"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • PERSOEIRO

    Príncipe de Borgoña, fillo de Guillerme I, conde de Borgoña, e pai de Afonso VII. Chegou á Península Ibérica en 1086 coa cruzada organizada para apoiar a Afonso VI na súa loita contra os almorábides, tras o desastre sufrido por este último na Batalla de Sagrajas (1086). Casou coa infanta Urraca e recibiu de Afonso VI os condados de Galicia (1092) e Portugal (1093), cedendo este último o seu curmán Enrique de Borgoña. En 1094 recibiu o goberno da comarca de Zamora e dirixiu a repoboación de Salamanca, Ávila e Segovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santa Margarida del Penedès 1185? - Barcelona 1275) Eclesiástico. Estudou dereito canónico en Boloña (1217-1222) e fundou, xunto con san Pedro Nolasco, a orde da Mercé. Segundo a tradición foi nadando desde Mallorca a Barcelona axeonllado sobre as augas ou sobre o seu manto. Redactou os Decretais por encargo do Papa Gregorio IX e foi autor dunha Summa Iuris canonici. Pola súa obra lexislativa considérase o patrón dos avogados. Canonizárono en 1601. Iconograficamente represéntase cunha capa negra (dominicano), cunha chave de ouro (penitenciario de Roma), cunha pluma (por ser escritor) e cunha mitra no chan (por renunciar á dignidade de bispo). Ás veces aparece navegando sobre o seu manto (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 7 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Encargouse da reconstrución da catedral de Lugo (1129), que rematou o seu fillo, e traballou en diversos mosteiros e igrexas da comarca de Lemos e quizais na catedral de Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do xermánico Raginmund, formado por ragin ‘consello (dos deuses)’ e mund ‘man’, que metaforicamente significa ‘protección do consello divino’. Este nome deu lugar ao topónimo Remonde (Lugo) e aos apelidos Reimúndez e Reimóndez. Presenta a variante Raimundo/Raimunda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo alemán. Organizou a escola primaria alemá e considerou o primeiro obxecto de ensino estimular debidamente o interese do alumno. É autor de Theorie und Praxis der Volksschulunterricht (Teoría e práctica do ensino primario, 1878-1885), Pädagogik in systematischer Darstellung (Sistema de Pedagoxía, 1902-1906), Grundriss der Ethik (Fundamentos da ética, 1902) e Schulpolitik (Política escolar, 1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago da rexión de Magallanes e Antártica Chilena, Chile, situado no Océano Pacífico entre os estreitos de Magallanes, ao S, e o de Nelson, ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz. Coñecida como Juanita Reina, está considerada un dos mitos da copla española. Das súas cancións destacan “Manuela la de Jerez”, “Compuesta y sin novio” e “Los churumbeles”. Protagonizou os filmes Blanca Paloma (1942), La Lola se va a los puertos (1947) e Lola la Piconera (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Da súa produción destacan Andantes y allegros (1877), La vida inquieta (1894), El jardín de los poetas (1899) e Robles de la selva sagrada (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e biblista reformado. Monxe xerónimo en San Isidoro del Campo, abrazou a Reforma protestante e tivo que fuxir a Londres. En Estrasburgo preparou a versión da súa edición española da Biblia, que apareceu en 1569 e que foi revisada posteriormente por Cipriano de Valera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juana Reina Castillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e filólogo francés. Foi profesor na École du Louvre e na École Française d’Athènes e director do Musée des Antiquités Nationales en Saint-Germain-en-Laye (1902-1932). Foi autor de numerosos traballos eruditos e, entre outras obras, de Apollo, histoire générale des arts plastiques (1904) e Orpheus, histoire générale des religions (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Exercicio da dignidade real dun rei, dunha raíña ou dun príncipe soberano.

      2. Época e duración deste exercicio.

    1. Espazo de tempo en que predomina algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Foi discípulo de A. Ramsay, con quen colaborou nos retratos oficiais de Xurxo III e da Raíña Carlota. Dedicouse preferentemente ao estudo dos animais (Portrait of an Extraordinary Musical Dog, 1805; Waterdog) e da paisaxe (Cupid Inspiring the Plants with Love, 1797). Traballou tamén con Barker nalgunhas vistas panorámicas. Foi membro da Royal Academy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do xermánico Raginald, composto por ragin ‘consello, asemblea (dos deuses)’, e ald, redución de wald ‘mando, poder, goberno’, co significado de ‘o que goberna co consello dos deuses’, ou ben ‘que goberna con poder (de deuses)’. Presenta a variante Rexinaldo e o hipocorístico Naldo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Outeiro (Quiroga). O seu cumio acada os 1.239 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cartógrafo. Foi piloto mercante e auxiliar facultativo e minas. Colaborou con G. Schulz na realización do mapa petrográfico e mineiro de Galicia e nos mapas xeográfico, mineralóxico e orográfico de Asturias. Fixo o mapa topográfico e mineiro do Barranco del Rey de Sierra Albanilla (Almería). Foi vicepresidente do Comité Rexionalista de Lugo e representou a Ribadeo na deputación provincial. Escribiu Ferrocarril de Lugo a Ribadeo y puente de Ribadeo a Castropol (1878) e El puente de Ribadeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexer un estado un rei, unha raíña ou un príncipe.

    2. Ter unha persoa ou cousa predominio sobre outra.

    3. Existir algo durante certo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de reincidir.

    2. Circunstancia agravante da culpabilidade dun suxeito que se dá cando este, sendo condenado pola comisión dun delito, comete outro con posterioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO