"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo inglés. Estudou na University of Cambridge e na de Berlín. Profesor en Londres, Liverpool e Oxford, formulou a lei da inervación recíproca, introduciu termos técnicos e estableceu unha clasificación dos órganos sensoriais. Recibiu o Premio Nobel de Medicina (1932), compartido con E. D. Adrian, polos seus descubrimentos relacionados coas funcións das neuronas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor xaponés. En 1893 fundou a revista Bungaku-kai, voceira do romanticismo xaponés. Escribiu o poemario Wakana-shū (Gromos novos, 1897) e a novela Hakai (Violación das ordes, 1906), coa que se converteu en abandeirado do movemento naturalista do seu país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe xaponés. Foi rexente do imperio (600-621) durante o reinado do emperador Suiko. Introduciu o budismo en Xapón, promulgou un código de leis (604) de influencia chinesa e contribuíu ao desenvolvemento da civilización xaponesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cálculo salivar.
-
PERSOEIRO
Escultor. Interesado polo cubismo en París, en 1915 regresou a Bos Aires, onde expuxo Chica bajando la calle Florida (1924), que o converteu no líder da vangarda escultórica arxentina. Fixo o primeiro relevo abstracto de América do Sur, titulado Puesta de sol (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Meteorito que está constituído esencialmente por materiais de tipo metálico. Conteñen entre un 85% e un 95% de ferro, e o resto é níquel e unha pequena cantidade de cobalto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula vermella inmatura, rica en ferro, que está presente na medula ósea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito anormal en que existen gránulos de ferro non hemoglobínicos, que aparece nos nenos prematuros e en afeccións como a anemia hemolítica crónica, o saturnismo e a anemia perniciosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Meteorito que está composto por ferro e silicatos en proporcións moi semellantes. Clasifícanse segundo as proporcións que existen de ferro e silicatos, e a natureza destes últimos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Helióstato dun só espello, xeralmente nunha montura ecuatorial, que se emprega para observar e estudar a luz dos astros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuncha dos moluscos gasterópodos cando o peristoma presenta unha abertura en forma de canal na súa parte terminal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao gasterópodo cuxa boca se prolonga en forma de sifón.
-
PERSOEIRO
Xurista e poeta italiano. Coñecido como Cino da Pistoia, escribiu Lectura in Codicem. Dante cítao como un importante poeta amoroso do dolce stil nuovo, mais a súa concepción do amor é menos idealizada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Muras. Ten planta rectangular e dous corpos con cuberta de lousa a catro augas. Construíuse en cantaría e cachotaría de granito. A parte máis antiga é a torre vella de finais do s XIII ou comezos do s XIV, á que se lle engadiu no s XV o corpo occidental amodo de vivenda. Na planta baixa ábrese unha porta de arco de medio punto. O antigo escudo que se atopaba na torre coas armas dos Castro e Andrade situouse noutro edificio. No corpo alto da vivenda destaca unha ventá con arco conopial. Foi declarada BIC (1994).
-
-
Denominación xenérica dos anións poliatómicos que teñen o silicio como átomo central, e dos compostos de natureza moi diversa que conteñen eses anións. Os silicatos poden obterse por fusión conxunta da sílice con carbonatos de metais alcalinos, en forma de mesturas complexas, e clasifícanse estruturalmente de acordo co número de osíxenos do tetraedro de SiO 4 que comparten. Cando non se comparte ningún, están os silicatos discretos, que conteñen o anión SiO 4 4- , coñecido como ortosilicato, e dos que destacan a torita (ThSiO 4 ), o circón (ZrSiO 4 ) e os granates. Cando a asociación se produce mediante un só átomo de osíxeno, fálase tamén de silicatos discretos que conteñen o anión Si 2 O 7 6- , coñecido como pirosilicato e que aparece na thortveitita ((Sc,Y) 2 Si 2 O 7 ) e na hemimorfita (Zn 4 (OH) 2 Si 2...
-
Mineral formado esencialmente por grupos tetraédricos SiO 4 que están unidos entre eles directamente ou por catións. Os silicatos son os compoñentes máis importantes das rochas e constitúen, xunto co cuarzo, o 95% da parte coñecida da codia terrestre. Atópanse, en gran parte, como constituínte das rochas ígneas. Son exemplos de silicatos o cuarzo, os feldespatos e as micas. Nas condicións de formación das rochas metamórficas orixínanse unha serie de silicatos. Pola contra, nas rochas sedimentarias non hai formación destes minerais, senón que só hai fases de transformación deles, dos que son máis típicos as arxilas. Os silicatos clasifícanse segundo a disposición dos seus grupos SiO 4 en: nesosilicatos, sorosilicatos, inosilicatos, filosilicatos e tectosilicatos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula da mesoglea dos poríferos que dá orixe ás espículas silícicas que constitúen o seu esqueleto.
-
PERSOEIRO
Poeta. Escribiu o poema épico Punica, en 17 libros, unha narración chea de gusto retórico e de exaltación do sentimento da antiga grandeza romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Piloto de aviación, xornalista e escritor. Foi director de Avion Revue Internacional. Colaborou en La Noche, El Correo Gallego, RNE e TVE, e publicou Bomba a bordo (1982), Matar al presidente (1983), El Hereje (1993), Aeroguía del litoral de Galicia (1996) e Marusía (1997). Recibiu o premio Espejo de España como coautor da biografía Mi vida con Ramón Franco (1981), ademais da Medalla al Mérito Civil e a Medalla al Mérito Aeronáutico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo brasileiro. Profesor da Universidade do Brasil e da Universidade Católica de Rio de Janeiro, traballou sobre o latín vulgar (História do latim vulgar, 1957), o portugués (Manual de filologia portuguesa, 1952; História da língua portuguesa, 1952-1957; e Textos medievais portugueses e seus problemas, 1956), especialmente sobre o portugués de Brasil (Introdução ao estudo da língua portuguesa no Brasil, 1952), e edicións de textos (Diálogos de São Gregório, 1950, e Bíblia medieval portuguesa, 1958). Fundou e dirixiu a Revista Brasileira de Filologia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Doutor en Dereito, foi fiscal nas audiencias de Sevilla e Madrid, comisario de Patrimonio Artístico Nacional de España, director xeral do Instituto de la Seguridad Social, fiscal do Tribunal Supremo e primeiro fiscal do Tribunal Supremo da Comunidad Autónoma de Madrid. Recibiu o Premio Ateneo de Sevilla (1972) e a Medalla de Honor de San Raimundo de Peñafort.
VER O DETALLE DO TERMO