"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Gran jupan de Serbia (1196?-1217) e primeiro rei de Serbia (1217-1227), fillo de Estevo I de Serbia. Coñecido como Estevo I Nemanjič, foi expulsado en 1200 de Serbia polo seu irmán Vukan, titular do voivodato de Zéta. Recuperou o trono en 1203 coa alianza bizantina, que posteriormente cambiou pola veneciana. O Papa Honorio III concedeulle o título de rei (1217) e fixo que fose coroado por un legado pontificio. En 1219 proclamou a independencia da Igrexa serbia polo que foi outra vez coroado rei de Serbia en 1221 polo seu irmán Sava. No fin da súa vida retirouse a un mosteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (768-772). No concilio en Letrán (769) decretou que se excluíse aos laicos como candidatos ao papado e que o papa fose elixido polos clérigos romanos. Declarou nulo o concilio iconoclasta de Constantinopla e estableceu vínculos políticos cos francos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1162-1172), fillo de Géza II. Conservou a titularidade do trono aínda que o Emperador Manuel I Comneno fixo coroar rei de Hungría ao seu tío Estevo en 1163.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Moldavia (1457-1504). Fillo de Bodgan II, sucedeu ao seu tío Pedro III. Derrotou os turcos en Rahova (1475), pero ante a súa constante ameaza, aliouse con Polonia e Hungría. Non obstante , asinou un tratado (1503) co sultán Baiazet II, polo que Moldavia mantiña a independencia a cambio dun tributo anual. Impulsor do desenvolvemento cultural do seu país, modernizou Suceava, capital do reino, e inspirou Crónica, pola graza de Deus, do país de Moldavia desde que foi establecido (1504), primeira obra literaria secular en eslavo. Pola súa resistencia aos turcos e a reconstrución de numerosas igrexas e mosteiros, o patriarca da Igrexa serbia concedeulle o título de atleta de Cristo e canonizouno en 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (816-817). Coroou a Ludovico Pío e recibiu deste a confirmación dos anteriores privilexios que recibira a Igrexa, xunto coa súa protección. Emprendeu unha política de reconciliación cos que se opuxeran á elección de León III e reintegrounos nos seus postos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1163-1165) fillo de Bela II e de Estevo III de Hungría. Accedeu ao trono grazas ao apoio do Emperador Manuel I Comneno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1243-1276), fillo de Estevo II de Serbia. Mantivo a paz cos países veciños, conseguiu a unidade da Igrexa e do Estado e conciliou as diversas relixións. Creou unha moeda serbia e desenvolveu a explotación das minas de prata, chumbo, cobre e ferro. Destronado polo seu fillo Estevo V Dragutin, retirouse co nome de Simón ao mosteiro de Sopoćani (Novi Pazar).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1057-1058), fillo do duque Gotelón I da Baixa Lotarinxia. Abade do mosteiro de Montecassino, foi chanceler da Igrexa de Roma (1051) e formou parte da embaixada enviada a Constantinopla (1054) pola cuestión de Miguel Cerulario. Adoptou medidas que pretendían incrementar a moralidade do clero e prohibiu os matrimonios entre os consanguíneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Grande (1308? - Diavoli 1355) Rei de Serbia (1331-1346), tsar de Serbia (1346-1355), fillo de Estevo VIII Uroš III Dečanski. Exiliado en Constantinopla na súa xuventude, buscou a creación dun imperio serbio-bizantino que detivera o avance turco. Aliado co emperador bizantino Xoán VI Cantacuceno desde 1341, conquistou Macedonia (1342-1345), Tesalia, Acarnania, Epiro e Etolia (1348), pero non conseguiu recuperar a Herzegovina dos bosnios. Despois de facerse coroar tsar dos Romanos, dos serbios, dos búlgaros e dos albaneses en Skopje, deu unha maior independencia á Igrexa ortodoxa serbia ao conceder a dignidade de patriarca ao bispo de Peć. Durante o seu reinado elaborouse o Dusanov Zakonik, primeiro código legal de Serbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (885-891). Enfrontouse con Focio, ao tempo que mantivo boas relacións co emperador bizantino León VI. Trala caída do Sacro Imperio Romano e a deposición de Carlos o Gordo, tivo que coroar emperador ao poderoso duque Guido de Spoleto (891). Prohibiu