serpentina

serpentina

(< serpentino)

  1. s f

    Fita de papel de cor, estreita e moi longa, enrolada sobre si mesma, que se desenrola cando se lanza ao tela collida por un dos seus extremos.

  2. s f [MINERAL]

    Silicato de magnesio hidratado, Mg 3 Si 2 O 5 (OH) 4 . Mineral que cristaliza no sistema monoclínico e adoita presentarse en masas sen textura. Ten unha dureza de 4 a 6, e unha densidade de 2,5 a 2,6 g/cm 3 . Presenta un brillo de cera ou sedoso nas variedades fibrosas. É de cor xeralmente verde e ás veces amarelo, arrubiado ou gris. En Galicia existen xacementos deste mineral asociado á presenza da serpentinita ou do asbesto (de aplicación na industria téxtil e dos anticombustibles).

Palabras veciñas

serpente | serpentiforme | serpentín | serpentina | serpentinita | serpentino -na | serpentón