"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Escultor. Residiu en Roma (1767-1678) pero chamado por Gustavo III volveu a Estocolmo, onde fixo o monumento conmemorativo a Descartes e a estatua de Gustavo III. Realizou tamén Amor e Psique e Fauno durmindo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á sericultura.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Saa (A Pobra do Brollón). O seu cumio acada os 1.135 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amina con actividade fortemente vasodepresora que se atopa no soro sanguíneo e nas plaquetas da medula ósea dos mamíferos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Toxina do soro que pode producir anafilaxe. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
PERSOEIRO
Explorador e militar portugués. Gobernador xeral de Moçambique, explorou as rexións mozambicanas e Angola, para constituír unha zona de influencia portuguesa desde o Índico ao Atlántico, política que foi freada por Reino Unido, que a consideraba prexudicial para a súa expansión colonial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento aerófono de embocadura semiesférica, de tubo longo e curvado, en forma de serpe ou S. É entoado en si bemol, cunha extensión de tres oitavas. Acompañaba aos chantres nos actos litúrxicos aínda que tamén era frecuente nas grandes orquestras. Foi desprazado pola tuba ou o trombón baixos.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Saa (A Pobra do Brollón). O seu cumio acada os 1.135 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ciclista. Debutou como profesional en 1993 no equipo Kelme, para logo correr no G. D. ONCE e no Liberty Seguros. Gañou a clásica dos Puertos (1998), a Volta a Galicia (1999), a Vuelta a Castilla-León (2001), a Milán-Turín (2004), e a 18º etapa do Tour de Francia 2005.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ao músculo que ten forma semellante aos dentes dunha serra.
-
Músculo moi fino, aplanado e cuadrilátero, situado na parte postero-superior das costas, que actúa elevando as costelas superiores e contribúe, por tanto, ao ancheamento.
-
Músculo fino, aplanado, cuadrilátero, máis amplo ca o seu homónimo superior; ten as súas orixes internas nas apófises espiñosas das tres primeiras lumbares e das dúas últimas dorsais. É un dos músculos que intervén na expiración, e actúa baixando as costelas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tipo de escritura siria empregada polos xacobitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Células alongadas, dispostas en forma de columnas, que sosteñen e nutren as células xerminativas dos condutos seminíferos.
-
PERSOEIRO
Xeneral romano. Foi tribuno militar en Hispania (98 a C) e legado durante a Guerra Social (91-88 a C). Como Sulla se opuxo á súa elección para o tribunado e entrou no partido democrático de Mario. Nomeado gobernador da Hispania Citerior polas forzas democráticas (82 a C), foi proscrito por Sulla e tivo que fuxir a Mauritania (81 a C), onde desbaratou ao exército deste. Reclamado polos lusitanos, volveu a Hispania onde chegou a establecer, contra o poder de Italia, un verdadeiro estado romano apoiado na amizade dos pobos ibéricos. Foi asasinado nunha conspiración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista, médico e teólogo. Coñecido como Miguel Servet, formouse en teoloxía no mosteiro de Montearagón (1525-1527) e en leis na Universidad de Tolosa, onde tomou o primeiro contacto co ambiente da Reforma. Desde 1530 viaxou por cidades protestantes como Basilea ou Estrasburgo, onde publicou De Trinitatis Erroribus, Libri Septem (1531) e Dialogorum Trinitate (1532), en que afirmaba a existencia dun só Deus, pero negaba a súa manifestación a través de tres persoas, é dicir, rexeitaba o dogma oficial da Trindade. Ademais proclamaba como único intermediario entre o home e Deus a Xesús Cristo, menosprezando o papel da Igrexa e do papado. Ao darse a coñecer as súas ideas, foi perseguido pola Inquisición, polo que marchou a París e despois a Lyon, onde entablou amizade con Simforiano Champier, que o introduciu no estudo da medicina, a xeografía e a astroloxía. Nestes momentos publicou Geografía de Ptolomeo, unha versión da Biblia do dominicano...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Motor empregado nun servomecanismo para producir movementos lineais ou rotativos. Adoita consistir nun cilindro pneumático ou hidráulico ou ben nun electroimán, para desprazamentos rectilíneos, ou nun motor eléctrico, para movementos rotativos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten unha idade de entre sesenta e setenta anos.
-
-
GALICIA
Escritor. Integrante da Xeración do 36, estudou dereito na universidade compostelá e participou na fundación do Partido Galeguista e das revistas Acción e Cristal. Emigrou a Venezuela, onde exerceu como profesor de artes plásticas. Colaborador das revistas Logos e Spes, ilustrou diversos libros, como Nao senlleira (1933), de Bouza Brey, El Libro de Santiago (1948), de Filgueira Valverde, e Da estrela e da fouce (1967), de Sesto Novás. É autor do poemario A lúa está ehí (1972), do opúsculo Pranto a Chariño (1975) e dun Refraneiro da muller (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, arquitecto e político. Integrante do grupo dos Novísimos, participou no movemento estético socialrealista da década de 1960, aínda que co tempo a súa obra foi adquirindo trazos máis persoais. Emigrado a Venezuela (1962), exerceu como catedrático de Deseño Arquitectónico da Universidad Central de Caracas e cofundou o grupo de esquerda “La Causa R” (1971), co que participou activamente na política dese país, e foi nomeado ministro de Cultura da República Bolivariana de Venezuela (2004). Dos seus deseños arquitectónicos destacan o Instituto de Cultura de Maracaibo, o Teatro de Danzas de Venezuela ou a Plaza del Bicentenario. É autor de Da estrela e da fouce (1967) e UPGpoemas (1973), escritos e difundidos na clandestinidade; Porta aberta (1976), Por unha muller (1976), de carácter amoroso; Isolda. Porta Aberta (1990), La más nueva poesía de Venezuela (1981), unha falsa escolma escrita por el mesmo en castelán; Arte poética. Poema...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Milán, Lombardia, Italia (75.421 h [2001]). É un centro industrial do sector nororiental da área metropolitana de Milán, da que dista uns 9 km. A principal rama industrial é a de fundición de aceiro.
VER O DETALLE DO TERMO