serpentón
serpentón
(< serpente)
s
m
[MÚS]
Instrumento aerófono de embocadura semiesférica, de tubo longo e curvado, en forma de serpe ou S. É entoado en si bemol, cunha extensión de tres oitavas. Acompañaba aos chantres nos actos litúrxicos aínda que tamén era frecuente nas grandes orquestras. Foi desprazado pola tuba ou o trombón baixos.