"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Louis-Ferdinand Destouches.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e astrónomo sueco. Profesor de astronomía na Universidade de Uppsala (1730-1744), coñécese sobre todo por ser o autor da escala centígrada de temperaturas, denominada posteriormente escala Celsius. No 1736 participou na expedición francesa a Laponia para medir un grao do meridiano. Construíu e dirixiu o Observatorio de Uppsala (1740). Entre as súas obras cómpre destacar Disertatio de nova methodo distantiam Solis a Terra determinandi (Disertación sobre un novo método para medir a distancia do Sol á Terra, 1730) e Disquisitio de observationibus pro figura Telluris determinanda in Gallia habitis (Observacións feitas en Francia para determinar a figura da Terra, 1738).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciouse en Ciencias Políticas e Económicas na Universidad de Madrid. Foi director do departamento de difusión do Instituto Nacional del Libro Español, director da revista El Libro Español e profesor na Escuela de Librería de Madrid. Publicou, entre outros libros, Edición y comercio del libro español 1900-1972 (1972) e Historia del Derecho español de prensa e imprenta 1502-1966 (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Doutora en Historia da Arte Antiga e Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), ampliou estudios en Estrasburgo, París e Perugia. Profesora de historia da arte na facultade de Xeografía e Historia dende 1994, especializouse no estudo da iconografía da morte na escultura funeraria do medievo galego. Realizou traballos de investigación relacionados coa diocese de Tui-Vigo, como a confección do seu inventario mobiliario litúrxico e o estudo histórico e estrutural da catedral tudense. Colaborou, entre outras publicacións en Tuy. Museo y Archivo histórico diocesano, Museo de Pontevedra, Cuadernos de Estudios Gallegos e Archivo Español de Arte. Dirixiu a colección de historia da arte da Fundación Cultural Rutas do Románico. Foi coautora, entre outras obras, de A comarca do Deza (1998), Pola beira do Miño en Galicia e Portugal (1999) e Arte y poder en la Galicia de los Trastámara: la provincia de La Coruña (2000). Entre as súas obras destacan La catedral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do extremo occidental da ría de Pontevedra, situado ao N da illa de Ons, fronte á punta Centolo, no litoral da parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vicerrei de Nueva España (1688-1696) e conde de Galve, fillo do cuarto duque de Pastrana e de Catalina de Mendoza, duquesa do Infantado. Durante o seu goberno enfrontouse aos ataques franceses en Texas (1690) e na illa de La Española (1692), sufocou con dureza unha rebelión da poboación indíxena na cidade de México motivada pola fame e pacificou Nuevo México en 1692. Antes de cesar nas súas funcións, fortificou a baía de Pensacola, en Florida, coa creación do núcleo da actual cidade no 1696. Posteriormente, volveu a España e morreu ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca de Andévalo, provincia de Huelva, Andalucía (2.785 h [1996]). Está accidentado pola serra de Aracena e drenado polo río Oraque. A base da súa economía é a agricultura e as explotacións das minas de pirita e cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Graduada en Psicorientoloxía pola University of Laredo (Texas), realizou cursos de dereito na Université de La Sorbonne e de socioloxía en Helsingor (Dinamarca). Residiu en Suíza (1972-1975), onde ocupou o cargo de secretaria da Federación de Entidades Españolas dos cantóns de St. Gallen e Appenzell. Ao seu regreso integrouse na política local de Vilagarcía e ocupou a secretaría xeral da Xunta local do PP. Foi deputada do Parlamento galego, polo PP, na IV lexislatura (1993-1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, botánico e filósofo italiano. Foi profesor de medicina e director do xardín botánico de Pisa (1555) e, dende 1592, médico de Clemente VIII. Describiu coidadosamente a morfoloxía das flores e dos froitos na súa obra De plantis libri XVI (Libro XVI sobre as plantas, 1583), onde introduciu unha clasificación baseada nestes caracteres. Son importantes os seus estudios sobre a circulación do sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. Ten planta de cruz latina cunha soa nave, reconstruída en estilo barroco no ano 1725 polo mestre de obras Antonio López. Conserva a ábsida semicircular precedida dun tramo recto con trazas e ornamentación románicas que se corresponden co templo anterior. O arco triunfal é de medio punto e descansa sobre columnas entregadas con capiteis, un deles con decoración vexetal, o outro presenta a dous cuadrúpedes afrontados e agarrados polas extremidades dianteiras. Reforzando a bóveda do interior atópase un arco faixón de igual directiz que o triunfal, con capiteis vexetais moi deteriorados. No testeiro da ábsida destaca unha tripla arquería con arcos de medio punto apoiados sobre xambas que enmarcan estreitas fiestras abucinadas. No exterior o hemiciclo divídese en cinco panos pola adición de contrafortes que coinciden co faixón do interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Emigrado a Arxentina, ingresou no exército e participou como capitán das milicias de Río Negro na guerra con Portugal (1801) e na liberación de Bos Aires, ocupada polos ingleses en 1806. En 1814, como comandante militar da praza de Paysandú (Uruguay), axudou os exércitos españois que estaban asediados en Montevideo polos independentistas. Unha vez finalizado o proceso independentista, trasladouse a España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Participou na Guerra Civil española e na Resistencia francesa. Da súa produción destacan as obras Rien qu’un témoignage (Nada máis que un testemuño, 1937) e La superbe (A soberbia, 1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traxe de deporte, formado por un pantalón e unha chaqueta de tecido lixeiro, usado para adestramento ou como vestimenta informal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe mariño de corpo estreito e moi alongado, coas aletas dorsal e anal dispostas moi atrás, pertencente ás familias dos belónidos e dos escombresócidos, da orde dos ateriniformes.

