Reinagle, Philip

Reinagle, Philip

Pintor inglés. Foi discípulo de A. Ramsay, con quen colaborou nos retratos oficiais de Xurxo III e da Raíña Carlota. Dedicouse preferentemente ao estudo dos animais (Portrait of an Extraordinary Musical Dog, 1805; Waterdog) e da paisaxe (Cupid Inspiring the Plants with Love, 1797). Traballou tamén con Barker nalgunhas vistas panorámicas. Foi membro da Royal Academy.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Chelsea