Prado Vallo, Casiano de

Prado Vallo, Casiano de

Xeólogo e enxeñeiro de minas, fillo de Melchor de Prado Mariño. Estudou matemáticas e ciencias naturais na Universidade de Santiago de Compostela e minas en Madrid. De ideas liberais, durante a súa mocidade participou na creación da Sociedad Patriótica Coruñesa. Traballou como inspector de minas e destacou na confección da parte española do mapa xeolóxico de Europa e pola visión que tiña da xeoloxía como ciencia aplicada. Opúxose á división do mapa xeolóxico de España en provincias propoñendo a división por áreas xeolóxicas e realizou numerosos traballos de paleontoloxía na Cordilleira Cantábrica. Colaborou en Observatorio Pintoresco e editou El Tarraconense. Publicou, ademais de numerosos mapas, Vindicación de la geología (1835), Mapa Geológico y Memoria de la provincia de Madrid (1864), Carta géologique de l’Espagne et du Portugal (1864) e Faune primordiale dans la châine Cantabrique (1890). Membro das sociedades xeolóxicas de Londres e Francia, pertenceu á Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales e recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica (1865).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso

    Lugar : Madrid