"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
GALICIA
Xurista. Foi presidente do Tribunal Superior de Justicia de Cantabria, da Audiencia de Sevilla e da sala do Contencioso-Administrativo da Coruña. Foi un dos fundadores de Justicia Democrática (1975) e participou na creación de Jueces para la Democracia (1983). Colaborador das revistas Justicia e Poder Judicial, é autor de Los comunistas y la reforma de la Administración de Justicia (1981), en colaboración con outros autores; El poder judicial (1986), en colaboración con Perfecto Andrés Ibáñez; El Estatuto de Autonomía de Cantabria. Perspectivas doctrinales y prácticas (1994), Libertades públicas y derecho administrativo (1994) e El compromiso cívico del juez demócrata: la labor periodística (1999). Postumamente, editouse o volume Homenaje a Claudio Movilla (1999), promovido pola Fundación Sotelo Blanco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo elaborado en Lacio e en Campania, orixinariamente con leite de búfala e actualmente de vaca. É de pasta tenra, branca e compacta, cru, caseificado entre 32° e 35° C, de maduración rápida e de sabor doce agradablemente acidulado.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Toén. De estilo plateresco, foi mandada construír polo abade Bartolomé García de Bahamonde (1570-1580). A fachada está realizada en estilo herreriano e conta con dúas torres de planta cadrada. No interior destaca a decoración pitórica, atribuída ao demominado pintor de Banga que representa unha iconografía completa coa natureza da alma, por unha banda, e a esfera dos vivintes, por outra.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Nogueira de Miño (Chantada) e Erbedeiro (Carballedo). O seu cumio acada os 634 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modo de funcionamento dun ordenador que permite realizar distintas tarefas ou procesos simultaneamente.
-
PERSOEIRO
Arqueóloga hindú. Naturalizada británica, dirixiu escavacións en Malta e en Menorca e publicou as primeiras memorias sistemáticas de escavacións en poboamentos talaióticos menorquinos coa serie Cambridge Excavations in Minorca: Trepucó (1932-1938) e Sa Torreta (1934). Tamén publicou Ancient Egyptian Legends (1904), The Genesis of Religion (1963) e My First 100 Years (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte sacra situado no mosteiro de San Paio de Antealtares, en Santiago de Compostela que abriu ao público en 1971. Atópase no lenzo O do claustro do s XVII. Os seus fondos están formados por obxectos litúrxicos (roupa litúrxica e ourivaría), pinturas, imaxinaría e pezas arquitectónicas. Destaca a ara de mármore que, segundo a tradición, formou parte do primitivo altar erixido sobre a tumba do Apóstolo Santiago. No seu arquivo consérvanse documentos medievais e modernos relativos á historia do convento, da cidade e de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo municipal situado no antigo edificio das Escola Graduadas de Ponteareas, sede do Centro Cultural Isidoro Bugallal. Pertence ao Consello Galego de Museos. Os seus fondos están dedicados á historia de Ponteareas e da súa comarca. Dedica tamén un espazo á festa do Corpus Christi e á lembranza de Gabino Bugallal Araújo e Fermín Bouza Brey, ademais de mostrar unha coleccción de obras de artistas locais. Desde 1998 conta co Centro de Recuperación de Cultura Popular, dedicado á recuperación do patrimonio cultural popular e instalado, desde 2001, no castelo de Sobroso.
-
PERSOEIRO
Tenista. Comezou a xogar aos catro anos co seu tío Toni, que segue a ser o seu adestrador. Xogaba a dúas mans, pero o seu tío o pasou a zurdo. Tetracampión de Roland Garros (2005, 2006, 2007 e 2008), gañador do Torneo de Wimbledon (2008) e do Aberto de Australia (2009). Medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín (2008). Forma parte do Equipo de Copa Davis de España desde 2004, que gañou en tres ocasións (2004, 2008 e 2009). Posúe o récord de vitorias consecutivas sobre unha mesma superficie, 81 en terra batida, e é o tenista español co meirande número de títulos individuais, 36. No ano 2008 recibiu o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón, situada a 20 km ao N de Toquio (144.335 h [estim 1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo, poeta e crítico literario armenio. Demócrata revolucionario e profesor de armenio en Moscova, foi preso e deportado. Dos seus traballos de ensaio descatan Reč ob arm’anskoj slovesnosti (Discurso sobre filosofía armenia, 1854) e Sos e Varditer (1860).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores e verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘nariz’.
-
RIOS
Río de Polonia (480 km) que nace preto de Bialystok, preto da cidade de Brest, e que se une ao río Bug ao N de Varsovia para enlazar máis abaixo co Vístula.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ucraíno. Foi o autor das novelas Rossijskij Žilblaz (O Gil Blas ruso, 1814) e Bursak (1825).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e poeta, segundo conde de Noroña (1792). Durante a guerra contra a Revolución Francesa ascendeu a comandante (1792) e coronel (1793). Foi segundo comandante do exército e Reino de Galicia e, como tenente xeneral, mandou unha división durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e defendeu Pontesampaio fronte ao xeneral M. Ney. Apoiou a postura do marqués de La Romana á fronte da Xunta Suprema de Galicia. Escribiu Poesías (1799) e Poesías asiáticas (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. Profesora do Internationale Sommerakademie für Bildende Kunst Salzburg desde 1999, na década de 1980 realizou escenografías e intervencións en espazos de arquitectura pública e privada. Participou nas feiras de arte Arco de Madrid, Fiac de París, Art Cologne de Colonia e Fia de Caracas. Como mostras individuais da súa produción destacan Instalación (1977), Interiores con bombilla (1985), Almacén de silencios (1996) e Trasluz (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Locutora e condutora de programas de TVE en Galicia, foi membro do Consello de Administración da RTVG, locutora da Cadena SER ata 1980 (Hora 25, Matinal Cadena SER e correspondente da SER en Galicia), ademais de colaborar en La Voz de Galicia e pertencer á redacción da revista Andaina. Participou na elaboración de Cultura e medios de comunicación nas sociedades dependentes (1982) e Rosalía de Castro: unha obra non asumida (1985). Recibiu o Premio Nacional de Radio polo seu traballo na SER.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do grego Nazaréth a través do latín Názareth, adaptacións do antigo hebreo para a cidade palestina de Nasrat, que significaba ‘a gardiá, a gardadora’. A súa festividade celébrase o 28 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
escola nazarena.