"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Mestre e político. Coñecido co alcume de Pedrosa, residiu en Ferrol onde, en 1890, fundou e dirixiu El Obrero, primeiro semanario socialista de Galicia, ao que substituíron La Voz del Obrero (1894), El Bien del Obrero (publicación que contou na súa xénese coa participación persoal de Pablo Iglesias durante a súa estadía en Ferrol en decembro de 1899) e La Antorcha Social (1902). En febreiro de 1891 fundou e presidiu en Ferrol a primeira agrupación socialista galega, integrada inicialmente por 40 persoas, das que 38 eran traballadores manuais e dúas mestres. Convertido en líder do socialismo ferrolán (na prensa da época fálase del como sucesor de Pablo Iglesias, con quen participou en numerosos mitins, tanto en Ferrol como na Coruña e Santiago de Compostela), acudiu como delegado, en representación das agrupacións de Ferrol e da Coruña, ao Congreso do Partido Socialista celebrado en València en 1892. Representou a candidatura socialista nas eleccións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro naval, mariño e político. Como enxeñeiro traballou en Bazán (1970-1983) e dirixiu os estaleiros Astafersa (Astilleros y Talleres Ferrolanos SA, 1986-1990) e a oficina técnica naval Prior. No eido deportivo, ocupou a presidencia do Club Baloncesto OAR (1960-1994) e foi fundador e presidente da Asociación de Clubes de Baloncesto (ACB). Deputado pola Coruña no Parlamento galego na III e en parte da IV lexislaturas (1990-1995) polo Partido Popular, foi nomeado conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, cargo desde o que traballou na posta en marcha dos plans de electrificación rural, telefonía rural, residuos industriais, gasificación e o plan eólico. En 1995 fundou Independentes por Ferrol, formación pola que foi elixido concelleiro de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Co rango de capitán, foi destinado a Marrocos (1909), onde as súas accións de guerra foron recompensadas co ascenso a comandante e coa concesión da cruz laureada da Real y Militar Orden de San Fernando. Desempeñou varios cargos diplomáticos, como agregado militar á Legación Española en Berna (1918) e membro da Comisión Internacional reunida en Polonia para tratar do conflito de Vilna (1920). Publicou España y su pueblo, en inglés. Recibiu, entre outras condecoracións, as de oficial do Imperio Británico, de San Bieito de Avis, de Portugal, a Légion d’Honneur de Francia e a Medalla de Ouro da Cruz Vermella española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e perito mercantil. Colaborou na prensa e da súa produción destaca Homes do espazo (1976), Galicia lonxana (1995) e A meiga de Naia e outros relatos (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástica. Formouse na Escuela de San Fernando (1961-1964) e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid (1966). Especializouse no traballo con materiais refractarios e pertenceu ao Instituto de Cerámica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Realizou exposicións individuais en Madrid, París e A Coruña. A súa obra está presente no Museo de Arte Contemporáneo de Madrid e no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, político e xornalista. Foi director xeral do corpo de Carabineiros co goberno de Negrín, durante a Guerra Civil. Exiliado en México, dirixiu a revista Saudade e foi membro fundador da Alianza Nazonal Galega, en 1943.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Gafas, ingresou nas Juventudes Socialistas en 1931 e, trala revolución de outubro de 1934, foi designado membro do comité executivo do PSOE de Asturias. Ao remate da Guerra Civil estableceuse en Casaio para unirse aos fuxidos. En 1943 foi un dos principais líderes da guerrilla do leste de Ourense. Tras padecer unha enfermidade ocular, saiu para Francia en outubro de 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou pintura na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1943). Na Coruña foi profesor na Escola de Náutica e Máquinas (1948), no Instituto Masculino (1950), na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios Artísticos (1957), da que foi director. Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1969), foi dende 1980 vogal do padroado do Museo de Belas Artes da Coruña. Presidiu a Asociación de Artistas da Coruña (1952-1953). Realizou numerosas exposicións individuais na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Duque de Fernández Miranda. Catedrático de Dereito Político, desempeñou diversos cargos na educación, como director xeral de Ensino Universitario e delegado nacional de Cultura y Formación del Movimiento. Ministro secretario xeral do Movemento desde 1969 e vicepresidente do Goberno entre xuño de 1973 e xaneiro de 1974, a partir de decembro de 1975 ocupou a presidencia das Cortes e do Consello do Reino, desde onde propiciou a Lei de Reforma Política e o nomeamento de Adolfo Suárez como presidente do consello de ministros. Abandonou os seus cargos un mes antes das eleccións de xuño de 1977 e foi senador por designación real desde 1979. Entre os seus escritos cómpre salientar La justificación del Estado (1946) e Estado y Constitución (1975). Foi distinguido co Toisón de Oro e condecorado coas cruces do Mérito Civil e de Alfonso X el Sabio, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Xefe de informativos e programas de RNE. Foi director de RNE en Vigo e Ourense, redactor de Marca, correspondente en Vigo de La Voz de Galicia e da axencia EFE, xefe de informativos de RNE en Vigo e xefe de deportes de El Pueblo Gallego. Escribiu La historia del Real Club Celta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Mallorca e príncipe de Acaia (1315-1316), fillo de Xaime II de Mallorca e de Esclarmunda de Foix. Coñecido como Fernando de Morea, estivo nas cortes de Xaime II de Aragón e Federico III de Sicilia, que o enviou como o seu lugartenente na Compañía Catalana. Trasladouse a Gallipoli en 1307 e fixérono prisioneiro os venecianos en Negroponte. Trasladado a Nápoles, foi liberado en 1308 e volveu á corte de Xaime II de Aragón, co que participou na expedición a Almería (1309). En 1312 trasladouse a Sicilia, onde recibiu de Federico III de Sicilia o feudo de Catania e o castelo de Ursino. Participou nas loitas entre Nápoles e Sicilia e en 1314 casou con Isabel de Sabran, neta de Guillerme de Villehardouin, príncipe de Acaia. Posteriormente, casou en segundas nupcias con Isabel de Ibelin. Morreu loitando por defender os dereitos do seu fillo, o futuro Xaime III de Mallorca, fronte a Luís de Borgoña e Xoán de Orsini en Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Colaborou con A. Algardi e G. L. Bernini en Roma. Das súas obras destaca San Bernardino na igrexa de Santa Maria della Pace de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico italiano. Colaborou con Luigi Comencini e Alberto Luttada na fundación da Cineteca de Milán e en varias películas. En 1955 chegou a Madrid como produtor executivo de varias películas e alí coñeceu a Rafael Azcona, que escribiu os guións de varios filmes que rodou como El pisito (1958) ou El cochecito (1960). Outras producións destacadas da súa carreira son Dillinger è morto (Dillinger morreu, 1969), La grande abbuffata (A grande enchenta, 1973), Ciao maschio (Adeus ao macho, 1977), Il futuro è donna (O futuro é muller, 1984), La casa del sorriso (1990), que obtivo o Goldener Berliner Bär do Internationale Fimfestspiele Berlin, ou La carne (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Especializado en historia rusa e soviética, foi director da École de Hautes Études en Sciences Sociales (EHESS), codirector da revista Annales (1970) e director do Institut du Monde Soviétique et de l’Europe Centrale et Orientale. Foi pioneiro na utilización do cine como medio de estudar a historia. Das súas numerosas obras destacan La Grande Guerre (A gran guerra, 1969), Cinéma et Histoire (Cine e historia, 1977) e Histoire des colonisations (Historia das descolonizacións, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en La Habana a partir de febreiro de 1911. Trátase do voceiro oficial da sociedade homónima. Impresa nos obradoiros tipográficos Siglo XX, era gratuíta para os socios da entidade. Ademais da información societaria, incluía poemas, ilustracións fotográficas e nela colaboraron destacados galeguistas instalados en Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comarca urbana situada no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N e O co Océano Atlántico, ao S coas rías de Ferrol e Ares, e ao L coas comarcas de Ortegal (concellos de Cariño, Ortigueira e Cerdido) e O Eume (As Pontes de García Rodríguez, A Capela e Cabanas). Abrangue unha superficie de 625,4 km2 nos que acolle unha poboación de 161.739 h (2001), distribuídos nos concellos de Ares (18,3 km2; 5.003 h), Cedeira (85,4 km2; 7.500 h), Fene (27,4 km2; 14.496 h), Ferrol (83,1 km2; 77.950 h), Moeche (48,5 km2; 1.489 h), Mugardos (12,8 km2; 5.718 h), Narón (67 km2; 32.204 h), Neda (24 km2; 5.958 h), San Sadurniño (99,9 km2; 3.220 h), As Somozas (70,9 km2; 1.396 h) e Valdoviño (88,1 km2; 6.805 h). A cidade de Ferrol é o centro funcional indiscutible, aínda que nos sectores máis afastados se producen significativas superposicións de influencia entre a cidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor maligno de tecido conxuntivo con abundantes elementos fibrosos que poden ser fibras coláxenas ou de reticulina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xefe dunha tribo ou maxistrado dunha cidade, na antiga Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe do Reino Unido (1957), duque de Edimburgo, conde de Merioneth e barón de Greenwich, fillo de Andrés de Grecia e de Alicia de Battenberg. Foi educado en Inglaterra polo seu tío materno, o almirante Louis Mountbatten, e adoptou este apelido ao naturalizarse británico en 1947, ano en que casou coa Raíña Isabel II de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (244-249). Prefecto do pretorio baixo o Emperador Gordiano III, organizou a súa morte e sucedeuno. Asinou a paz cos persas (244) e mantivo boas relacións co Senado. Despois da súa derrota na Batalla de Verona fronte a Decio, comandante do exército do Danubio, morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO