"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Teólogo e educador. Profesor e pastor protestante en Halle, foi unha das figuras máis veneradas do pietismo. Abriu, na súa casa, unha escola e un orfanato. Escribiu Praelectiones hermeneuticae (1712) e Monita pastoralia theologica (1713).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmulas que relacionan as amplitudes reflectida (A’’) e refractada (A’) coa amplitude incidente (A) do campo eléctrico dunha onda luminosa que incide sobre un dieléctrico isótropo. As fórmulas de Fresnel permiten tamén o estudo do cambio de fase entre as ondas incidente, reflectida e refractada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e impresor. Traballou como libreiro na súa cidade natal, ata que en 1887 abriu a súa propia imprenta en Berlín. Influenciado por Bertha von Suttner, comezou a interesarse polo movemento pacifista, fundou a organización Deutsche Friedensgesellschaft, e pasou a editar a publicación Monatliche Friedenskorrespondenz (1894-1899). En 1899 tirou do prelo Die Friedenswarte, outro periódico representativo do pacifismo a escala mundial e en 1905 Annuaire de la vie internationale, no que se promovía a cooperación internacional baseada nos traballos da Conferencia da Haia. Neses anos, desenvolveu o seu labor como secretario xeral da Unión Internacional da Prensa para a Paz. Ao estalar a Primeira Guerra Mundial, foi acusado de traizón polo goberno austríaco. Finalizada a contenda, amosouse crítico cos abusos cometidos na Conferencia de Versailles. Impulsor dunha filosofía e dun estilo propios para a consecución da paz no mundo, recibiu o Premio Nobel da Paz en 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria que comeza xeralmente na infancia ou na xuventude con esclerose dos cordóns laterais e dorsais da medula. Describiuna o médico alemán Nikolaus Friedreich (Würzburg 1826 - Heidelberg 1882). Tamén se coñece como ataxia de Friedreich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e crítico. O seu método analítico combina as referencias ao contexto social e histórico con elementos de tipo simbólico. É autor de Fearful Symmetry (1947), The Stubborn Struture (1970), A Collection of Review Essays (1978) e The Bible and Literature (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos seres vivos, ou aos seus órganos, que teñen forma de báculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que se creou oficialmente en 1984 coa intención de promover o uso do galego nas administracións públicas. Os seus membros fundacionais foron Xosé González Martínez, Xoaquín Monteagudo Romero, Xermán García Cancela e Carlos Díaz Abraira. En 1984 a AFNLG propúxolle a Xerardo Estévez, a convocatoria dunha xuntanza de rexedores municipais galegos para orientar a política lingüística nos concellos galegos. Posteriormente a AFNLG asinou con colectivos pertencentes ao ámbito do dereito convenios de colaboración para normalizar e estender o uso do galego. Coa Dirección Xeral de Política Lingüística editáronse por primeira vez textos xurídicos en lingua galega e creáronse gabinetes de asesoramento lingüístico nas audiencias provincias e no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Como consecuencia disto, maxistrados como Daniel García Ramos, Pablo Sande, Orencio Pérez González, Benito Montero, Carlos Varela, Xosé Xoán Barreiro Prado e Fernando Leiceaga, moitos xulgados e tribunais de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de fungo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro do PC dende 1918, publicou Čapajev (1923), M’atez (1923-1924) e V semnadcatom godu (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘coello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de fuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gadiformes.

    2. Peixe da orde dos gadiformes.

    3. Orde de peixes actinopterixios de corpo alongado, escamas cicloides e aletas de raios brandos (tres dorsais e dúas anais, ou ben dúas dorsais e unha anal). A miúdo teñen dous filamentos que colgan da mandíbula. Inclúe sobre todo formas de augas profundas, de alta mar e de hábitos depredadores, agrupadas en dúas familias e en vinte e tres especies dunha grande importancia económica, entre as que destacan o bacallau e a pescada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romance popular que narra a derradeira viaxe de peregrinaxe de Guillerme X, duque de Aquitania (1127-1137) e fillo do primeiro trobador coñecido, a Compostela. A primiera versión escrita apareceu en Galicia, de M. Murguía, e a segunda en Literatura Gallega, de E. Carré Aldao. A amizade persoal que Gaifeiros (725-768) tiña co arcebispo Xelmírez levouno en 1121 a escribirlle unha carta pedíndolle protección para Afonso VII de Castela contra Urraca, pois a inimizade co rei de Aragón impedíalle o paso polos seus territorios para se dirixir a Compostela. Despois de facer testamento en 1137 a prol da súa filla Leonor, Guillerme X fixo a súa última peregrinación pero, antes de chegar, caeu enfermo e morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou nas campañas españolas no Rif dende 1919. Tenente da Legión en 1924, acadou posteriormente o grao de capitán. Rebelouse contra a Ditadura de Primo de Rivera e foi degradado e apresado (1926). Trala caída de Primo de Rivera foi liberado e rehabilitado en 1930, e o 12 de decembro dese ano sublevouse en Jaca xunto cos capitáns Ángel García Hernández e Luís Salinas, e tentou sen éxito proclamar a República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de transformacións que, no contexto da mecánica clásica, prerrelativista, permite transformar as coordenadas entre sistemas de referencia inerciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, físico e xeógrafo. Foi profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Realizou un mapa da provincia de Madrid (1901) e outro da de Ourense (1905). Publicou, entre outras obras, Guía del ciclista en España (1897), Técnica algebraica (1908), La atmósfera terrestre (1920) e Elementos de trigonometría xeral y rectilínea (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Formouse con María Corredoyra. As súas obras, realizadas ao óleo, caracterízanse polo realismo e pola experimentación da perspectiva, a cor e os elementos pitóricos. Cultiva a paisaxe, o bodegón e as escenas de interior inspiradas no mundo galego. Realizou exposicións en Galicia e Catalunya e participou, entre outras mostras colectivas, na Semana da Galiza no Gran Casino de Estoril (1981) e no Salón de Arte Contemporánea dos Países Celtas no Festival Interceltique de Lorient (1992). A súa obra está, entre outras coleccións, no Museo de Pontevedra e no Museo das Mariñas de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e gravadora. Formouse con Alberto Castro Couso e Ana Pasarín, cos que aprendeu as técnicas do debuxo, a pintura ao óleo, a xilografía, a linografía, a augada e a sanguina, entre outras. As súas pinturas, bodegóns e paisaxes, evolucionaron dende os valores impresionistas da primacía da luz e da cor ata os expresionistas, onde a pincelada se fai máis longa e na que a pasta de cor é máis grosa. Realizou a súa primeira exposición individual en Vigo (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a forma dun ganglio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. De orixe flamenga, traballou en Santiago de Compostela. Realizou, entre outras obras, unha cruz de prata para Santa Eulalia de Arca (O Pino, 1561), diversas obras para o convento de San Francisco de Viveiro (1562), unha cruz para a igrexa de Santiago de Pontedeume (1563), unha cruz para o mosteiro de Santa María de Oseira (1564-1566) e unha vasilla para a auga bendita acetre co seu hisopo para San Salvador de Celanova (1565). Por motivos que se descoñecen foi desterrado de Santiago en 1566. Ao seu regreso realizou, entre outras obras, unha cruz para Santiago de Franza (Mugardos, 1568), dous candelabros de prata (1571) e un cáliz de prata (1574) para a catedral de Tui, unha custodia para a capela da Corticela (1578) e unha lámpada de prata para San Martiño Pinario.

    VER O DETALLE DO TERMO