"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Político e xurista, fillo do notario Teolindo Soto Barro, que fora deputado polo distrito de Lugo (1886-1890 e 1893-1895) e senador pola provincia de Pontevedra (1905-1907). Militou no Partido Liberal e foi deputado polos distritos de Lugo (1910-1914) e Viveiro (1914-1923). En 1918 foi nomeado director xeral da Administración (1918). Foi presidente honorario da Cámara de Comercio de Lugo e da Casa de Galicia en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Educador. En 1988 creou e presidiu a Asociación de Educadores en el Tiempo Libre para la Prevención de la Marginación Infantil y Juvenil (ASETIL). Desenvolve o seu labor humanitario de educador de rúa en Vigo, e potencia este modelo de intervención en medio aberto coa xuventude. Dirixiu durante varios anos os programas Una esperanza en marcha e Documentación Social en Radio ECCA. Publicou Madres contra la droga (1998) e, en colaboración, Reflexiones de un educador en la calle (1996), e coordinou Metodología del educador de calle (1997) e Manual del educador de calle (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Gonzalo Soto Canalejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e relixioso dominicano. Escribiu De natura et gratia libritres (1547), De iustitia et de iure (1557), que o converteu nun dos creadores do dereito internacional, e In libros sententiarum commentarii (1579).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador estremeño. Foi membro da expedición de Arias Dávila a Darién (1516) e participou na conquista de Nicaragua con Hernández de Córdoba. Uniuse a Francisco Pizarro na conquista de Perú, onde se enriqueceu, e acompañou a Diego de Almagro na súa expedición de 1534. Gobernador de La Habana (1537) e adiantado de Florida, preparou unha poderosa expedición e penetrou no continente (1539-1541) ata a beira do río Mississippi. A expedición foi un fracaso e morreu de febre pouco despois de comezar a retirada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor venezolano. Dirixiu a Escuela de Artes Plásticas Julio Arraga de Maracaibo (1945-1960) e, desde 1950 instalouse en París. Figurativo nos seus comezos, derivou cara ao cubismo e a abstracción xeométrica (Rojo central, 1980; Ambivalencia diagonal virtual, 1985) e o cinetismo virtual (Curvas inmateriales, 1966). Tamén destacan as súas estruturas cinéticas e as obras públicas, como os murais do edificio da UNESCO en París (1970) ou Volumen virtual (1987), para o Centre Pompidou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Luísa Soto Meijomence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de plantas herbáceas e arbustivas que forman os estratos inferiores do bosque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Álvarez de Sotomayor y Zaragoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Fundador do xornal El Jerezano, foi redactor en Sevilla do diario La Tribuna. Publicou Tiempo perdido, Leyendas y tradiciones jerezanas e Historia de la ciudad de Jerez de los Caballeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e conquistador. Participou nas campañas de Flandres, e en 1583 Filipe II nomeouno gobernador de Chile. Loitou contra os araucanos e fortificou as rexións fronteirizas, pero non puido vencer a resistencia india.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Ordenouse no convento de San Esteban de Salamanca, do que foi prior, como tamén dos conventos de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, e de San Pedro Mártir, en Toledo. Cualificador do Consejo Supremo de la Inquisición, Filipe III nomeouno confesor do príncipe herdeiro e dos infantes Carlos e Fernando. Máis tarde tamén o foi de Filipe IV, a súa muller e os seus fillos. Estes monarcas outorgáronlle os cargos de comisario xeral da Cruzada, inquisidor xeral de España, abade das colexiatas de Santander e Alcalá la Real, e conselleiro de Estado e de Guerra do arcebispo de Damasco. Interveu para que Filipe IV devolvera a Galicia o voto en Cortes. Publicou Expurgatorium librorum novum (1640) e un Editum, en que resumiu as leis e as constitucións dos pontífices sobre o Santo Oficio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título nobiliario outorgado por Filipe V a Fernán Yáñez de Soutomaior e Lima , herdeiro da liñaxe dos Sotomayor, en 1703. O título pasou á súa irmá, ao seu sobriño e aos descendentes deste ata Ignacio Jaime de Sotomayor y Margens de Nin Masons y Lima , V duque de Sotomayor, que en 1795 perdeu os dereitos sobre os bens e a fortaleza dos Sotomayor (que pasaron a mans de Benito Fernando Correa de Sotomayor), ao reabrirse un preito de 1773 polo que Payo Correa de Sotomayor pedira os dereitos de sucesión. O título herdouno María Ana Nin Zatrillas Sotomayor y Lima , irmá de Ignacio Jaime, e á súa morte aos seus descendentes ata chegar a Ignacio Martínez de Irujo y Artazcoz , VI marqués da Casa Irujo, que en 1959 se converteu en X duque de Sotomayor e grande de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta cubano. Especialista en salto de altura, foi campión olímpico en Barcelona 1992. Dobre campión mundial en Stuttgart 1993 e Atenas 1997, ostenta a mellor marca mundial ao aire libre desde 1993, que bateu en tres ocasións. Ademais, foi medalla de prata en Sydney 2000. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de los Deportes (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión que significa ‘en voz baixa’, xeralmente utilizada cando se fai algo secretamente.

    2. Expresión que significa ‘en voz baixa’ e que indica que cómpre interpretar a pasaxe afectada cunha sonoridade máis baixa que a habitual, a media voz, nunha partitura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Grafista, arquitecto e deseñador austríaco. Naturalizado italiano, foi o fundador da Global Tools, unha escola baseada na libre creatividade individual. O seu traballo definiuse como “metatécnico”, onde as morfoloxías naturais se entrecruzan nun conxunto con implicacións lúdicas e imaxinativas. Deseñou máquinas de escribir para Olivetti e pezas producidas para “Memphis”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Canadá, situada no Territorio do Noroeste, ao N da baía de Hudson (43.300 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido, situado no canal da Mancha (50 km2; 217.445 h [2001]). Atópase no interior dunha profunda rada, entre o esteiro do Itchen ao L e o do Test ao O. O seu porto é o terceiro de Inglaterra polo tráfico de mercadorías e posúe un dos diques secos máis grandes do mundo. Do seu patrimonio cultural destaca o King John’s Palace (s XII) e a King Edward VI Grammar School (1550).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo que está poboado de castiñeiros.

    2. Terreo poboado de árbores, especialmente carballos e castiñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO