Soto Fernández, Luís

Soto Fernández, Luís

Político, xornalista e mestre. Emigrou ao rematar o bacharelato á Arxentina e ao seu regreso traballou como mestre, presidiu (1935) a ATEO e participou na actividade sindical da FETE. En 1931 ingresou no PCE, feito que o levou durante a Guerra Civil Española a fuxir cara a Portugal e Francia. Regresou a España, uniuse ao bando republicano e creou Solidariedade Galega Antifeixista, da que foi secretario xeral. Colaborador de diversas publicacións, como El Eco, El Soviet e Escuela del Trabajo, en 1938 foi director da revista Nueva Galicia. Fundador de Alianza Nazonal Galega, do Padroado da Cultura Galega de México e da revista Loita, participou na creación da Unión do Pobo Galego (1964), do Partido Galego do Proletariado (1976), de Galicia Ceibe e, con D. Gurriarán, A. Souto e C. Velo, da revista Vieiros. Mantivo diversos contactos co grupo Brais Pinto nalgunha das súas visitas a España. Destaca a súa obra póstuma Castelao, a U.P.G e outras memorias (1983), onde relata a súa relación co político rianxeiro e os contidos políticos que determinan a súa ideoloxía comunista e nacionalista.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Podentes, A Bola

  • Deceso

    Lugar : México