"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Goiás (Lalín). O seu cumio acada os 677 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Coiro (Mazaricos). O seu cumio acada os 562 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no Porriño. Obra de Antonio Palacios Ramilo, en que se mesturan os elementos máis característicos do románico, do gótico e do barroco, comezou a construírse en 1921 e rematouse en 1924. Destaca polas estruturas que entran e saen ou se abren a través de arcos semicirculares na planta baixa, onde forman un pórtico de entrada, e no piso superior, onde os arcos se apuntan e se adornan con tracerías neogóticas no balcón. Palacios baseouse nas catedrais-fortaleza medievais e incorporou elementos como as ameas no remate das torres e das partes altas do edificio e contrafortes na torre. Nos arcos laterais da balconada destaca o traballo da filigrana das celosías e na parte baixa dos pórticos sitúase unha decoración a base de festóns e arquiños cegos. En 1976 incendiouse e houbo que modificar todo o interior.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado no val do Duero (2.574 h [2001]). Destaca a agricultura e a olaría. Destaca un castelo do s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, situado en Castela-A Mancha e regado por varios regatos que aflúen no Tajo (2.055 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prelado do Opus Dei. Doutor en Filosofía e Letras e en Dereito Canónico, ingresou no Opus Dei en 1935. Foi ordenado sacerdote en 1944, e secretario xeral do Opus Dei (1940-1947 e 1956-1975). En 1975, á morte do fundador, foi elixido para sucedelo. En 1982 o Papa Xoán Paulo II nomeouno prelado ao erixir en prelatura persoal o Opus Dei.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado como vizcondado por Filipe IV en 1642 a Agustín Sarmiento de Sotomayor y Barros, señor de San Salvador de Sabucedo de Limia (Ourense) e do Portillo (Toledo). O seu sucesor e fillo Francisco Sarmiento de Sotomayor y de los Ríos recibiu de Carlos II o título de conde en 1670.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de San Vicente de Gondrame (O Páramo). O seu cumio acada os 500 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Oza dos Ríos baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Oza dos Ríos. Construíuse en estilo románico a finais do s XII e comezos do s XIII. Pénsase que puido pertencer a un convento templario. Ten planta rectangular dunha soa nave rematada nunha ábsida rectangular, cuberta cunha bóveda de canón apuntada. Destaca o rosetón calado do testeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
sopostallo.
-
-
Persoa que guiaba os cabalos dunha posta.
-
Persoa que ía montada nun dos cabalos dianteiros dunha carruaxe para guiar o resto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña a partir de marzo de 1811. Cesou en 1814. Apareceu baixo os lemas “Rex in sempiternum vivere” e “Vita tamen vinces aversque Troja resurges”. Editada polo frade Xoán Chacón, saíu tres veces á semana. Estaba relacionado co Exacto correo de España en La Coruña, tamén editado polo mesmo relixioso. Os dous xornais atacaban o liberalismo, aínda que o Postillón facíao dun xeito máis violento.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia do Castro de Laza (Laza). O seu cumio acada os 600 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xeólogo e enxeñeiro de minas, fillo de Melchor de Prado Mariño. Estudou matemáticas e ciencias naturais na Universidade de Santiago de Compostela e minas en Madrid. De ideas liberais, durante a súa mocidade participou na creación da Sociedad Patriótica Coruñesa. Traballou como inspector de minas e destacou na confección da parte española do mapa xeolóxico de Europa e pola visión que tiña da xeoloxía como ciencia aplicada. Opúxose á división do mapa xeolóxico de España en provincias propoñendo a división por áreas xeolóxicas e realizou numerosos traballos de paleontoloxía na Cordilleira Cantábrica. Colaborou en Observatorio Pintoresco e editou El Tarraconense. Publicou, ademais de numerosos mapas, Vindicación de la geología (1835), Mapa Geológico y Memoria de la provincia de Madrid (1864), Carta géologique de l’Espagne et du Portugal (1864) e Faune primordiale dans la châine Cantabrique (1890). Membro das sociedades xeolóxicas de Londres...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto, fillo de Melchor de Prado Mariño. Iniciouse co seu pai e obtivo en 1839 o título de arquitecto pola Academia de Bellas Artes de San Fernando. Foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela desde 1840 e como tal encargouse de diversos trazados urbanísticos e construtivos como os proxectos para o Teatro Principal (1841) e para o mercado de abastos (1850), a construción do primeiro cemiterio xeral da cidade, inaugurado en 1847, as escalinatas da universidade (1844) ou o peche do pazo arcebispal na Acibechería (1854). O seu academicismo caracterizouse pola ausencia da monumentalidade e polas composicións sobrias e austeras. Cara a finais da década de 1850 a súa produción volveuse máis ecléctica, sen abandonar as pautas clasicistas. Os seus edificios de vivendas caracterizáronse pola claridade das liñas e das súas obras destacan Santiago de Padrón (1859) e a capela de Santa Minia de Brión (1857), San Pedro de Ribeira (1858) e San Miguel de Arca (1862), o antigo Café Suízo (1858)...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (61.818 h [2001]). A construción da canle á dereita do Llobregat, a mediados do s XIX, transformou a agricultura de cereais de secaño en regadío. Predominan as industrias do sector téxtil, químico, alimentario, do papel, auxiliares e de transformación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, historiador e filósofo bizantino. Ensinou filosofía na restaurada Academia de Constantinopla, ao tempo que alcanzaba os cargos máis altos da administración baixo o reinado de diversos emperadores. Ademais de obras de interese filolóxico, escribiu Eloxios fúnebres, dedicados aos grandes patriarcas da época, Eloxios, dedicados a coetáneos ilustres, a Acta de Acusación de Miguel Cerulario, centenares de Letras e a súa obra máis destacada, Cronografía, relato da historia de Bizancio desde 976 a 1077.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director teatral. Formado no Teatro Experimental Independiente (1970) en Madrid, exerceu como profesor de interpretación e creou o Pequeño Teatro de Magallanes (1971). Realizou diversos traballos no cine e na televisión con coñecidos realizadores, como Mario Camus e Luis Buñuel. En Vilagarcía de Arousa creou a compañía de teatro Ítaca (1979), en que participou como director e escenógrafo de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1980), de C. Casares; Historia do Zoo (1981), de E. Albee; Amantes (Vencedores e Vencidos) (1982), de B. Friel, e Eclipse total (1984), de Ch. Hampton.
VER O DETALLE DO TERMO