a liturxia en lingua eslava e durante o seu goberno incrementou a influencia e a riqueza dos feudatarios e dalgúns bispos, ante a debilidade do poder central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría, Croacia, Eslavonia e Dalmacia (1270-1272) e duque de Estiria (1254-1260). Fillo de Bela IV, foi asociado ao trono no 1245. Recibiu do seu pai Transilvania e as provincias orientais de Hungría (1262) e ocupou diversas cidades búlgaras do Danubio (1263-1266). Morreu durante a campaña contra os serbios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1276-1282), fillo de Estevo IV Uroš I o Grande. Enfrontouse aos emperadores bizantinos aliado con Hungría e o rei de Sicilia, Carlos I de Anjou. Tras abdicar no seu irmán Estevo Ur ǒ s Milutin, retirouse aos territorios que lle cedeu o rei de Hungría, o NL de Bosnia, Srem, Macva e a cidade de Belgrado. Na fin dos seus días retirouse a un mosteiro co nome de Teoktist.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (896-897). Elixido co apoio do duque Guido de Spoleto, convocou un sínodo e emprendeu un proceso contra o seu antecesor o Papa Formoso, en xaneiro de 897; ao que someteu a diversas mutilacións ademais de declarar nulos todos os seus actos, pero os sacerdotes depostos por estas medidas encabezaron a resposta popular. Feito prisioneiro en maio de 897, morreu estrangulado en outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1282-1321). Enfrontouse ao emperador bizantino aliado co seu sogro o duque de Neopatria e ocupou parte de Macedonia (1282-1285) e de Albania (1296). Mostrouse tolerante cos católicos e cos bogomilianos e favoreceu o desenvolvemento da cultura bizantina. Reiniciou a explotación das minas de ouro, prata, estaño e chumbo e desenvolveu o comercio de exportación de peles e trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (928-931). Elixido polas intrigas dos condes de Túsculo, e de Marozia, marquesa de Tuscia, favoreceu o mosteiro de San Vicente en Volturno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (939-942). Elixido co apoio de Alberico II de Spoleto, gobernou sometido ás súas presións. Mediou no enfrontamento entre Luís IV e os príncipes francos que se negaban a recoñecelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1321-1331), fillo ilexítimo de Estevo VI Uroš II Milutin. Obrigado polo seu pai a retirarse a un mosteiro, primeiro en Constantinopla e despois en Dioclea, conseguiu ser elixido rei dos serbios coa axuda do clero e dunha suposta curación milagrosa (1321). Estreitou as relacións con Occidente aínda que perdeu Zaclunia, o acceso de Serbia ao mar. Derrotados os búlgaros en Velbužd (1330), converteu a Serbia na primeira potencia balcánica e cedeulle Bulgaria á súa irmá Anna (1331). Destronado pola nobreza, morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Serbia (1355-1371), fillo de Estevo IX Uroš IV Dušan e derradeiro monarca da dinastía Nemanjič. Tras ser vencido polos turcos (1371) á beira do Río Marica, o seu imperio desmembrouse en principados independentes e autónomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería e escultor. Identificouse co mestre das Praterías e suponse que era fillo do mestre Bernaldo o Vello e pai de Bernaldo o Novo. Traballou tamén na porta do Perdón de San Isidoro de León e iniciou as obras da catedral románica de Pamplona (1001), onde o identificaron como mestre de obras de Santiago, aínda que a súa presenza en Compostela se relaciona co reinicio das obras da catedral baixo o goberno de Xelmírez, datadas segundo unha inscrición da porta das Praterías en 1103, polo que pode tratarse do mesmo mestre ou de dous diferentes con características estilísticas semellantes. Na catedral compostelá atribúenselle a finalización do deambulatorio, a realización do cruceiro e o deseño do programa iconográfico das portas de Praterías e da desaparecida porta do Paraíso. Nas Praterías atribúenselle as figuras de Eva, David, os monstros coa serpe enroscada e o mozo dacabalo dun león no tímpano esquerdo; o santo Andrés das xambas; os leóns na liña de impostas;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tracista. Entre as súas obras destaca o cadeirado do coro de San Domingos da Coruña (1791).

    VER O DETALLE DO TERMO