"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
GALICIA
Profesor. Catedrático de Lingua e Literatura de ensino secundario e doutor en Filosofía e Letras, é profesor de didáctica da lingua e da literatura na Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse na formación do profesorado de lingua e literatura, na sociolingüística e didáctica da lingua en Galicia, nos fenómenos de contacto lingüístico entre o galego e o castelán e na avaliación da competencia bilingüe do alumnado. Coordinou e colaborou nas obras Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico (1994), A lingua e a literatura. Algúns aspectos didácticos (2001) e A literatura na educación secundaria (2005), e publicou A lingua como feito social (1996), Proxecto de diversificación curricular. Ámbito lingüístico-social (1997) e, en colaboración, Lingua galega e literatura. A sociolingüística (2000) e Manifestacións de contacto lingüístico en Galicia. Avaliación da competencia do alumnado (en prensa, 2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político portugués. Membro do Partido Social Democrata (PSD), foi ministro de Finanzas (1980-1981) e primeiro ministro de Portugal (1985-1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Inspirado nas farsas de Gil Vicente, cultivou un teatro satírico popular. Escribiu Vida do Grande D. Quixote de la Mancha e do gordo Sancho Pança (1733) e As Guerras do Alecrim e da Mangerona (1737).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Automobilista brasileiro. Coñecido como Ayrton Senna, obtivo 65 pole positions, 41 vitorias en grandes premios e foi campión do mundo en 1988, 1990 e 1991, e subcampión en 1989 e 1993. Morreu nun accidente no GP de San Marino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar brasileiro. Comandante de cabalaría durante a Guerra do Río de la Plata (1825-1827), iniciou a Revolución Farroupilha e proclamou a República Rio Grandense ou do Piratini (1836) e a República Catarinense ou Juliana (1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e estudoso da literatura. Cultivou a crítica, o ensaio, o teatro e, sobre todo, a novela histórica. Da súa obra destaca História de Portugal nos séculos XVII e XVIII (1860-1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s XVIII) Escultor. Formouse no obradoiro de Miguel de Romay e viaxou, con Filipe de Castro, a Portugal e Sevilla. As súas obras caracterízanse polos pregos crebados e polas cabezas angulosas. Instalouse en Santiago de Compostela e traballou no retablo maior de San Martiño Pinario (1733), para o que realizou as imaxes de San Martiño, San Xosé, Santiago Matamouros e San Millán de la Cogolla. Realizou tamén as imaxes dos retablos laterais da Virxe e de San Bieito. Foi autor da imaxinaría do retablo maior de Santa María do Camiño e as imaxes de San Xoán Bautista, da igrexa dos xesuítas, e dúas de Santo Antón Abade, da igrexa de San Bartolomeu de Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á silvicultura.
-
RIOS
Río principal de Sicilia, de 88 km de lonxitude. Nace nos montes Nebrodi, corre en dirección N-S, ao O do Etna, e desauga no Mediterráneo, no golfo de Catania ao S da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mezzosoprano italiana. Debutou no Teatro alla Scala de Milán (1936) e a partir de 1945 obtivo o recoñecemento internacional. Destacou nos seus papeis de Rosina, Cinderella e Carmen. Retirouse en 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Orador romano. Como defensor do paganismo, polemizou con santo Ambrosio. Del consérvanse cinco discursos, corenta relationes oficiais e dez libros de cartas ao estilo de Plinio. Editou a Livio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Francisco Simón Álvarez Pérez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión cirúrxica dunha parte do sistema nervioso simpático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
simpatectomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de excitación ou predominio do ton do sistema nervioso simpático, que se caracteriza polo espasmo vascular, aumento da tensión arterial, midríase ou taquicardia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor que se forma a partir das células do sistema nervioso simpático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor que se orixina a partir das células do sistema nervioso simpático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona desértica de Australia central, situada entre o lago Eyre e o altiplano de Barkly (100.000 km2).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura proteica que aparece durante a profase meiótica e que intervén no entrecruzamento dos cromosomas homólogos que interveñen na sinapse. A súa función é a de manter unidas as rexións homólogas dos cromosomas homólogos durante a profase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adhesión que se produce do globo ocular aos tecidos orbitarios.