"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PENÍNSULAS
Península situada na costa de Campania, Italia, no Mar Tirreno, entre o golfo de Nápoles, ao N e o de Salerno, ao S. Preto da súa prolongación extrema está a illa de Capri.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen inspira sospeitas ou desconfianza.
-
-
Acción e efecto de soster ou sosterse.
-
Mantemento oficial dos prezos dun sector económico a un nivel superior ao que resulta do xogo da oferta e a demanda. Obtense mediante o aumento da demanda a cargo da administración, a compensación monetaria da diferenza de prezos e as compras innecesarias. Esta política evita movementos especulativos (divisas) e permite a exportación con dumping.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto grego. Atribuíuselle a construción dun xardín e o faro de Alexandría, e o desvío do curso do Nilo. Amigo de Ptolomeo I, foi o seu embaixador en Delos. Unha inscrición lembra que traballou en Delfos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lado dunha embarcación oposto ao barlovento.
-
ILLAS
Arquipélago situado na zona meridional das Pequenas Antillas, fronte á costa venezolana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de soterrar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte dun edificio situado por debaixo do nivel do chan.
-
GALICIA
Pirata. Foi contrabandista nas rías galegas e dirixiu o motín do bergantín brasileiro Defensor de Pedro, do que era segundo contramestre, e que rebautizou co nome de Burla Negra. Entre o 19 de febreiro e o 8 de abril de 1828 apreixou 4 barcos ingleses, 1 americano e 1 portugués. Tras dirixirse a Pontevedra e A Coruña para vender o botín, embarrancou na praia gaditana de Santa María. Detido en Xibraltar, foi xulgado por autoridades británicas e aforcado por pirataría.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Coñecido como Antonio Soto, a comezos do s XX instalouse na Patagonia, onde iniciou a súa actividade sindical en Sociedad Obrera. Promoveu unha folga xeral no Gran Hotel do porto de Río Gallegos, co fin de mellorar as condicións de vida dos obreiros, pero a sublevación foi atallada polo exército. Fuxiu a Chile e instalouse en Punta Arenas, onde fundou o Centro Republicano Español, o Centro Gallego e unha filial de Cruz Vermella Internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, regado polo río Órbigo, e situado no Páramo leonés (1.944 h [2001]). A economía é agrícola e gandeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Escribiu Desengaño de amor en Rimas (1623), influído por Garcilaso e Lope de Vega; Paraíso cerrado para muchos, jardines abiertos para pocos (1652) e de Los rayos de Faetón (1639), influído por Góngora.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado na ría de Pravia e delimitado ao O polo río Nalón (4.174 h [2001]). A cabeceira do termo é Soto.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama (6.166 h [2001]). É un centro de industria metalúrxica e turístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico, escritor e relixioso franciscano. Formado cos mestres Koechlin, Bertelin e Palau, en Tetuán fundou e dirixiu a Coral Polifónica Hispano Arábiga. Das súas composicións destacan Misa de Requiem (Ego Sum), Miserere, Cantares de amanecer e Cantigas Galaicas, con textos de Rosalía de Castro. Publicou Origen de la música marroquí (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, xornalista e mestre. Emigrou ao rematar o bacharelato á Arxentina e ao seu regreso traballou como mestre, presidiu (1935) a ATEO e participou na actividade sindical da FETE. En 1931 ingresou no PCE, feito que o levou durante a Guerra Civil Española a fuxir cara a Portugal e Francia. Regresou a España, uniuse ao bando republicano e creou Solidariedade Galega Antifeixista, da que foi secretario xeral. Colaborador de diversas publicacións, como El Eco, El Soviet e Escuela del Trabajo, en 1938 foi director da revista Nueva Galicia. Fundador de Alianza Nazonal Galega, do Padroado da Cultura Galega de México e da revista Loita, participou na creación da Unión do Pobo Galego (1964), do Partido Galego do Proletariado (1976), de Galicia Ceibe e, con D. Gurriarán, A. Souto e C. Velo, da revista Vieiros. Mantivo diversos contactos co grupo Brais Pinto nalgunha das súas visitas a España. Destaca a súa obra póstuma Castelao, a U.P.G e outras...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Militou no PSdeG-PSOE (1978-1998), partido ao que axudou a fundar na clandestinidade e ao que representou como alcalde de Vigo entre 1979 e 1991. En 1998 fundou un novo partido, Progresistas Vigueses (Progresistas Galegos) que máis tarde se fusionou con outros partidos para crear Democracia Progresista Galega. Pertenceu á comisión xestora e á dirección da Federación Española de Municipios y Provincias, e foi vicepresidente dunha das catro comisións do Consello de Europa, como representante dos concellos, provincias, nacionalidades e rexións de España. Tamén exerceu como consultor de empresas e especialista en mercadotecnia e dirección comercial. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Naval e a distinción de presidente de honra do Real Club Celta, así como a Insignia de Ouro e Brillantes do Club.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Editor. Formado co impresor Pujol en Lugo, estableceu os seus obradoiros tipográficos na cidade lucense en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras. Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1859), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), El boletín del Clero (1861) ou El Gallego (1867). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Las Dos Asturias (1864) e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia. Publicou os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de M. Murguía,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Coñecida como Marisa Soto, participou en distintas representacións teatrais, como Amor e crimes de Xan o Panteira (1975), con Teatro Antroido; Lenta raigame (1979), co Grupo Teatral Andrómena; A esperar por Godot (1984), coa Compañía Luís Seoane; e Woyzeck (1984) e Os vellos non deben de namorarse (1985), co Centro Dramático Galego. Ademais colaborou nas series de televisión Servicio de Urxencia (1989) e Pratos Combinados (1995-1996), así como nas producións cinematográficas Divinas palabras (1987) e Continental (1990). A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia entrega anualmente un premio honorífico, inscrito nos Premios María Casares, que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Inspector xefe de ensino primario en Lugo a partir de 1914, foi secretario (1928) do Padroado de Colonias. Membro da ATEO, organizou xunto co Padroado de Protección Escolar unhas colonias escolares e colaborou en La República. Debido á súa filiación radical socialista foi apartado do ensino a partir do Levantamento de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO