profundidade da liberdade humana, que non estaría determinada previamente por ningunha...
-
O máis importante ou característico de algo.
-
Cada unha das substancias oleosas, lipófilas, intensamente olorosas, de orixe vexetal, destilables e xeralmente volátiles en corrente de vapor. Moi difundidas na natureza, localízanse nas follas, nas flores, nos froitos e nas sementes de diversas especies vexetais. Os constituíntes principais dos aceites esenciais son os terpenos; ademais dos hidrocarburos alifáticos e dos seus derivados hidroxenados (alcohois, aldehidos, cetonas e ésteres), tamén se atopan hidrocarburos aromáticos, fenois e os seus derivados, e nalgunhas esencias, compostos sulfurados e nitroxenados.
-
Extracto líquido con gran concentración de substancias aromáticas.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á esencia.
-
Que constitúe a esencia.
-
-
Que resulta absolutamente necesario e non se pode prescindir del.
-
Que é o principal ou máis importante.
-
Aplícase ás afeccións, ás síndromes ou aos síntomas dos que se descoñece a causa.
-