"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Papa (1471-1484). De nome Francesco della Rovere o seu pontificado, caracterizado polo nepotismo, enfrontouno a Florencia (1478), Nápoles (1482) e Venecia (1483). Outorgoulles a Inquisición aos Reis Católicos para todos os reinos peninsulares (1478). Introduciu a festa da Inmaculada Concepción (1476) e encargou a construción da Capela Sistina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1585-1590). De nome Felice Peretti, foi inquisidor en Venecia (1557), bispo de Sant’Agata dei Goti (1566) e de Fermo (1571-1577). Aplicou a reforma tridentina que reestruturaba a curia romana (1588) e fixou en setenta os membros do colexio cardinalicio. Preocupouse polos problemas urbanos de Roma; de feito, un dos acuedutos que fornecen de auga a cidade leva o seu nome (Acqua Felice).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou nas igrexas de Santa María de Dozón e San Xoán do Sisto, así como en Santa María de Augas Santas e Santa María de Cobelas. Destaca a representación do Lavatorio en San Xoán do Sisto.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Dozón. Realizada en cantaría de granito, presenta planta rectangular e cuberta a dúas augas. A zona do presbiterio atópase máis elevada e, ao lado N deste, anexouse a sancristía. Na fachada destaca a portada alintelada, sobre a que se abre unha pequena fiestra abucinada e a espadana de dous vans. Colocáronselle contrafortes nas esquinas, aínda que con carácter decorativo e rematados por pináculos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fase da actividade cardíaca en que se produce a contracción das aurículas e dos ventrículos e en que o sangue procedente das aurículas pasa aos ventrículos e de aí á arteria aorta e á arteria pulmonar. Xunto coas diástoles, auricular e ventricular, constitúe o ciclo cardíaco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á sístole.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado nun determinado lugar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sit(io/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Temor morboso á inxestión de alimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de coñecementos relativos á dieta, á nutrición ou á alimentación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bulimia de orixe psíquica que se manifesta por unha necesidade imperiosa de inxerir alimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fitosterol que ten unha cadea lateral con substituíntes carbonados.
-
PERSOEIRO
Rei de Austrasia e de Metz (561-575), fillo de Clotario I. Repartiu o reino franco cos seus irmáns Guntram I e Khilperico I de Neustria-Soissons. En 566 casou con Bruniquilda, quen alentou as súas loitas con Khilperico I. Chegou a conquistar Neustria, pero morreu asasinado por orde da Fredegunda, amante de Khilperico I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Austrasia (613), fillo de Teodorico II de Borgoña-Austrasia. Sucedeuno sendo aínda menor de idade e os magnates negáronse a recoñecelo polo odio que lle tiñan á súa avoa Bruniquilda, polo que o entregaron a Clotario II, que o fixo asasinar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Austrasia (639-656), fillo e sucesor de Dagoberto I. Para satisfacer aos austrasianos instalouse en Metz (634), e ao suceder ao seu pai no reino de Austrasia deixou o exercicio do poder en mans do mordomo da Corte, Grimoaldo. Tivo un fillo, Dagoberto II, a quen designou como sucesor.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico cirurxián e galeguista. Fundou o Instituto Policlínico La Rosaleda (1964), a Sociedad de Cirugía de Galicia (SOCIRGA, 1974) e a Sociedad Gallega de Cirugía Ortopédica y Traumatología (SOGACOT, 1980), da que foi o seu primeiro presidente e presidiu a Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología (SECOT, 1982). Foi un dos fundadores da S D Compostela (1962), da que foi nomeado presidente de honra en 1985, conselleiro da editorial Galaxia (1954) e director xerente da editorial SEPT (1969). Participou no Partido Popular Galego (PPG) e en Realidade Galega (REGA). Foi patrón fundador do Museo do Pobo Galego (1976), conselleiro do Instituto Galego de Información (1979), secretario do Consello da Cultura Galega (1983), patrón das fundacións Penzol (1988), Castelao (1989), Camilo José Cela (1990) e Alfredo Brañas (1994), membro do consello reitor do Centro Ramón Piñeiro (1995) e presidente do Patronato Rosalía de Castro (1970-2004) e da Fundación Otero Pedrayo (1979-2004). Escribiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico sueco. Dirixiu Tösen fr<n stormyrtorpet (A moza da turbeira, 1917), Mästerman (O mestre Samuel, 1920), Körkarlen (A carreta pantasma, 1921), The Scarlet Letter (1926) e, especialmente, The Wind (1928). Traballou de actor en Ordet (1943) e en Smultronställert (Amorodos ventureiros, 1957).
VER O DETALLE DO TERMO