    2. Peixe de corpo moi delgado e case cilíndrico, de ata 70 cm de lonxitude. Posúe mandíbulas longas e finas, a inferior moito meirande ca a superior. O dorso presenta unha cor entre azul e verde, e o ventre arxénteo. O esqueleto, que contén fosfatos de ferro, é de cor verde. É unha especie gregaria que forma numerosos bancos e aliméntase de peixes de menor tamaño. Adoita aparecer preto da superficie e, ao ser perseguido polos depredadores, chega a lanzarse fóra da auga. Pertence, ao igual que os peixes voadores, á familia dos exocetoides. Na primavera e no verán achégase ao litoral. É unha especie de interese para a industria conserveira. Tamén recibe o nome de agulla.

    3. Peixe epipeláxico de corpo comprimido e moi longo, que acada os 45 cm de lonxitude. Presenta dorso azul iridiscente e ventre prateado, a mandíbula inferior un pouco máis longa ca a superior, e entre 5 e 7 pequenas aletas detrás das aletas dorsal e anal. Tamén recibe o nome de alcrique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Nigrán baixo a advocación de san Xosé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía india establecida ao comezo do s IX no Bundēlkhand (India Central), con capital en Mahobā e despois en Khajurāho. O seu período máis brillante comprende os ss XI e XII. No s XIII someteuse á vasalaxe de Delhi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital dos estados de Punjab e Hariyāna e dos territorios de Chandīgarh, na India (114 km2; 510.565 h [1991]). Está situada nos contrafortes do Himalaia. Creouse con motivo da integración da antiga capital do Punjab (Lāhore), en Paquistán. Planificada polo arquitecto francés Le Corbusier, contou coa colaboración de Maxwell Fry, Jane Drew e Pierre Jeanneret. Le Corbusier realizou os catro palacios do Capitolio: a casa do goberno, o parlamento, o palacio dos ministerios e o palacio da corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor norteamericano. Foi un dos cultivadores máis destacados da novela negra nos EE UU e nos seus relatos describe a corrupción da sociedade americana. Comezou a súa traxectoria literaria en 1939 coa novela The Big Sleep (O gran soño). Posteriormente publicou The Lady in the Lake (A muller no lago, 1943) e The Long Goodbye (O longo adeus, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de san Ramón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador indio (375?-414). Foi o terceiro membro da dinastía Gupta. Chegou ao trono despois de asasinar o seu irmán, Ramā Gupta, e casar coa súa muller. Proseguiu a política do seu pai Samudragupta, conquistou o reino Śaka arredor do ano 388 e estableceuse na súa capital, Ujjain. Asegurou o seu imperio mediante alianzas matrimoniais. Alcanzou fama de emperador benévolo e bo administrador, estimado polos seus vasalos. Con frecuencia identificouse co lendario Vikramāditya, unha especie de rei Salomón da India.

    VER O DETALLE DO TERMO