"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
PERSOEIRO
Escritor. Participou na guerra de Las Alpujarras (1569) e escribiu Guerras civiles de Granada, unha obra dividida en dous libros con personaxes e feitos comúns, pero temporalmente distanciados en máis de medio século. Centrada na ocupación mourisca de Granada, a primeira parte publicouse en 1595, e coñeceuse co título de Historia de los vandos de zegríes y abencerrages; a segunda, en 1619.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Cultivou a paisaxe de estilo impresionista. Empregou pinceladas diferenciadas e soltas cunha paleta rica en verdes, carmíns e grises, que parecían fundirse entre elas, xunto con matices de cor. Nas súas obras dominou a frondosidade da vexetación e deixou entrever a escena principal do cadro. Destacan El valle (1949?), Paisaje de la Ría (1960?), El Barquero (1962?) e Feria de Otoño (1975?).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crítico da arte, escritor e político. Foi gobernador civil da provincia de Isabela (Filipinas) entre 1898 e 1899, onde o martirizaron, sentenciaron a morte e mantiveron como prisioneiro de guerra. Escribiu Anales del Teatro y de la Música. Año Primero 1883-1884 (1884), obra fundamental para o coñecemento da vida teatral e musical madrileña de finais do s XIX, e Pérdida de la Provincia de la Isabela de Luzón (Islas Filipinas) (1900).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai ou vende pergamiños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
dinófito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao perineo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación aguda ou crónica da envoltura adiposa do ril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parede músculo-membranosa, de forma romboidal, que forma o solo da gran cavidade abdominal. Está atravesado pola uretra, polos órganos xenitais e polo recto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía plástica do perineo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sutura dun esgazamento perineal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
aíña que envolve os funículos nerviosos ou grupo de fibras nerviosas en cada nervio.
-
GALICIA
Deseñador gráfico. Formouse na Escuela EINA de Barcelona e en 1992 creou Permuy Asociados SA. O seu traballo esténdese aos campos da identidade corporativa, o deseño de marcas e logotipos, o deseño de publicacións e o deseño editorial, empresarial e institucional. Destacan, entre outras, os traballos realizados para o Xacobeo 99, o Consorcio de Santiago de Compostela, a Fundación Eugenio Granell, o Centro Dramático Galego e Galicia Terra Única. Participou, entre outras, nas mostras Barcelona 92, la creativitat gráfica a l’esport olímpic (1989), Galicia: tradición y diseño (1991) e Signos del Siglo. 100 años de Diseño Gráfico en España (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e nos Países Baixos e Reino Unido. Nun primeiro momento recibiu a influencia racionalista, como o emprego da cuberta plana e do vidro e o formigón, e despois incluíu elementos rexionalistas, como a galería de cristais, ou eclécticos, como a mansarda. Participou no Plan de Escuelas Rurales e no Plan e Vigencia de Escuelas de Vigo, baixo o Ministerio de Educación y Ciencia, polo que construíu un bo número de colexios públicos. Realizou tamén edificios de vivendas e, entre outras obras, o centro parroquial de Santa Baia de Alcabre (1996). O seu interese pola música levouno o deseño de salas de música e en 1988 recibiu o Premio Dragados y Construciones da Fundación CEOE pola rehabilitación do antigo Teatro García Barbón de Vigo (Centro Caixanova).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora francesa. Conservadora de museos e arquivos nacionais, centrouse no estudo da historia da Idade Media francesa. Da súa bibliografía destacan Lumière du Moyen Âge (1944), Vie et mort de jeanne d’Arc. Les témoignages du procès de réhabilitation, 1450-1456 (1953), Les Croisés (1959), Histoire de la Bourgeoisie en France (1960-1962), La femme au temps des cathédrales (1980), Les saints au Moyen Age (1984) e Hildegarde de Bingen. Conscience inspirée du XIIe siècle (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e político francés, fillo de Nicolas Perrenot de Granvelle. Bispo de Arrás (1540), contribuíu á negociación da Paz de Augsburgo entre o Emperador Carlos V e os príncipes protestantes (1555). Estivo ao servizo de Filipe II e interveu nas conferencias de Marcoing e de Cercamps (1558), que prepararon o Tratado de Cateau-Cambrésis. Foi nomeado arcebispo de Malinas en 1560.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de pertinente.
-
Propiedade que permite a un fonema, a un trazo fonolóxico, etc, asegurar unha función distintiva nunha lingua dada, ao opoñerse ás outras unidades do mesmo nivel. Cando a unidade considerada perde esta función distintiva non hai pertinencia.
-
-
-
Que garda relación ou que é propio do que se expresa.
-
Que resulta adecuado ou útil para algo.
-
Aplícase a un trazo fónico que é fonoloxicamente relevante. Cada lingua ten a súa particular organización de trazos pertinentes e non pertinentes, desde o punto de vista fonolóxico. Nunha palabra como casa, o trazo de non sonoridade do primeiro fonema é pertinente na medida en que se distingue de gasa.
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Foi pintor oficial de Federico I de Prusia e do seu fillo Federico II de Prusia o Grande. Decorou as residencias reais de Charlottenburg, Postdam e Sans-Souci, e cultivou o retrato (Federico II e o seu irmán Guillerme, 1714).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de madeira que une as abeacas coa rabiza do arado.
-
GALICIA
Xornalista. Xefe de prensa do Centro Galego de La Habana e colaborador de diversas publicacións periódicas en Cuba, fundou e dirixiu os periódicos La Raza, La Región Gallega, xunto a Enrique Zas, Suevia, con Ricardo Carballal, e Vivero en Cuba. Relacionado con Manuel Murguía, Curros Enríquez e Fontenla Leal, foi un dos impulsores da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega e colaborador das sociedades galegas de instrución. É autor de Discurso: seguido de breves apuntes sobre la vida y la obra del glorioso maestro Montes (1926?). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO